Son moitos os naufraxios que deron sentido á denominación pola que xa é internacionalmente coñecido o tramo do litoral máis occidental de Galicia. Tráxicos sucesos, relatos nos que se mesturan episodios de drama e heroÃsmo, e historias lendarias converten a Costa da Morte nun territorio cunha identidade propia propiciando ademais que nomes como Malpica, MuxÃa, Fisterra e Camariñas formen parte xa do noso imaxinario colectivo. A costa camariñá foi, precisamente, o escenario dun dos sucesos que máis contribuÃu a fixar ese carácter propio da Costa da Morte. Falamos do afundimento do Serpent, unha traxedia que se cobrou a vida de 172 mariñeiros e que acaeceu hai agora 130 anos.
Â
Os feitos tiveron lugar o 10 de novembro de 1890 nun dos espazos máis tráxicos de toda a comarca: o tramo comprendido entre a Punta da Cagada e a Punta do Boi. Alà producÃronse polo menos 8 naufraxios, cun total dun cuarto de milleiro de vÃtimas, pero o do Serpent foi o máis dramático de todos e o que máis pegada deixou.
Â
Este buque da Royal Navy partira do porto de Plymouth, na costa suroeste de Inglaterra, o 8 de novembro con destino a Serra Leona, onde debÃa relevar a un buque xemelgo, pero a súa travesÃa viuse truncada tras só dous dÃas de viaxe. As malas condicións meteorolóxicas, as fortes correntes mariñas da zona e –segundo ditaminaron as autoridades inglesas tras a investigación pertinente- un erro de navegación foron os factores que provocaron o seu embarrancamento deixándoo a mercé das ondas e facendo que os intentos por arriar os botes salvavidas fosen en balde. Só tres tripulantes conseguiron chegar vivos a terra e, tras unha longa camiñada ata a aldea máis próxima, pedir auxilio. Nos dÃas seguintes foron recuperándose a maiorÃa dos corpos do resto da tripulación, que recibiron sepultura nun camposanto improvisado preto dos cantÃs. O lugar serÃa consagrado un par de semanas despois e desde entón é coñecido como o Cemiterio dos Ingleses.
Â
Durante varios anos os barcos ingleses cuxas travesÃas os achegaban ata a zona homenaxeaban ás vÃtimas do Serpent con salvas e coroas de flores. E en datas máis recentes, o cemiterio acolle cada ano chegado o 10 de novembro un acto conmemorativo promovido pola Real Liga Naval Española coa colaboración do Concello de Camariñas. O camposanto garda os restos e tamén a lembranza das 172 vÃtimas daquel suceso, pero non é a única pegada que o Serpent deixou en terras camariñás.
Â
A historia do faro de cabo Vilán está ligada de forma directa a aquel suceso. No momento do naufraxio estaba en funcionamento unha instalación antiga, levantada a mediados do século XIX, cuxa luz era alimentada por aceite e cuxo limitado alcance (10 millas) vÃase ademais interrompido polas pedras máis altas do cabo, o que provocaba que momentaneamente os barcos que navegaban pola zona deixasen de avistalo cando as condicións eran adversas. A traxedia do Serpent acabou por convencer ás autoridades da necesidade de corrixir aquela situación. O novo faro, de 25 metros de altura, levantado nunha zona que se alza a máis de 100 metros sobre o nivel do mar e cun alcance de 40 millas, entrou en funcionamento seis anos despois do tráxico suceso. Foi, ademais, o primeiro faro de España alimentado con enerxÃa eléctrica.
Â
Outra das pegadas do Serpent en Camariñas pódese ver paseando polas rúas da capital municipal. En agradecemento aos veciños polo auxilio prestado aos tres sobreviventes e polos labores de procura e rescate dos corpos das vÃtimas, as autoridades inglesas fixeron entrega á localidade de varios agasallos. Un deles foi o barómetro do barco colocado na fachada dunha vivenda situada na rúa Alcalde Noguera Patiño. Alà segue 130 anos despois como testemuña dun suceso gravado a lume na historia da localidade.
Â
Â
Â
Â
