Mar, montaña, fragas, rÃos, rÃas, pazos, viños, manxares, camelias, historia, arte… na provincia de Pontevedra atopamos o cóctel perfecto para pasar a Semana Santa. Como? AÃnda non coñecemos Pontevedra, Vigo, Tui, VilagarcÃa de Arousa ou LalÃn? Pois xa é hora!
Pontevedra. A capital máis peonil de Galicia sempre é un destino acolledor. Nela agárdanos un centro histórico moi rico, con moitas casas nobres dos séculos XVI e XVII, e moitos monumentos e prazas, como a do Teucro, a de Méndez Núñez, das Cinco rúas, a da Leña, a da FerrerÃa ou a de Mugartegui. Todas con moita historia e moita terraza. Hai dúas pezas escultóricas de César Lombera que nos lembran a importancia da cidade como centro de intelectuais: a que representa un faladoiro do Café Moderno a tamaño real no medio da rúa, con Castelao, Manuel Quiroga, Cabanillas, Paz Andrade, Bóveda e Casares, e a de Valle-Inclán saÃndo da casa dos Muruais, na praza de Méndez Núñez.

Paradas obrigadas son o Santuario da Virxe da Peregrina, a BasÃlica de Santa MarÃa A Maior, as ruÃnas de San Domingos e o Museo de Pontevedra.
En canto aos actos da Semana Santa, esta ano hai novidades: dunha banda, a inclusión de homes por primeira vez nas procesións da ConfrarÃa da Maior Dor e, doutra, o cambio de percorrido do Xoves e o Venres por mor das obras no Liceo Casino. Por certo, o paso da Santa Cea é un dos máis antigos, de 1693, obra de anónimo compostelán.
Vigo. Este ano, o Xoves Santo coincide co DÃa da Reconquista, o 28 de marzo, unha das festas máis populares de Vigo, nadal aparte. De xeito que, como non se Ãa cambiar a data da Semana Santa, cambiouse a da Reconquista para o 7 de abril.
En Vigo hai tradición de procesións polo centro, en Teis e en Bouzas. Podemos aproveitar para coñecer o Casco Vello, baixando ao Berbés e ao porto deportivo; camiñar polo paseo marÃtimo até Bouzas; achegarnos ao Museo do Mar; a Samil… Para contemplar unhas boas vistas da rÃa, podemos subir ao miradoiro do monte do Castro ou ao da GuÃa.

Xa que dispoñemos de varios festivos, é un bo momento para facer unha ruta de sendeirismo polas CÃes e cargarnos de enerxÃa mareira. Iso si, hai que lembrase de solicitar autorización previa, para ter praza no barco.
Tui. A Semana Santa de Tui remóntase ao século XVIII. O máis distintivo dela é a tradicional visita aos monumentos o Xoves Santo (visitas á catedral, á igrexa das Clarisas, á igrexa de San Telmo, á capela da Residencia de San Telmo, á igrexa de San Domingos e á de San Bartolomeu) e a representación do Horto das Oliveiras na Capela da Misericordia.
Camiñando polas rúas que ascenden á catedral fortaleza desde as beiras do Miño parece que viaxamos á Idade Media. Un xeito de coñecer a fondo o casco vello é facer a ruta da xudÃa, unha das máis importantes de Galicia.

Doutra banda, lembremos que Tui forma unha eurocidade con Valença do Minho, que de feito xa estaban unidas desde o século XIX pola ponte internacional. E, ademais de historia, aquà temos moita natureza, por exemplo, no monte Aloia, o primeiro parque natural de Galicia.
VilagarcÃa de Arousa. A Semana Santa case simboliza o comezo da tempada turÃstica nas RÃas Baixas, sobre todo no Salnés. Ademais, nestas datas, a zona está máis que concorrida, pois en marzo e abril hai moitos torneos deportivos, case todos de fútbol e baloncesto.
Este porto material de Santiago que é VilagarcÃa pode descubrirse de moitos xeitos: facendo unha ruta histórica polo antigo barrio pesqueiro, unha ruta dos cruceiros, polos castros e vestixios arqueolóxicos da zona, como o Castro de Alobre, polo paseo marÃtimo que vai polas praias até os viveiros de ameixas de Carril… Se buscamos unha panorámica, temos bos miradoiros no monte Xiabre, Lobeira ou en Carril. Preto de alà tamén se poden visitar adegas e conserveiras.

E xa que é Semana Santa, é de rigor catar o bolo de ovos de Arousa, toda unha delicia pascual.
LalÃn. En LalÃn (ou La Lune, como dicÃa Laxeiro) entre cocido e cocido, tamén hai Semana Santa. É unha ocasión estupenda para internarse na capital da comarca de Deza, a man das grandes cidades galegas. Aquà descubrimos un núcleo urbano moi activo, poboado de esculturas, como a dedicada a JoaquÃn Loriga de Asorey ou a do Porco de Manolo Rial, por exemplo; museos, como o Museo Municipal Ramón MarÃa Aller Ulloa, o “Imaxinaâ€, dedicado ao Xoguete e áMarioneta, ou a Casa do Patrón, museo etnográfico, e edificios senlleiros como o Pazo de Liñares, casa natal de JoaquÃn Loriga.

O bo de LalÃn é que está rodeado de natureza, con carballeiras e soutos por todas partes. Temos que aproveitar para visitar estes lugares, que son tesouros que non se sabe canto van durar, como o Souto de Quiroga, a Carballeira de Barcia, a de Rodo, os Sobreirais do Arnego, a Fraga de Catasós e a Serra de Candán. Para ver a paisaxe con algo de distancia, hai que ir aos miradoiros de Carrio, do Couto de Zobra, do Candán, do Pedroselo, da Cabana ou de Cima de ValxanÃn.
