Hai lugares onde o máis fantástico mestúrase dun xeito natural co máis terreal. En Galicia abundan estes sitios, asà que temos mil lendas para contar. Imos empezar cunhas poucas:
Santa Mariña de Augas Santas. Nesta pequena parroquia de Allariz, na provincia de Ourense, atopamos restos arqueolóxicos de diversa procedencia maxicamente unidos pola lenda de Santa Mariña.
A historia comeza no século II, co acoso sufrido por Mariña, unha moza pastora, por parte de Olibrio, prefecto de Armeá, asentamento galaico romano do lugar. Ante o rexeitamento de Mariña de marchar canda el e renegar do cristianismo, o prefecto decidiu martirizala, malo serÃa que non a convencese. O caso é que non foi capaz, pois a cada tortura mortal, a rapaza zafábase aos tres dÃas. Como non podÃa con ela, Olibrio sentenciouna a morrer abrasada nun forno. Mais a moza ceibouse outra volta, esta vez coa axuda de San Pedro, que a sacou do forno e a refrescou nun estanque. Farto da insolencia de Mariña, que non daba morto, Olibrio decapitouna o 18 de xullo do ano 139. Ao separarse o corpo da cabeza, esta botou tres veces no chan e, en cada lugar do bote, abrollou milagrosamente unha fonte. Alà mesmo foi enterrada a moza e levantóuselle unha igrexa. A que vemos hoxe é posterior, románica, e garda no seu interior o sepulcro da santa. Preto, na capela de San Tomé, está o Pozo da Santa (unha das fontes da lenda) e a Fonte da Santa (outra das fontes) con tres canos de auga milagreira. Cerca de alÃ, na cripta da inacabada basÃlica da Ascensión, do século XIII, descubrimos o que disque é o forno no que foi martirizada. Para redondear a lenda, na mesma zona estaba o enorme Carballo da Santa, do que Vicente Risco dicÃa que manarÃa sangue se alguén o cortase. Mágoa que morrese nunha noite de tormenta…
Para meternos na lenda de cheo, o ideal é percorrer a ruta arqueolóxica entre Armeá e Augas Santas, duns 2 km.

Santo André de Teixido. Hai un lugar de peregrinación en Galicia case tan famoso como a catedral de Santiago. Está no concello de Cedeira, nunha vertixinosa pendente da Serra da Capelada, nunha paisaxe que anima a imaxinación.
A lenda máis antiga ten que ver coas portas do Alén da tradición celta. Doutra banda, o teixo, abundante no lugar, sempre foi considerado árbore sagrada, sÃmbolo de morte e de vida eterna á vez (teixo que dá nome a Teixido).
O cristianismo encargouse das demais lendas. Unha di que, despois de naufragar Santo André nesta costa, (a barca ficarÃa convertida na máis grande das Illas Gabeiras), Deus lle fixo fundar un santuario e, como compensación por mandarlle a un lugar tan afastado (Santo André de Teixido antigamente coñecÃase como Santo André de Lonxe), farÃano destino de peregrinación. O santo non terÃa catedral, mais aquà acudirÃan todos os crentes e, de non ser en vida, até tres veces despois de mortos, xa en forma de animal, xa en espÃrito, acompañado polos familiares. De aà o dito “A Santo André de Teixido, vai de morto quen non foi de vivoâ€.
Outra lenda conta que andaban por aquà Xesús e Pedro buscando os lugares onde descansara Deus a man despois da creación dando forma ás rÃas galegas. Entroulles a fame e Deus envioulles unha mazá, mais non unha mazá calquera, pois dentro dela estaba Santo André, que se ceibou en canto a comeron. Encargáronlle fundar alà un santuario. El non querÃa ficar nun lugar tan illado, mais Xesús prometeulle que Ãa recibir moitas visitas.
E vaia se chegan visitas. Santo André converteuse nun auténtico centro de peregrinación, co santuario (o que se ve hoxe é de entre os séculos XVI e XVIII); a fonte dos tres canos (na que hai que pedir un desexo, guindar unha miola de pan e se flota se cumpre); a cova das ofrendas (unha cova artificial para deixar cirios e exvotos) e varios milladoiros de camiño (onde cada romeiro deposita unha pedra de onde vén, para que o santo saiba quen ten que vir de morto).
E non esquezamos a herba de namorar e o xunco do ben parir, para ter sorte no amor e nos partos, e os sanandresiños, amuletos de miga de pan cocida no forno e pintada de vivas cores.
A tradición manda que os romeiros marchen de volta cun ramo de varas de abeleira e teixo. E tamén con rosquillas de Santo André para o camiño…

