Setembro chega a Galicia con dÃas aÃnda longos, temperaturas agradables e un ritmo máis tranquilo. É un momento perfecto para seguir viaxando e descubrir o destino desde novas perspectivas: percorrer paisaxes de gran beleza, coñecer o seu patrimonio, gozar das súas augas termais, perderse polas súas cidades e achegarse a unha cultura do viño estreitamente ligada ao territorio.
Traémosche cinco propostas para gozar de Galicia en setembro e descubrir que o final do verán tamén é unha magnÃfica época para viaxar.
1. Percorre a Ribeira Sacra entre viñedos e mosteiros
Setembro ofrece unha ocasión especialmente atractiva para descubrir a Ribeira Sacra, cando as súas paisaxes de viñedos comezan a transformarse coa chegada da vendima.
Os canóns do Sil e do Miño, os bosques, os miradoiros e os antigos mosteiros conforman unha paisaxe única que invita a percorrer a zona con calma. Podes navegar polos canóns do Sil, visitar mosteiros como Santo Estevo de Ribas de Sil ou Santa Cristina de Ribas de Sil e descubrir algúns das vilas e miradoiros que se asoman aos rÃos.
A combinación de natureza, patrimonio e paisaxe vitivinÃcola converte a Ribeira Sacra nunha das escapadas imprescindibles de Galicia en setembro.
2. Sube a un dos Trens TurÃsticos de Galicia
Viaxar en tren tamén pode ser unha forma diferente de descubrir Galicia. A tempada 2026 dos Trens TurÃsticos de Galicia inclúe propostas que permiten coñecer algunhas das paisaxes, espazos patrimoniais e recursos turÃsticos máis singulares da comunidade.
Durante setembro podes gozar, entre outras opcións, das Rutas dos Faros e das rutas do viño pola Ribeira Sacra do Sil e do Miño, ademais doutras experiencias vinculadas ao patrimonio e á cultura galega.
Unha maneira cómoda e orixinal de viaxar, deixando que a paisaxe pase a ser unha parte esencial da experiencia.
3. Reláxate nas augas termais de Galicia
Setembro tamén é un bo momento para facer unha pausa e gozar do termalismo galego.
Galicia conta cunha ampla oferta termal repartida polas súas catro provincias. Na Coruña, podes gozar de espazos como o Balneario de Carballo ou o Hotel Balneario de Compostela, en Brión; en Lugo, achegarte ás Termas Romanas de Lugo, Guitiriz ou Augas Santas, en Pantón; en Ourense, descubrir lugares como Arnoia, Laias, Lobios ou O Carballiño; e en Pontevedra, gozar das augas de Caldas de Reis, Cuntis, Mondariz ou Caldelas de Tui.
Un baño termal, un tratamento de benestar ou unhas horas de descanso poden converterse no plan perfecto para desconectar despois do verán e gozar dunha escapada centrada no benestar.
4. Descubre as cidades galegas sen présas
Setembro invita tamén a volver ás cidades e percorrelas con máis calma. Santiago de Compostela, A Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra, Vigo e Ferrol ofrecen propostas moi diferentes para gozar dunha escapada urbana.
Podes pasear polo casco histórico de Santiago de Compostela, contemplar a Torre de Hércules na Coruña, percorrer a muralla romana de Lugo, descubrir o patrimonio termal de Ourense ou perderte polas prazas e rúas do centro histórico de Pontevedra.
Museos, exposicións, patrimonio, cultura e gastronomÃa completan unha oferta urbana que permite descubrir outra Galicia, máis cultural e contemporánea, cando remata o verán.
5. Achégate á Galicia do viño
Setembro marca o comezo dunha das épocas máis especiais do calendario vitivinÃcola galego: a vendima.
As cinco denominacións de orixe de Galicia ofrecen paisaxes e formas de entender o viño moi diferentes. Desde RÃas Baixas, O Ribeiro e Ribeira Sacra ata Valdeorras e Monterrei, cada territorio conta con variedades autóctonas, tradicións e paisaxes propias.
Visitar unha adega, camiñar entre viñedos, coñecer como se desenvolve a vendima ou participar nunha cata son algunhas das experiencias que permiten achegarse á cultura do viño e comprender a súa estreita relación co territorio.
Setembro é, polo tanto, un momento especialmente interesante para descubrir Galicia a través dos seus viños e das persoas que os elaboran.
Despois do verán, Galicia cambia de ritmo, pero non de posibilidades. Cinco plans para seguir gozando de Galicia en setembro e descubrir unha nova forma de viaxar polo destino.
