Galicia é unha terra de acollida que pon ao alcance de todo aquel que a visita un enorme abano de paisaxes, monumentos, sabores e experiencias. Hai propostas para o público máis variado e tamén para colectivos con necesidades especiais como a poboación invidente. Por iso, coincidindo co DÃa Mundial do Braille, xornada na que a través da reivindicación desa forma de comunicación táctil se pretende loitar polos dereitos das persoas con deficiencias visuais, propoñémosvos algúns plans para gozar de Galicia máis aló da vista.Â
Â
Torre de Hércules
A Coruña
Deixarse acariñar pola brisa mariña do lugar e internarse polas escaleiras da Torre de Hércules axudan a imaxinarse a importancia dun monumento que foi incluÃdo na selecta listaxe de Patrimonio Mundial da Unesco no ano 2009. Pero para captar mellor a súa magnitude, no centro de interpretación e atención ao visitante hai unha maqueta tiflolóxica (deseñada para ser apreciada a través do tacto) dun pouco máis dun metro de altura que permite contemplar coas xemas dos dedos a arquitectura desta torre milenaria.
Â
XardÃn Sensorial de Castrelos
Vigo
Entre os numerosos atractivos que ofrece o parque vigués de Castrelos ao visitante atópase desde hai xa uns anos un XardÃn Sensorial pensado para que os invidentes poidan gozar dunha grata experiencia. Trátase dun percorrido adaptado a persoas con deficiencias de visión e artellado a través de estÃmulos táctiles e olfactivos. Unha cinta guÃa ao participante por unha ruta dotada tamén con paneis explicativos en braille sobre as distintas especies que hai no xardÃn e as súas caracterÃsticas, asà como sobre a historia do recinto.
Centro de Interpretación das Torres Arcebispais
Pontevedra
Unha fortaleza xa desaparecida cobra vida neste centro de interpretación nado para albergar e dar a coñecer as ruÃnas aparecidas durante unhas obras acometidas no ano 2007. Un dos seus principais atractivos é, precisamente, unha maqueta táctil do pazo-fortaleza rotulada en braille que permite imaxinar o aspecto desta impoñente construción.
Termalismo
Toda Galicia
Os romanos e os castrexos xa coñecÃan as propiedades mineiro medicinais das augas galegas, por iso non é de estrañar que Galicia sexa hoxe un inmellorable destino para o turismo termal con instalacións, algunhas delas xa centenarias, repartidas por toda a comunidade. Xa sexa para aproveitar os seus fins terapéuticos, xa sexa para gozar dunha experiencia que pode combinar estética, benestar e relax, os balnearios son unha proposta idónea tamén para as persoas invidentes. Só fai falta pechar os ollos e gozar.
Â
GastronomÃa
Toda Galicia
Unha visita a Galicia estarÃa incompleta se non incorporase como elemento destacado o seu apartado gastronómico. A horta e as augas galegas nutren do mellor produto un receitario repleto de propostas saborosas capaces de estimular todos os sentidos, pero especialmente o olfacto e o gusto. Cidades, vilas e pobos ofrecen unha ampla oferta de establecementos onde as deficiencias visuais non serán impedimentos para gozar co padal desta terra.
Â
Sensacións no mar
RÃas Baixas
Varias entidades comarcais que agrupan a municipios do litoral galego teñen desenvolvido nos últimos anos iniciativas turÃsticas destinadas á poboación invidente. É o caso do proxecto Sentir ou Mar, nado para impulsar o turismo inclusivo na rÃa de Muros e Noia e que xa permitiu a un grupo de invidentes familiarizarse co mundo da navegación. Para ese mesmo público están dirixidas outras propostas postas en marcha polos municipios da mancomunidade de Arousa Norte e por empresas privadas das RÃas Baixas, como centros de mergullo que organizan bautismos de mergullo e saÃdas en barco para coñecer a importancia da industria do mexillón e degustar os seus saborosos produtos.
Â
Illas CÃes
Vigo
Os invidentes son benvidos á xoia da coroa do Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia. A prohibición de introducir animais domésticos por parte dos visitantes non rexe para os cans guÃa e entre o material informativo ao dispor de quen se achega ata o arquipélago hai folletos en braille. A realización de visitas guiadas con grupos de persoas con algunha discapacidade son unha práctica habitual desde hai anos.
Â
Â
