Chega a primavera, co canto dos paxaros, o espertar da natureza, os dÃas máis luminosos e… a Semana Santa! Isto significa, como mÃnimo, catro dÃas de asueto, que podemos aproveitar para visitar cinco cidades lucenses cun atractivo especial nestas datas: a capital da provincia, Lugo; a de Terra de Lemos e Ribeira Sacra, Monforte de Lemos, e as tres vilas históricas da Mariña Lucense: Mondoñedo, Viveiro e Ribadeo. Imos aló!
Lugo. Estamos na cidade máis antiga de Galicia, o que se nota nada máis chegar, coa impoñente Muralla romana, que agocha un rico centro histórico, coa a Praza Maior, a catedral de Santa MarÃa, o Pazo episcopal, o convento de San Francisco, a Praza do Campo…
Volvendo ao pasado romano, os principais vestixios arquitectónicos áchanse na Casa dos Mosaicos, a Domus do Mitreo ou, xa no Miño, na ponte e as termas.

A Semana Santa de Lugo ten moita tradición, celébrase desde o século XIII. Se queremos ver algo único, temos que acudir á procesión do Xoves Santo, a da Santa Cea, na que tamén desfila a Sagrada Forma, cousa extraordinaria, para o que a cidade ten permiso especial, asà como para que estea exposta durante todo o ano na catedral.
Para despedirse da cidade, nada como a zona de viños, de merecida sona, na rúa Nova, a da Cruz e a praza do Campo.
Monforte de Lemos. A segunda cidade máis poboada da provincia áchase ao sur, nun val cruzado polo rÃo Cabe e coroado polo monte de San Vicente, onde atopamos o principal monumento: o conxunto da Torre, o pazo Condal e o mosteiro beneditino. En Monforte tamén temos un Escorial, como chaman a Nosa Señora da Antiga, o colexio dos Escolapios. O edificio ten unha pinacoteca de categorÃa, o mesmo que a do Museo de Arte Sacra das Clarisas, coa colección de arte italiana do século XVII máis importante de Galicia, que ten que ver con que os condes de Lemos foran vicerreis no Nápoles do século XVII (1610-1616).

Outros lugares a destacar son o barrio xudeu, o Centro do Viño da Ribeira Sacra ou o MUFERGA (Museo do Ferrocarril de Galicia).
Aconsellamos meter algún modeliño vintage na maleta, xa que o 30 e 31 de marzo, coincidindo con Sábado e Domingo Santo, celébrase a XX Feira Medieval no centro histórico, con campamento medieval, xustas, mercado, exhibicións de cetrerÃa…
E, despois da Semana Santa, as procesións seguen, pois o Martes de Pascua, aquà festivo, celébrase a procesión da Montserrat, a patroa, na que se bendicen os campos e, de paso, o alcalde renova a promesa de dedicarlle o dÃa á Virxe un ano máis. Resumindo: unha Semana Santa ben completa.
Mondoñedo. A capital da Mariña Central, outrora capital da provincia de Mondoñedo, tivo un pasado esplendoroso, recibindo o tÃtulo de cidade en 1156 por Afonso VII. A terra de Cunqueiro, do rei das tartas, da cabeza de Pardo de Cela, da catedral axeonllada… Mondoñedo conserva un aire de outra época, como saÃda do maxÃn de don Ãlvaro. Desde as abas que rodean o val temos unha fermosa panorámica da cidade, con todos os tellados de lousa caracterÃsticos na zona. Outra vista en máis detalle, a que se observa desde a Paula, a campá principal da catedral, que se pode visitar.
En Mondoñedo hai moito que ver: a catedral da Asunción, o santuario dos Remedios, o Hospital de San Paulo, o convento da Concepción, o Seminario conciliar… (nótase que é sé episcopal desde hai moito tempo), a Alameda, a Ponte do Pasatempo, a Fonte Vella, o Barrio dos MuÃños, o Museo Cunqueiro… Fóra do centro urbano, conta cun importante patrimonio etnográfico e arqueolóxico, con castros como o de Zoñán, e natural, coa Cova do Rei Cintolo, a máis grande de Galicia (en marzo e abril pódese visitar venres, sábados, domingos e festivos).

En canto á Semana Santa, hai que dicir que a protagonista é a catedral, de onde saen e a onde chegan todas as procesións, que se fan desde o Domingo de Ramos ao de Resurrección. A máis peculiar é a da Soidade, o Venres Santo, na que se acompaña o paso da Virxe con candeas e se canta o Plorans do mestre Pacheco, que só se pode entoar aquà e na Capela Real de Madrid.
Viveiro. A capital da Mariña Occidental ten varias citas importantes no ano, como a RomarÃa do Naseiro, o Resurrection Fest e… a Semana Santa! A celebración remóntase ao século XIII e desde entón non deixa de convocar xente de todas partes, de feito é Festa de Interese TurÃstico Internacional. Asà que ambiente non vai faltar, iso seguro. O calendario de procesións abrangue desde o Venres de Dores até o Domingo de Pascua. Os momentos máis destacables son a Tamborrada do Luns Santo, o pregón o Sábado de Paixón, a procesión do Xoves Santo, co magnÃfico paso da Oración do horto, atribuÃdo a Gregorio Fernández, e a do Venres Santo, coas figuras articuladas do Encontro e o Desencravo, do século XV e XVI.

O núcleo urbano conta con monumentos como a Porta de Carlos V, a igrexa de Santa MarÃa, o mosteiro de Valdeflores e moitas rúas gremiais, e prazas polas que perderse, e balconadas e galerÃas diante da rÃa.
Ribadeo. Viramos cara a Mariña Oriental, onde está Ribadeo, separada de Asturias pola rÃa e unida a ela pola Ponte dos Santos. Na cidade, capital da comarca, mestúrase a arquitectura mariñeira coas ricas construcións indianas. Atopamos edificios singulares como o pazo de Ibáñez, a Torre dos Moreno, o castelo de San Damián, o convento de Santa Clara… Ademais, ten un comercio moi activo, que mesmo abre os domingos pola mañá, herdanza do vello mercado dominical.

De seu patrimonio natural destacan a zona húmidas protexida na rÃa; a reserva do rÃo Eo, Oscos e Terras de Burón; a Illa Pancha, e o monumento natural da Praia das Catedrais (ollo, desde marzo, hai que reservar visita con antelación).
A Semana Santa, de fonda tradición, é tan antiga como a de Viveiro, pola pegada franciscana na cidade.
