Viñedos centenarios cubrindo campos e outeiros ou precipitándose de forma vertixinosa cara aos leitos dos rÃos; pazos e outras construcións señoriais reconvertidas en adegas e imaxe dos nosos viños; estruturas escavadas en terra para preservar as propiedades destes caldos… Son moitos os elementos que dan testemuño da importancia que a industria vitivinÃcola ten en Galicia desde hai séculos. Algúns deles están gravados en pedra como proba a antigüidade desta actividade e do enxeño e da habilidade dos pioneiros na arte de transformar a uva en viño. É o caso dos lagares rupestres, un vestixio dunha época xa afastada no tempo e que alcanza a súa máxima expresión no municipio ourensán de OÃmbra.
Â
Os lagares rupestres son estruturas esculpidas en pedra para depositar as uvas e proceder ao seu pisado ou esmagado. Alà conseguÃase o mosto de cuxa posterior fermentación acababa por obterse o viño. Os canteiros tallaban estes lagares nos propios emprazamentos nos que habÃa afloramentos granÃticos, por iso é posible atopar moitas destas estruturas en lugares agrestes. Foron localizados exemplos en territorios correspondentes á práctica totalidade das denominacións de orixe galegas, aÃnda que a súa presenza é máis evidente no caso da D. O. Monterrei e, especialmente, en OÃmbra. Nese municipio foron contabilizadas máis dunha ducia destas estruturas, o que constitúe toda unha proba das boas condicións que tiña xa en séculos atrás para a cultura vitivinÃcola. Hoxe en dÃa esa tradición produtora mantense, aÃnda que en instalacións modernas, de tal forma que aqueles primeiros lagares pasaron a ser un elemento etnográfico, patrimonial e turÃstico. Tanto é asà que as autoridades locais convertérono nun dos principais reclamos promocionais do municipio.
Â
AÃnda que diversos investigadores determinaron que algúns dos lagares preservados en Galicia poderÃan remontarse xa á época dos romanos, os que se poden ver en OÃmbra corresponden presumiblemente á Idade Media, a unha época na que os pequenos produtores procesaban as uvas nos lugares habilitados nos propios viñedos polos canteiros. Ademais do espazo para o pisado do viño (pileta ou calcatorium), a maiorÃa dos lagares dispoñÃan dun depósito (pÃo)para recoller o mosto situado nun plano inferior ao primeiro, aÃnda que nalgúns casos empregábanse depósitos de madeira (barcales) para esta última función. A continuación mergullábanse alà uns odres con capacidade para máis de 100 litros e unha vez cheos eran transportados en carros ou mulas ata as cubas situadas nas adegas.
Â
Da Cotiña, do Lagar, Da Regata da Vela, Da Quinta, Do Patulo, Da Fecha, Das Viñas, Dos Mouros ou Da Tapadiña son algúns dos evocadores nomes dos lagares que atoparás en OÃmbra. En todos eles é posible apreciar o labor que realizaron os canteiros na pedra e imaxinar como era o traballo dos antigos viticultores. Ademais, o lagar de Xan Petro (incluÃdo xunto co da Ribeira de Fornos na ruta comarcal de lagares de Monterrei) foi reconstruÃdo dotándoo dunha prensa de madeira para poder apreciar asà o seu aspecto orixinal ao completo.Â
Â
Non moi lonxe de alà atópase tamén o lagar das Barrocas, unha estrutura de 30 metros cadrados de superficie que a converten posiblemente na de maiores dimensións de toda a comarca e que ademais está integrada nunha construción tradicional que incluÃa vivenda e adega.Â
Â
Se queres obter máis información sobre a localización concreta dos lagares de OÃmbra e proxectar unha visita ao municipio non tes máis que visitar a páxina web http://www.oimbra.es/images/pdf/guiaab.pdf.
Â
Â
Â
Â
Â