As nove ondas da Lanzada. No concello de Sanxenxo, entre a Punta de Noalla e a de Portomouro, intérnase no mar a punta da ermida da Lanzada. Neste pequeno promontorio, en poucos metros, temos a Torre da Lanzada, resto de fortificación medieval; a capela románica, erixida sobre outra máis antiga, e os restos dun castro e dunha necrópole baixorromana.
A última fin de semana de agosto celébrase a romarÃa da Virxe da Lanzada. Na noite do sábado, é tradición que as mulleres que queiran ficar embarazadas tomen “o baño das nove ondas†na praia de Nosa Señora, xunta da ermida. Ao amencer, teñen que varrer o chan da ermida, para botar meigallos fóra, e facer unha ofrenda á Virxe. O baño tamén se fai no San Xoán. Outra variante é tomalo de madrugada baixo a lúa chea e, despois, deitarse sobre a rocha coñecida como “a cama da virxeâ€.
Por se fose pouco, A Lanzada tamén é o punto de partida da Santa Compaña cara á Illa de Ons, ao pozo do Inferno, quer dicir, ao máis alá. No mes de defuntos organÃzase o roteiro da Santa Compaña.

Pedras da Virxe da Barca. No concello de MuxÃa, onde remata o Camiño de Fisterra e MuxÃa, encontramos o santuario da Virxe da Barca, unha igrexa que foi reconstruÃda varias veces ao longo dos séculos. No ano 2013, sufriu un incendio e foi de novo reformada.
O conto di que a este cabo do mundo chegou a Virxe nunha barca de pedra para apoiar ao Apóstolo Santiago. Os restos desa barca serÃan os que coñecemos agora como Pedra de Abalar (a vela), á que habÃa que subir enriba e bambearse; a Pedra dos CadrÃs (o casco), por embaixo da cal habÃa que pasar nove veces para curar males de ril e reuma, e a Pedra do Temón (o temón). Ademais destas, a tradición engadiu a Pedra dos Namorados.
Tamén se fala da Sala do Perello, un oco entre as rochas onde dicÃan que vivÃa un xastre, e a Fonte da Pel, onde se lavaban os romeiros, moitos deles enfermos, que seguÃan o Camiño da Pel, a antiga ruta de acceso ao santuario.
O segundo domingo de setembro é a romarÃa da Virxe da Barca, e faise unha procesión até o porto de MuxÃa.

A Torre de Hércules. Dá vertixe pensar este mesmo faro, ou polo menos os seus alicerces, leva en pé orientando aos barcos desde o século II, unha das razóns pola que foi nomeado Patrimonio da Humanidade en 2009. Segundo a inscrición na base da torre, foi levantada por Gaio Servio Lupo, arquitecto de Aeminium (a CoÃmbra de hoxe). Mais, a súa orixe mitolóxica xa é outro conto…
Alfonso X dinos que Hércules acabou aquà co xigante Xerión, que soterrou a súa cabeza e que ergueu unha torre enriba (como vemos no escudo da Coruña) e, arredor dela, unha cidade. A primeira persoa en habitala, unha muller chamada Crunna, serÃa a que lle dese nome (A Cruña). Cando marchou Hércules, o seu sobriño instalou un candil cun lume que non se apagaba nunca e fixo un espello moi grande polo que se vÃan as naves inimigas.
Outra lenda, recollida no Lebor Gabála Érenn, libro sobre antigas lendas irlandesas, dinos que foi Breogán, o rei mitolóxico galego fundador de Brigantia (A Coruña), quen ergueu a torre. Desde o alto, o seu fillo Ith albiscou terra ao lonxe e tentou conquistala, mais pereceu no intento. SerÃa o fillo deste, Mil, quen acabase vingando ao seu pai e fundando Irlanda.

