Ourense, a única provincia totalmente interior de Galicia, sabe o que é a calor do verán. Un dos xeitos de combatela é saÃr de excursión para buscar o fresco nalgunha das pozas entre as montañas, á sombra das árbores, ou nas praias fluviais. Con tanto rÃo, regato, encoro… hai moitos sitios onde escoller. Aquà damos algunhas ideas:
O parque natural Baixa Limia-Serra do Xurés agocha unha das fervenzas máis altas de Galicia, que cae sobre o rÃo Caldo, discorrendo entre barrancos de granito moi apreciados para a escalada, con máis de 400 m de desnivel, saltos, pasamáns e rápeles. Trátase da Corga da Fecha. Para chegar a ela podemos facer unha ruta circular que comeza nos Baños de RÃo Caldo, zona moi refrescante tamén, con área recreativa e piscinas termais ao aire libre. O camiño segue por Corga, Cabaniña do Curro e volta pola VÃa Nova, a calzada romana que comunicaba Bracara Augusta con Asturica Augusta. O pasado romano impregna o camiño, sobre todo ao pasar polos vestixios de Aquis Ogeresibus, unha das doce mansio, especie de hostais, da vÃa. A subida á fervenza en si é algo dura, máis a recompensa o baño nas augas limpÃsimas e frescas das pozas da Corga. Desde a zona máis alta temos boas vistas sobre o salto, o rÃo Caldo e a serra de Santa Eufemia.

Tamén na zona do Xurés atopamos unha praia fluvial de augas moi limpas e con varios sendeiros que camiñar. Falamos da praia das Perdices, do rÃo PacÃn, afluente do Limia. Destas praias de rÃo onde se ve o fondo, o trasfondo, e máis alá. Preto dalà hai unha área recreativa con aparcadoiro, mesas, paseo con pasarelas… Desde aquà pódese tomar o camiño cara ás pozas dos Cirolos. Temos outra desviación cara á PÃa da Moura e ao Castro dos Castelos. AÃnda que o traxecto mais coñecido é, sen dúbida, a ruta á fervenza do Pozo CaÃdo, á que se chega despois de percorrer o sendeiro do rÃo augas arriba. Hai unha pasarela de madeira cun miradoiro con vistas ao espectáculo.Â

Se buscamos unha maior extensión de auga, e variedade de actividades, un destino estupendo é o parque náutico de Castrelo de Miño. Está á beira do encoro do mesmo nome, que foi construÃdo en 1969. Ofrece moitos servizos: piscina municipal, pista de baloncesto e fútbol, cafeterÃa, parque infantil… E a posibilidade de alugar caiacs, pedaletas, táboas de paddle surf… Tamén se fai remo, piragüismo e vela. Unha das alternativas é facerse unha ruta en catamarán polo encoro.

Hai unha ruta tan curta como marabillosa en Cartelle : a ruta do Santo do rÃo Arnoia. Abrangue non máis de 3 km, e vai polas parroquias de Mundil e Vilar de Vacas, seguindo a marxe dereita do rÃo. Comeza na Ponte Nova ou Ponte de Grixó, a carón dun vello muÃño; máis adiante hai unha praia fluvial e a área recreativa da Ponte Nova. Despois, comeza un sendeiro pola beira do rÃo, con pasarelas de madeira para facelo máis cómodo e poder estar na mesma beira sen perigo. Ao noso paso, restos de muÃños co manto verde da carriza. De cando en vez, as rochas do camiño vense de cores, obra de Pepe Ãlvarez, o Ibarrola de Cartelle. Hai un sendeiro que leva á cova da Moura, que non está de máis se chove ou se vai moita calor. O roteiro remata na capela de San Bartomeu, no medio dunha carballeira antiga, preto dos restos dun castro.

A senda fluvial do rÃo Edo está preparada para pasalo ben, non hai escapatoria. E, por suposto, para refrescar corpos e mentes. Comeza na área recreativa da Ponte das Táboas, que está provista de piscina, inchables, mesas e bancos de pedra, grellas … Unhas escaleiras de madeira dan paso ao camiño, que vai pegado ao rÃo, acollido pola sombra das árbores, con algún resto de muÃño e varias pozas nas que se remollar e seguindo a senda chegamos a Castro Caldelas.
