Aviso Legal

Blog de Turismo de Galicia

Información xeral

As presentes disposicións regulan o uso do servizo do blog de internet (en diante, o “Blog’) que a Axencia de Turismo de Galicia pon a disposición das persoas usuarias de internet.

A Xunta de Galicia é a titular do dominio de segundo nivel “turismo.gal” e dos distintos elementos nel incluídos.

O contido facilitado a través deste Blog emítese con efectos simplemente informativos. Aínda que se efectuarán os esforzos precisos para que a información contida sexa exacta e actualizada, a Axencia de Turismo de Galicia non garante a inexistencia de erros no contido deste Blog, nin que se atope totalmente actualizado.

A Axencia de Turismo de Galicia non se responsabilizará, nin directa nin indirectamente, dos danos e perdas de calquera natureza que se pidan producir ao sistema informático da persoa usuaria ou de terceiros (tanto hardware como software) ou aos documentos almacenados no mesmo, nin dos posibles beneficios deixados de obter por estes, como consecuencia do acceso da persoa usuaria a este servizo e debidos a virus informáticos, forza maior, caso fortuíto, fallo ou erro das liñas de comunicación, ou da presentación defectuosa do servizo ou fallo na rede da internet, avarías ou outras causas alleas a Axencia de Turismo de Galicia. Do mesmo xeito, esta non se fai responsable dos danos e prexuízos que puidese ocasionar o uso ilexítimo ou inadecuado das ferramentas e informacións contidas no Blog con excepción de todas aquelas actuacións que resulten da aplicación das disposicións legais ás que deba someterse no estrito exercicio das súas competencias.

A Axencia de Turismo de Galicia non asume responsabilidade algunha derivada da conexión ou contidos das ligazóns a páxinas externas sobre as que non se ten ningún control, debendo o usuario deste Blog, en todo caso, aterse ás condicións de uso específicas das devanditas ligazóns.

A Axencia de Turismo de Galicia resérvase a facultade de efectuar, en calquera momento e sen necesidade de aviso previo, modificacións e actualizacións sobre a información contida ou na súa configuración ou presentación.

A utilización deste servizo de Blog atribúelle a condición de persoa usuaria de este e supón a aceptación plena e sen reservas de cada unha das disposicións incluídas no presente Aviso Legal na versión publicada no momento mesmo en que acceda ao Sitio web, así como, no seu caso, nas Condicións específicas sobre protección de datos persoais.

Como persoa usuaria, comprométese a utilizar este servizo respectando a lei, a moral, os bos costumes e a orde pública e, en particular, ao cumprimento das seguintes obrigacións:

a) Empregar o servizo de maneira dilixente, correcta e leal, sempre respectando a lexislación vixente, a moral, os bos costumes e a orde pública.

b) Non modificar ou tratar de modificar de ningún xeito, nin realizar accións ou utilizar medios para simular a aparencia ou as funcións do servizo blog.

c) Absterse de levar a cabo acciones que poidan introducir virus informáticos, vermes, troianos ou calquera outra clase de código malicioso que poida interromper, destruír ou limitar as funcionalidades do servizo.

e) En calquera caso, non realizar ningunha acción que poida ir contra os dereitos ou intereses da Axencia de Turismo de Galicia ou de terceiros.

Condicións relativas aos comentarios publicados no Blog

A participación das persoas usuarias nos comentarios aos contidos do Blog implica a adhesión plena e sen reservas ás presentes condicións, reservándose a Axencia de Turismo de Galicia o dereito a denegar ou retirar o acceso a ditos recursos de oficio ou a instancia dun terceiro, sen necesidade de preaviso, a aquelas persoas usuarias que incumpran as mesmas.

Respecto aos comentarios, aos contidos e calquera outro servizo similar ofrecido a través do Blog, debido á finalidade propia desta ferramenta, aqueles contidos que non se axusten as temáticas propostas poderán ser moderados, isto é, bloqueados ou eliminados. Así mesmo, retirarase calquera comentario ofensivo, violento, discriminatorio ou que puidera perturbar o funcionamento normal do Blog. En especial prohíbese a publicación de promocións e enlaces a ofertas comerciais, así calquera outro uso con finalidade publicitaria. Se algunha persoa usuaria se vise afectada por actuacións ilegais ou que contraveñan as presentes condicións, ou detecte un mal uso do Blog por parte de outras persoas usuarias, poderá poñelo en coñecemento da Axencia de Turismo de Galicia para que esta poida moderar ou eliminar os mesmos. En calquera caso, a Axencia de Turismo de Galicia non se responsabiliza dos comentarios incluídos polas persoas usuarias que unicamente expresan a opinión do seu autor.

En atención ao disposto na normativa en materia de protección de datos, previamente a dar difusión a través deste Blog de datos persoais de terceiros, as persoas usuarias deberán contar co consentimento das persoas afectadas, absténdose de incluír a referida información en caso contrario. En calquera caso, recoméndase ás persoas usuarias ter especial coidado á hora de publicar ditos contidos, para evitar poñer en risco a privacidade e intimidade de persoas da súa contorna, así como non publicar información de contacto físico, que permita a calquera persoa coñecer onde vive, onde traballa o estuda diariamente, ou os lugares de ocio que soe frecuentar.

Propiedade intelectual e industrial

Os dereitos de propiedade intelectual deste Blog e dos elementos contidos nel son titularidade da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.

A información dispoñible neste Blog, salvo indicación expresa en contrario, é susceptible de reutilización, quedando autorizada a súa reprodución total ou parcial, modificación, distribución e comunicación, para usos comerciais e non comerciais, con suxeición ás seguintes condicións:

  • Queda prohibida en calquera circunstancia a desnaturalización do contido da información.
  • O usuario queda obrigado a citar a fonte dos documentos obxecto da reutilización.

