A cidade de Ourense, tan artÃstica ela, ten debilidade pola escultura. Un xeito de coñecer ben a cidade é facer un percorrido polas obras máis destacadas, que nos din moito da súa historia e do seu carácter.
A primeira de todas, a máis antiga, que fixo de Ourense unha cidade do seu tempo, é a dedicada ao Padre Feijoo, de 1887. Foi realizada para conmemorar o bicentenario do seu nacemento, aÃnda que a inauguración, coas lerias de encargos e recadacións, se retrasarÃa un pouco. FÃxoa Juan Soler y Dalmau, sobre un pedestal do arquitecto Zabala. A estatua motivou o acondicionamento dos xardÃns no que está, e o seu propio nome: XardÃns do Padre Feijoo. A figura, de bronce, representa ao intelectual cunha pluma na man dereita e o Teatro crÃtico universal na esquerda. Como era a primeira escultura urbana na cidade, a inauguración foi por todo o alto. Houbo festa para toda a semana, con certame literario incluÃdo, presidido por Pardo Bazán, debut do Orfeón Unión Ourensá, baile de gala… Todo un acontecemento no Ourense da época.
A carón dos xardÃns hai unha escultura moito máis recente, de 2002, tamén en bronce sobre pedestal de granito. É O Mouchiño ou Monumento aos heroes do cómic, de Xaime Quessada: un fauno tocando o aulós ao lombo dun moucho coas ás abertas. No chan, pequenas pracas cos nomes de cromos e cómics que alimentaron a imaxinación da xeración da posguerra. Daquelas, a rapazada ourensá, entre eles o propio Quessada, reunÃase xusto neste lugar para intercambiar os seus tesouros.
A segunda estatua máis vella da cidade, despois da de Feijoo, é a realizada en honor de Concepción Arenal. É obra de Aniceto Marinas, e foi inaugurada nos XardÃns da Alameda en 1898. Presenta á homenaxeada de pé, cun sinxelo vestido e un manto, sostendo unha pluma e uns pregos de papel, como descansando da escrita. Na base, sÃmbolos da súa obra: cadeas e libros. Neste caso, a inauguración non foi tan pomposa como a do Padre Feijoo, debido á crise da época. Orixinalmente estaba ubicada na parte alta da Alameda, na praza do Bispo Cesáreo, mais en 1969 trasladáronna enfronte dos antigos xulgados, en medio do tráfico, e dunha gran polémica, por certo. O peor de todo foi que co traslado desapareceu o pedestal de granito e mármore deseñado por Parada Justel, que non ten nada que ver co seu substituto.
Dúas obras de Luis Borrajo trouxeron un aire novo á cidade. Unha é a Casa da Nube, encargada por Pepe Casabella para a súa remodelación das Burgas en 1989. É unha obra en aceiro cortén, construtivista, que encaixa moi ben naquel espazo de augas quentes e vapores. Segundo o autor, simboliza a unión do vello Ourense co novo. A outra escultura súa é Muller espida, de 2002, que está na Alameda. É unha das escasas obras figurativas de Borrajo, que representa unha muller de bronce tumbada sobre unha base baixa de pedra, como se estivese nunha toalla na praia, moi preto da xente.
Máis preto aÃnda, as esculturas que se mesturan entre os viandantes, a escala real. Un momento, estamos no século XXI ou no XIX? Que fai aquà esta leiteira, a vender leite no capital? Pois, cando vemos que é dura e de bronce toda ela, nos decatamos de que se trata da Leiteira de Ramón Conde, de 1999. O propio escultor elixiu onde colocala, no cruce entre as rúas do Paseo e do Arquitecto Alejandro Outeiriño RodrÃguez, polos efectos da luz e a concorrencia da xente na zona.
O mesmo autor ten outro grupo escultórico pousado no chan, Coleman e Reverter, de 2010, unha homenaxe aos artÃfices do Rally de Ourense. Aparecen sentados no morro do famoso Alpinche (Renault Alpine tuneado con motor Porsche) co que competiron moitas veces. Está no Parque de San Lázaro, fronte a Subdelegación do Goberno. Por certo, nunha das entradas do parque temos un gran Anxo de Asorey, de 1951.
E seguimos camiñando entre a xente e as estatuas. Ollo con despistarse, non vaiamos chocar co Carrabouxo, que vai ensimesmado lendo o xornal. Ben pensado, é difÃcil tropezar, xa que é bastante alto e leva un xersei amarelo rechamante. A obra, feita por César Lombera en 2002, homenaxea ao personaxe de Xosé Lois, que da a súa visión retranqueira do mundo no diario local desde 1982. Un sÃmbolo ourensán cen por cen.
Outro sÃmbolo de Ourense, a cidade dos magostos, é a castaña. Coa Castañeira, instalada na rúa Curros EnrÃquez en 2001, Xosé Cid fai unha homenaxe a aquelas mulleres que vendÃan castañas na rúa, antes da época das locomotoras. Na peza, en bronce sobre unha pequena base circular de pedra, vemos unha vella vendedora co cornete, unhas castañas nun cesto, outras no bidón e un tallo. Mmm… que ben cheiran…
E non podemos despedirnos de Ourense sen pasar polo Miño. En 2002, na glorieta dos Remedios, a carón da ponte do Milenio, instalouse Nexus-6, escultura en granito de Xosé Lois Carrera. É un torso masculino saÃndo con esforzo duns bloques de pedra, como nacendo ou despegándose deles, espertando. O tÃtulo fai referencia aos androides tan listos da novela de Philip K. Dick, chamados “replicantes” na pelÃcula Blade Runner.
