O 4 de abril do ano 2002 foi unha data sinalada para os bosques que crecen nas terras ourensás de Rubiá. Ese dÃa foi aprobada a declaración como parque natural da Serra da Enciña da Lastra, un espazo de algo máis de 3.000 hectáreas de extensión que constitúe toda unha rareza en Galicia polas súas singularidades en canto a flora e fauna. Nesta terra de carballos e castiñeiros, unha árbore de clima mediterráneo converteuse asà no sinal de identidade do noso sexto parque natural e dos seus cumes de roca calcaria.
Â
Din que a aciñeira que lle dá nome era unha gran árbore empregada antigamente como referencia polos viaxeiros para non perderse nestas terras situadas nun dos puntos máis orientais de Galicia, facendo fronteira coa provincia de León. Na actualidade aÃnda se pode ver na parroquia de Covas un magnÃfico exemplar que ben poderÃa responder a esa descrición. Sexa ese en concreto ou non o que inspirou o nome de toda a zona, o certo é que un dos principais valores do parque é a presenza na zona dos bosques de aciñeiras máis extensos de Galicia, asà como de matogueiras espiñentas propias tamén do Mediterráneo, dos únicos tomiños desta terra e das poucas saucedas mediterráneas que se poden ver por estas latitudes. As súas máis de 25 especies de orquÃdeas converten, ademais, este parque nun auténtico paraÃso para os amantes da botánica.
Â
A Serra da Enciña da Lastra ofrece unha paisaxe pouca frecuente neste extremo da PenÃnsula Ibérica, que se ve enriquecida por exemplares de fauna pouco usuais, como a lagarta cincenta. Tamén se concentra alà una das principais comunidades de morcegos de Galicia, entre a que foi posible identificar polo menos 9 especies diferentes habitando as numerosas grutas que converten a zona na maior rede de cavidades da comunidade. Baixo terra, entre estalactitas e estalagmitas agóchase outro dos grandes tesouros do lugar. E nos seus ceos, as aves (aguia real, aguia calzada, andoriñón real, pomba das rochas e choia), atraÃdas pola riqueza das augas do rÃo Sil e a protección das ladeiras que o rodean, forman o maior número de especies nidificantes de Galicia e constitúen outros dos grandes atractivos animais deste parque natural.
Â
Os seus miradoiros, como os de Caprada en Oulego, Alto da Escrita en Biobra, Tanque de Covas ou a Portela en Vilardesilva, permiten gozar de impresionantes panorámicas das cimas do parque e os canóns que trazan o rÃo Sil e os seus afluentes. E as aldeas, como Covas, Oulego, O Robledo ou O Real, manteñen vivo o espÃrito do mundo rural deixándonos gozar da arquitectura e as formas de vida tradicionais, asà como de valiosos elementos etnográficos como antigos muÃños, fontes, pombais e fornos comunais.
Â
A espeleoloxÃa e o rafting son dous dos deportes que é posible practicas dentro do parque, pero sen dúbida a especialidade principal, e apta para todos, é o sendeirismo. Unha rede de dez rutas debidamente acondicionadas e sinalizadas convértense na vÃa ideal para descubrir os principais atractivos da Serra da Enciña da Lastra. A súa lonxitude e trazados variables (lineais e circulares, e de entre 1,5 e 8,6 quilómetros), asà como os seus distintos niveis de dificultade (baixo, medio e alto) configuran unha oferta de percorridos con opcións para os visitantes máis diversos.
Â
Tratar de identificar algunhas das súas diferentes especies de orquÃdeas e aves, pasear entre aciñeiras e outras árbores pouco comúns en Galicia, respirar o aroma do tomiño e estremecerse diante da impresionante silueta pétrea dos Penedos de Oulego fan que a experiencia de adentrarse neste parque natural non deixe indiferente a ninguén.
Â
Se queres obter máis información e preparar a túa aventura nesta paraxe sen igual, visita https://www.turismo.gal/que-visitar/espazos-naturais/parques-naturais/serra-da-encina-da-lastra?langId=es_ES
