Os Reis Magos xa deixaron o seu cargamento de agasallos e diversión, pero se quedaches con ganas de máis, aquà tes unha pequena mostra do que Galicia ten que ofrecer a quen queira divertirse entre xogos, xoguetes e outros obxectos lúdicos. Son lugares para comezar o ano con ilusión ou para planificar as túas excursións para os próximos meses. Gózaos.
Â
Museo Etnolúdico de Galicia
Ponteceso
Na localidade bergantiñá de Ponteceso atópase este auténtico paraÃso para os amantes dos xogos e os xoguetes. Máis de 4.000 pezas procedentes de todo o mundo forman a colección deste centro no que conviven culturas milenarias, xogos tradicionais galegos e exemplos de como evolucionaron as prácticas deportivas. Os visitantes terán tamén a oportunidade de participar nalgunhas das actividades que alà se organizan como talleres de plastilina, origami ou construción de xoguetes. Máis información aquÃ.
Â
Aldea Grobit
O Grove
Os hobbits, personaxes creados polo escritor J.R.R. Tolkien, teñen uns parentes na Toxa, a pequena e famosa illa situada no municipio pontevedrés do Grove. O seu lugar de residencia, a Aldea Grobit é un parque infantil formado por pequenas vivendas que parecen brotar da terra (unha delas pódese visitar), zonas de xogo e troncos multicolores. O espazo está situado nun parque forestal de gran valor natural habitado tamén por un par de apracibles burros, sempre dispostos a interactuar cos visitantes. Máis información aquÃ.
Â
Illa do Covo
Pontevedra
Esta pequena illa fluvial situada nas augas do rÃo Lérez combina cultura, lecer e diversión para converterse noutro destino ideal para as familias. Alà sitúanse as pezas do proxecto artÃstico bautizado como a Illa dás Esculturas, zonas para o paseo e un espazo para o lecer en familia. É, ademais, escenario dunha orixinal proposta denominada Descubrindo a Illa do Covo, que anima aos participantes a descubrir o patrimonio artÃstico e natural do lugar a través dunha ruta guiado por oito vÃdeos. Máis información aquÃ.
Â
Cidade da Cultura
Santiago de Compostela
O complexo levantado no monte Gaiás ofrece numerosas propostas para gozar dunha xornada de xogos e diversión en familia. O rocódromo e a pista de skate do XardÃn do Teatro e a zona de xogos do Parque da Balea farán as delicias de nenos e mozos, mentres que aqueles que prefiran pasear ou relaxarse nunha contorna verde poderán facelo no Parque do Lago, no XardÃn Literario ou no Bosque de Galicia. Máis información aquÃ.
Â
Domus
A Coruña
Os seus máis de 150 módulos interactivos converten este museo coruñés nun lugar ideal para aprender e reflexionar sobre os seres humanos dunha forma lúdica e divertida. Na actualidade, por mor da covid, ofrece tres actividades (maker@domus, atapuerca@domus e misión@domus) previa reserva de prazas destinadas a grupos de conviventes. Máis información aquÃ
Â
Museo Galego do Xoguete
Allariz
Entre a ampla oferta museÃstica do municipio ourensán de Allariz hai un oco tamén para o mundo do xoguete. O Museo Galego do Xoguete, situado no pazo do antigo xulgado, acolle unha colección de xogos e xoguetes de épocas moi diferentes. Máis información aquÃ.
Â
Colección de Trens Fernández Pacheco
Ourense
A historia e evolución do mundo do ferrocarril está condensada nas máis de 4.000 pezas desta colección que abarca desde as primeiras máquinas de vapor ata a alta velocidade. Entre as súas réplicas a escala non faltan trens mÃticos como o Orient Express ou a máquina empregada polo cómico Buster Keaton na pelÃcula “O maquinista da Xeneralâ€. A colección pódese visitar no Centro Cultural Marcos Valcárcel. Máis información aquÃ.
Â
Granxa de Briz
MarÃn
Lagos, tobogáns, xogos integrados na natureza e espazos para o paseo danse cita nun recinto que ata comezos do século XIX formou parte das posesións do mosteiro de Oseira. O lugar inclúe tamén un espazo denominado Parque dos Sentidos con cinco zonas diferenciadas para estimular o tacto (con texturas diferentes), o oÃdo (con instrumentos musicais de gran tamaño), a vista (coas panorámicas que ofrece o lugar), o olfacto (con plantas aromáticas) e o gusto (con árbores froiteiras).
Máis información aquÃ.
Â
Museo de Maxia Kiko Pastur
Santiago de Compostela
Desde novembro do 2020, o mundo do ilusionismo dispón dun espazo propio e monográfico na zona vella de Compostela. O mago Kiko Pastur é o impulsor e director deste museo no que é posible observar aparellos e pezas históricas, ver reproducións dalgúns dos números dos grandes magos da historia e sorprenderse con ilusións ópticas que desafiarán a nosa mente. Máis información aquÃ.
Â
Â
Â