Esta licenza non reduce ou restrinxe os dereitos exclusivos do titular dos dereitos de propiedade intelectual, tales como o deseño do Blog e códigos fonte, marcas, nomes comerciais, logos ou signos distintivos, de acordo coa Lei de propiedade intelectual ou calquera outras leis aplicables.

Privacidade

Este blog emprega cookies propias necesarias para o seu correcto funcionamento e cookies de terceiros con fins analíticos.

Unha cookie é un pequeno arquivo de texto que un sitio web pode descargar nun equipo coa finalidade de obter e recuperar información cando vostede navega. As súas finalidades son variadas, por exemplo, recoñecerlle como usuario/a, obter información sobre os seus hábitos de navegación ou personalizar a forma na que se lle mostra o contido.

Os diferentes tipos de cookies empregadas neste portal poden clasificarse nas tres categorías sinaladas a continuación. Dito isto, é preciso ter en conta que unha mesma cookie pode estar incluída en máis dunha categoría.

Tipos de cookie segundo o prazo de tempo que permanecen activadas:

  • Cookies de sesión: créanse de forma temporal e son eliminadas unha vez que se abandona o sitio web.
  • Cookies persistentes: permanecen no navegador durante un período de tempo establecido e actívanse cada vez que se visita o sitio web que creou esa cookie.

Tipos de cookie segundo a entidade que as xestione:

  • Cookies propias: aquelas enviadas ao seu equipo e xestionadas exclusivamente pola Xunta de Galicia, que só obtén e conserva a información relativa aos datos de sesión e idioma. Estas son necesarias para o correcto funcionamento e visualización do portal por parte das persoas usuarias.
  • Cookies de terceiros: cando as mesmas envíanse dende un dominio xestionado por outra entidade distinta da Xunta de Galicia.

Tipos de cookie segundo a súa finalidade:

  • Cookies técnicas: aquelas que permiten a navegación do usuario polo portal e o emprego dos servizos neste dispoñibles.
  • Cookies analíticas: aquela que permite a medicación e a análise do comportamento das persoas usuarias no portal co fin de introducir melloras no mesmo.
  • Cookies de preferencias: aquelas que permiten recordar a información e personalizar a experiencia das persoas usuarias coma, por exemplo, o idioma escollido.

Descrición das cookies

Este portal emprega as seguintes cookies:

Tipo de cookie|Rexeitable Nome da Cookie Finalidade Política
Sesión/Propia/Preferencia| Non se pode rexeitar moove_gdrp_popup Usamos esta cookie para manter a preferencia de cookies establecida polo usuario Expira ao rematar a sesión
Persistente/Propia/Preferencia| Non se pode rexeitar pll_language Usamos esta cookie para manter a preferencia do idioma establecida polo usuario 1 ano
Persistente/Terceiros/Analítica| Rexeitable _gat_gtag_ Esta cookie é instalada por Google Analytics. Google usa esta cookie para distinguir aos usuarios. 24 horas
Persistente/Terceiros/Analítica| Rexeitable _ga Esta cookie é instalada por Google Analytics. A cookie util-izase para calcular os datos de visitantes, sesións, campañas e realizar un seguimento do uso do sitio para o informe analítico do mesmo. As cookies almacenan información de forma anónima e asignan un número xerado aleatoriamente para identificar visitantes únicos. 2 anos
Persistente/Terceiros/Analítica| Rexeitable _gid Esta cookie é instalada por Google Analytics. A cookie utilízase para almacenar información sobre como os visitantes usan un sitio web e axuda a crear un informe analítico de como funciona o sitio web. Os datos recompilados, incluídos o número de visitantes, a fonte de onde proveñen e as páxinas, aparecerán de forma anónima. 24 horas

Xestión das cookies

Se desexa restrinxir, rexeitar ou eliminar as cookies instaladas no seu equipo, suxerímoslle que modifique a configuración do seu navegador. Obteña toda a información necesaria nas seguintes ligazóns:

No caso de que decida rexeitar todas as cookies, informámoslle que determinados servizos ou funcionalidades do portal poderían non responder correctamente.

Protección de datos persoais

As persoas usuarias deste Blog teñen á súa disposición toda a información relativa ao tratamento dos datos persoais levado a cabo pola Xunta de Galicia, incluíndo o modo en que poden exercitar os dereitos, o contacto cos delegados e delegadas de protección de datos e demais aspectos segundo os termos esixidos polo Regulamento europeo de protección de datos persoais e a Lei Orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais, na seguinte ligazón: Información sobre protección de datos persoais (https://www.xunta.gal/informacion-xeral-proteccion-datos).

Uso de linguas

O artigo 13 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, recoñece o dereito das persoas nas súas relacións coas Administracións públicas a utilizar as linguas oficiais no territorio da súa Comunidade Autónoma segundo o previsto nesta Ley e no resto do ordenamento xurídico. A estes efectos, o Blog posibilitará o acceso aos seus contidos en galego e castelán.

Lei aplicable e xurisdición

As cuestións ou controversias relacionadas co uso deste Blog ou os seus contidos rexeranse e serán interpretadas, en todos e cada un dos seus extremos, conforme ao presente Aviso Legal e á lexislación estatal e autonómica de Galicia, someténdose as partes, para calquera cuestión litixiosa derivada dos mesmos, á xurisdición e competencia exclusiva dos Xulgados e Tribunais da cidade de Santiago de Compostela (A Coruña) salvo nos casos en que non estea legalmente permitido, con renuncia de forma expresa a calquera outro foro que puidera corresponderlles.