Cando o sol vai caendo no horizonte de retirada, agasállanos coa despedida máis fermosa, que se duplica se ademais sucede na costa. Os reflexos dos últimos raios, os laranxas da nosa grande estrela e os cambios do ceo chegan ao corazón. O marabilloso deste espectáculo de balde é que se pode gozar cada dÃa, agás cando hai moitas nubes. Vexamos algúns dos mellores escenarios para rematar o dÃa dun xeito máxico.
Na penÃnsula do Morrazo, en Cangas, atopamos o cabo Home. Está aos pés do monte do Facho, e forma parte da Costa da Vela, que vai desde o faro de Punta Couso até a praia de Nerga. O cabo, ademais da riqueza natural que posúe (cantÃs, dunas, furnas, vexetación…), conta con vestixios prehistóricos, pois está cheo de petróglifos. Seguramente hai miles de anos desde aquà tamén se contemplaba o solpor, e fixo que algún ritual se facÃa na súa honra. Se buscamos un encadre orixinal, temos que achegarnos á Buguina de Donón, feita por Lito Portela, escultura-miradoiro que lembra as buguina que empregaban os mariñeiros para dar sinais. Desde aquà podemos enmarcar a imaxe do solpor na estrutura helicoidal da cuncha, coas CÃes á esquerda e a illa de Ons á dereita.

Desde o miradoiro de Monteferro, en Nigrán, temos unhas boas vistas sobre Vigo, Baiona e Nigrán, e un solpor dos mellores do Val Miñor. Doutra banda, camiño á antiga baterÃa militar, na baixada ao faro, hai unha randeeira estratexicamente situada, para gozar da paisaxe ao ritmo do bambeo, entre os piñeiros.
En Sanxenxo hai bos solpores en todas partes, mais na zona da Lanzada, ao suroeste do istmo que une a penÃnsula do Grove co resto da comarca do Salnés, son especialmente fermosos. Para gozalos comodamento podemos sentar no banco de Noalla, na Punta Faxilda. Aquà a panorámica abrangue as CÃes, a illa de Onza, a de Ons a de Sálvora, a Punta de San Vicente e, os dÃas claros, até a provincia da Coruña e, por suposto, o sol, o mar e o ceo. Hai outro banco panorámico na Lanzada, o da Illa do Outeiriño, fronte á ermida da Lanzada, que tampouco se queda corto.
Até aquà todo foi RÃas Baixas, máis a Costa da Morte ten moito que dicir sobre solpores. Sobre todo tendo en conta que desde aquÃ, na franxa entre Cabo Touriñán e Cabo Fisterra, entre o 24 de marzo e 23 de abril e o 18 agosto e 19 de setembro, por cousas da rotación da terra, se contempla o derradeiro solpor da Europa continental. Un lugar xenial para agardalo é o banco de Cabo Touriñán, preto do faro. Ten gravadas no respaldo as coordenadas do seu emprazamento: 43º03N – 9º18O, e a lembranza de estar no punto máis occidental da España peninsular. Aquà despedimos o dÃa entre impresionantes vistas dos acantilados da Gaivoteira e a Laxe de Buxeirados. Outro bo lugar para pasar o solpor está na Punta Nariga, en Malpica de Bergantiños, a carón do faro máis moderno de Galicia.

Mais a moda dos bancos comezou co banco de Loiba. É un banco de madeira que está no miradoiro do Coitelo, en Ortigueira, e que se ve desde aquÃ? Pois todo o que temos entre Estaca de Bares e Cabo Ortegal, que non é pouco, con furnas incluÃdas e, á hora axeitada, un crepúsculo de impresión.
O mundo dos solpores dá moito xogo. Hoxe en dÃa mesmo son organizadas excursións en barco para gozar dos ocasos desde o mar, moitas veces con oferta gastronómica incluÃda, por exemplo, na rÃa de Vigo.
