Falar do Real Mosteiro de Santa MarÃa de Oia é facelo de case un milenio da historia de todo un municipio e realizar unha viaxe no tempo para descubrir un relato no que teñen cabida monxes, piratas, reis, presos e, mesmo, estrelas do mundo do espectáculo. As primeiras referencias escritas a esta emblemática construción convertida nun dos principais sÃmbolos do municipio pontevedrés de Oia remóntanse xa a comezos do século XII. Concretamente, a unha doazón de varias igrexas realizada polo rei Alfonso VII aos monxes do lugar, o que indica que por aquel entón xa existÃa unha comunidade relixiosa establecida alà de forma estable. SerÃa aquel donativo o primeiro dunha serie de recoñecementos que o mosteiro recibirÃa nos séculos posteriores por parte de diferentes monarcas.
Â
A súa localización, xunto ao mar, converte a Santa MarÃa de Oia nun mosteiro singular dentro da orde do CÃster, e explica tamén a importancia que xogou en moitos momentos da historia. Os seus moradores non só debÃan afanarse en cumprir a regra monacal de rezar e traballar, senón que se ocupaban de defender a costa das incursións piratas. O mosteiro contaba con murallas e armas para facer fronte aos ataques, e os monxes exercÃan de artilleiros protagonizando algún episodio sorprendente. Un dos relixiosos, frei Anselmo, que fora capitán dos terzos de Flandes, foi o responsable do afundimento de dous dos cinco barcos turcos que en marzo de 1624 trataron de asaltar o mosteiro. Aquela xesta sumada ao papel desempeñado pouco despois na defensa de varias naves portuguesas e francesas que estaban a ser acosadas polos corsarios turcos propiciaron que o rei Felipe IV lle concedese ao mosteiro de Oia o tÃtulo de Real e Imperial.
Â
Pero a importancia do recinto xa viña de séculos atrás. Durante a Idade Media o recinto fora en auxe e a súa área de influencia estendeuse tanto cara ao norte, incluÃndo unha das illas do arquipélago de CÃes, como cara ao sur pasando a fronteira con Portugal. Tamén fora en aumento a atención que atraÃa sobre si no taboleiro das disputas entre nobres e monarcas. De feito, Pedro Madruga destruÃu a súa fortificación a mediados do século XV coa intención de consolidar as súas posicións en Baiona.
Â
O cenobio desempeñaba tamén un papel crucial na vida económica e social da zona. Ata tal punto que se relaciona directamente co recinto e os montes da súa propiedade a crÃa en liberdade de cabalos salvaxes e a práctica dos curros e Rapa das Bestas, unha tradición que chegou ata os nosos dÃas en diversos puntos de Galicia e que ten, precisamente, en Oia unha das súas manifestacións máis destacadas. O mosteiro foi asà mesmo escenario dunha famosa lenda local, a da Virxe do Mar. Conta a tradición que en 1581 agricultores locais atoparon nunha praia próxima unha imaxe dunha virxe unida por unha cadea a un can e que a trasladaron ata o mosteiro asombrados polo feito de que o mar a houbese arrastrado ata alà sen esnaquizala contra os cantÃs da zona.
Â
O mosteiro mantivo a súa importancia ata comezos do século XIX. Pero coa invasión napoleónica comezou o seu declive e coa desamortización de Mendizábal produciuse a marcha definitiva dos monxes e a segregación da igrexa, que paso a ser templo parroquial. O resto do recinto foi vendido a un particular.
Â
Non acabaron aà as peripecias do lugar. Xa no século XX, durante a Guerra Civil produciuse un dos episodios máis sombrÃos do mosteiro, debido a que entre os anos 1937 e 1939 foi reconvertido en campo de concentración para os presos republicanos. Asà o lembra unha exposición permanente que se pode ver desde hai un ano no recinto e que recolle as inscricións e debuxos realizados nos muros por aqueles presos durante o seu cativerio.Â
Â
Varias décadas despois o lugar aÃnda terÃa un novo uso, aÃnda que moi diferente aos anteriores. O mosteiro admirado por reis, cobizado por piratas e habitado por monxes e presos abriu as súas portas en 1969 ao equipo da pelÃcula Esa muller. Os seus exteriores serviron ao director Mario Camus para rodar algunhas das escenas máis importantes dun filme protagonizado por Sara Montiel. Nos últimos anos, os focos e as cámaras regresaron ao cenobio para gravar escenas doutros proxectos audiovisuais como a pelÃcula 22 anxos e a serie Vivir sen permiso.
Â
E un proxecto para reconverter o mosteiro en establecemento hostaleiro espera darlle un novo uso e dotalo de novos hóspedes no futuro. Outra páxina da súa historia aÃnda por escribir.Â
Â
Â
Â
