Considerada a cidade máis antiga de Galicia por ter estado habitada de forma ininterrompida desde hai dous milenios e manter o mesmo nome durante todo ese tempo, Tui zumega encanto e historia a partes iguais e segue sendo un lugar de visita obrigada para todos aqueles que se achegan a Galicia. Desde a súa posición privilexiada á beira do rÃo Miño e coas terras de Portugal ao alcance da mirada Tui presume dun belo centro histórico no que son visibles as pegadas do tempo.
Â
O feito de ter sido unha das sete capitais de Galicia, a súa importancia como paso fronteirizo ou o seu papel no fenómeno xacobeo como unha das principais portas de entrada en Galicia para os peregrinos do Camiño Portugués son algúns dos atractivos dunha localidade que tamén atesoura doutro importante legado: a presenza alà dunha importante comunidade xudÃa e xudeoconversa.
Â
O peso da actividade portuaria e comercial de Tui foi o que propiciou que un número crecente de poboación de relixión xudÃa comezase a instalarse na parte de alta da cidade desde o século XII e que desenvolvese unha importante e visible actividade social e económica ata que, en tempos dos Reis Católicos, os seus membros se visen obrigados a abandonar o paÃs ou a converterse ao catolicismo. A pegada daqueles primeiros séculos de convivencia pacÃfica, pero tamén da convulsa etapa posterior, integran un legado que Tui quixo recuperar e poñer en valor adherÃndose á Rede de XuderÃas de España e deseñando unha ruta que segue os pasos daqueles comerciantes, ourives, escribáns, médicos, boticarios e representantes doutros oficios diversos que contribuÃron ao crecemento de Tui. A continuación mostrámosche algúns dos principais lugares de interese deste percorrido.Â
Â
Vivendas
Son varias as vivendas do centro histórico de Tui nas que aÃnda é posible apreciar a historia dos seus moradores xudeus. É o caso da Casa de Salomón, cuxo patio servÃa de escenario a algunhas das principais celebracións xudÃas, ou da Casa dos Capeláns, en cuxas ménsulas están presentes dous personaxes crave na historia do pobo xudeu, Moisés e Aarón.
Â
Portas
A Porta da Torre, construÃda no século XV, e Porta da PÃa, a máis importante da cidade, gardan tamén unha estreita relación coa comunidade xudÃa que habitou Tui. A segunda debe o seu nome, precisamente, á pÃa bautismal xudÃa que se atopaba nas súas inmediacións.Â
Â
Menorá
Os tempos de cooperación pacÃfica entre xudeus e católicos son visibles no claustro gótico da catedral de Tui. Alà pódese ver gravado en pedra un candelabro de sete brazos (menorá) a modo de testemuño da achega económica que a comunidade xudÃa realizou para a construción do templo.
Â
Sinagoga
En funcionamento ata 1492 e empregada despois para usos diversos, a sinagoga de Tui era un lugar crucial para a poboación xudÃa, debido a que servÃa de espazo de culto e reunión.
Â
Torre do Xudeu
O nome deste tramo da muralla construÃda na segunda metade do século XII dá fe de que as familias xudÃas tamén habitaron en tempos esta zona da cidade. Séculos despois, a torre foi incorporada á vivenda dunha das familias fidalgas máis importantes de Tui.
Â
Cárcere Capitular
A pegada da represión que sufriu a poboación de orixe xudÃa a partir de 1492 déixase ver en espazos como esta prisión, construÃda en 1611 e empregada exclusivamente para encarcerar aos cóengos desa orixe.
Â
Sambenitos
O outro gran sÃmbolo do acoso ao que se viron sometidos os xudeus gárdase no Museo Diocesano de Tui e supón ademais un patrimonio único en España e en Europa. Os sambenitos eran uns lenzos nos que se facÃa constar o nome e a pena das persoas xulgadas pola Inquisición e que eran expostos de forma pública nos muros da catedral ata que os afectados pagaban un tributo.
Â
