A arte barroca non se entende en Galicia sen a figura de Domingo Antonio de Andrade, arquitecto nado na vila de Cee en 1639 e falecido en Santiago de Compostela en 1712. É na capital galega onde máis segue presente a pegada deste inquieto creador que en 1676 se converteu en mestre maior da súa catedral, pero cidades e vilas das catro provincias galegas gardan hoxe boa parte do legado de quen chegou a ser un gran referente para outros moitos arquitectos galegos. A continuación propoñémosche un percorrido por Galicia a través dalgunhas das súas obras máis destacadas.
Â
A Torre do Reloxo e outros espazos da Catedral de Santiago
A Torre do Reloxo, tamén coñecida como a Berenguela, da Catedral compostelá é a obra máis emblemática de Domingo de Andrade, pero non a única pegada que deixou na basÃlica e nos seus arredores. Andrade aproveitou as bases dunha primeira torre proxectada no século XIV para levantar esta famosa estrutura que alberga a campá principal da basÃlica e que destaca pola súa estrutura esvelta e harmónica, e pola súa bela decoración. Esas caracterÃsticas convertérona nun dos elementos máis coñecidos da catedral compostelá. A lanterna que durante os Anos Santos permanece acendida no seu parte superior como faro para os peregrinos incrementa aÃnda máis o seu valor simbólico. Andrade ocupouse tamén da fachada da Catedral cara á praza da Quintana e da enxeñosa trompa con forma de vieira que ideou nun lateral da fachada de PraterÃas para unir o cruceiro da catedral coa planta primeira do claustro. Asà mesmo, participou na reforma que lle deu o seu aspecto actual á Porta Santa e na execución de dous dos edificios que completan todo ese espazo incrementando a súa monumentalidade: a Casa da Parra e a Casa da Conga.
Â
San Domingos de Bonaval
A fundación do convento compostelán de San Domingos de Bonaval sitúase nos comezos do século XIII e a tradición atribúea ao propio santo con motivo da peregrinación que realizarÃa a Santiago naquelas datas. Pero o aspecto actual deste monumento, sede hoxe en dÃa do Museo do Pobo Galego, débese en boa medida ás obras encargadas a Domingo de Andrade a finais do século XVII. Súa é a fachada da porterÃa, o claustro e a espectacular escaleira tripla helicoidal, que está considerada como unha das principais mostras do enxeño e o virtuosismo de Andrade. A forma en que inseriu nun mesmo espazo tres ramplas independentes que conducen a tres pisos diferentes segue asombrando a todo aquel que a contempla
Â
Catedral de Lugo
A basÃlica lucense é outro dos monumentos nos que Andrade deixou a súa pegada xunto con outros mestres do barroco galego como Fernando de Casas Novoa, cuxas obras conviven tamén na catedral compostelá. Neste caso, Andrade ocupouse dos traballos da sancristÃa e a sala capitular, estancias nas que se deixan ver os seus caracterÃsticos ornamentos con motivos florais.
Â
Igrexas de Santiago A Nova e de San Xoán de Tirimol
Os responsables do antigo convento dominico de Lugo, na actualidade igrexa de Santiago A Nova, tamén contaron co talento de Andrade para acometer algunhas actuacións durante o século XVII. De feito, crese que o convento foi a orixe dos tres retablos que se poden ver na actualidade na igrexa parroquial de San Xoán de Tirimol, tamén no municipio lucense, e cuxa autorÃa se atribúe ao arquitecto ceense.Â
Â
Catedral de Ourense
Na época na que Andrade atopábase acabando a Torre do Reloxo da catedral compostelá foi chamado desde Ourense para facerse cargo do proxecto da capela que debÃa albergar o prezado Santo Cristo da catedral da cidade das Burgas. Pero neste caso non puido ocuparse do proxecto na súa totalidade e houbo de ser terminado por Francisco de Castro Canseco. Tamén se atribúe a Andrade a autorÃa dos planos seguidos para a reforma que foi acometida a finais do século XVII nun edificio civil da actual avenida de Pontevedra.Â
Â
Pazo de Santa Cruz de Ribadulla
Andrade foi, asà mesmo, un dos arquitectos aos que recorreu Andrés Ibáñez de Mondragón, primeiro marqués de Ribadulla, para reformar as Torres e o Casar de Ortigueira, no municipio de Vedra, e comezar a configurar as construcións do actual Pazo de Santa Cruz de Ribadulla, unha das edificacións señoriais máis importantes de Galicia, famosa especialmente polos seus xardÃns.
Â
Igrexa do convento das Clarisas de Tui
Entre a riqueza monumental da cidade de Tui hai tamén espazo para outra mostra máis do traballo de Andrade. É o caso da igrexa do convento das Clarisas, proxectada no ano 1688 para completar un recinto fundado a comezos do século XVI sobre un convento medieval anterior.
Â
Igrexa de San Pedro de Buxantes
Ademais do retablo da igrexa da súa vila natal, que resultou destruÃda durante a invasión francesa de comezos do século XVIII, Andrade acometeu outros traballos na comarca que o viu nacer. AsÃ, atribúeselle a autorÃa do campanario da igrexa de San Pedro de Buxantes, no municipio de DumbrÃa, no que algúns estudosos perciben similitudes coa Torre do Reloxo compostelá.
