Aquà chegan máis lendas! Desta volta, teñen que ver coa tumba (cal vai ser? A do Apóstolo, por suposto); dúas pontes, a do Demo e a do Pasatempo, e dous montes, Pico Sacro e Monte Pindo.
Tumba do Apóstolo Santiago. Para que un lugar se converta en centro de peregrinación fai falta unha historia ben consolidada. A historia de Compostela non se entende sen a do Apóstolo Santiago e a súa tumba.
Segundo a tradición, Santiago O Maior foi decapitado en Xerusalén por Herodes Agripa I cara ao ano 45. Como predicara en Gallaecia, os seus discÃpulos Teodoro e Atanasio decidiron traer os seus restos e enterralos aquÃ. Viaxaron con eles en barca (segundo algunhas versións, de pedra), desde o porto de Jaffa até a rÃa de Arousa e o Ulla, entrando en Iria Flavia, hoxe Padrón. Por certo, que o de Padrón ven de Pedrón, unha pedra (antiga ara romana) na que os amigos de Santiago amarraron a barca ao tomar terra.

Ao sacar o corpo da barca pousárono nunha laxe que foi tomando a forma de sartego, como se o corpo a fose modelando. O conto, con variantes, di que, buscando un sitio onde enterralo, o cargaron nun carro e, coa “axuda†da RaÃña Lupa, a xefa da zona, carretárono con dous bois até o bosque Libredón (hoxe Compostela) e déronlle sepultura.
Moito tempo despois, no século IX, un ermitán de nome Paio que vivÃa por alÃ, guiado por unha estrela moi brillante no firmamento, deu co lugar do enterramento do apóstolo, onde tamén xacÃan Teodoro e Atanasio. Despois de informar a Teodomiro, bispo de Iria Flavia daquela, e este ao rei Afonso II O Casto, empezou a correrse a voz e levantouse unha igrexa. Durante o reinado de Afonso II empezou a construÃrse unha igrexa nova e, máis adiante, outra enriba dela: a catedral.
Hoxe en dÃa, a tumba coas reliquias de Santiago, Teodoro e Atanasio está baixo o altar maior, nunha urna de prata na cripta da catedral.
A Ponte do Demo. Nun recuncho illado entre as árbores, no medio dun meandro pechado do rÃo Deza, atopamos o mosteiro beneditino de San Lourenzo de Carboeiro, do século X. A uns cen metros do edificio, hai unha ponte de orixe medieval sobre o rÃo para acceder ao mosteiro que, ademais, comunica os concellos de Silleda e Vila de Cruces. É coñecida como a Ponte do Demo. Tan preto dun mosteiro e con ese nome? Como é iso? Polo visto, a ponte orixinal era bastante feble e non resistÃa ben as enchentes do Deza, polo que os monxes tiñan que reconstruÃla continuamente. Non se lles ocorreu outra cousa que encargarlle ao Demo, que tiña sona de bo construtor, unha ponte resistente. Mais, cando se trata co Demo, sempre hai que dar algo a cambio. Neste caso, el farÃa a ponte nunha fin de semana, mais todas as almas que a cruzasen antes de rematala, serÃan para el.

Os monxes, moi astutos, adiaron a saÃda dos fregueses ese domingo, de xeito que ningunha alma ficou no poder do demo. Cheo de rabia, este quixo destruÃr a ponte mais, tan ben a fixera, que non puido. Deixou a cousa pasar porque os monxes tiñan no mosteiro o Salterio de San Cibrán, libro temido de sempre polos demos.
Cando, séculos máis tarde, soubo que o salterio fora levado a Toledo, o Demo viu o camiño libre para a súa vinganza: volveu a Carboeiro cunha tempestade tal que destruÃu a ponte totalmente, deixando o edificio illado durante unha boa tempada.
Ponte do Pasatempo de Mondoñedo. Esta ponte medieval dun arco, restaurada no século XVIII, cruza o Valiñadares polo barrio dos MuÃños de Mondoñedo. É unha ponte clave na cidade, por onde pasaba o camiño real, e que vai ligada a unha lenda que mesmo lle deixou o nome; nin se sabe como se chamaba antes.
Os feitos ocorreron o 3 de outubro de 1483. O mariscal Pardo de Cela, todo un mito na historia de Galicia, fora acusado de traizón pola coroa de Castela. Despois de tres anos de loitas na Frouseira, fora apresado coa axuda dos seus propios criados, detido na casa de Fonsa Yáñez no Castro de Ouro, en Alfoz, e condenado a morte por “cruel e poderosoâ€.

O dÃa da execución, na praza da catedral, Isabel de Castro, a dona do mariscal, tiña intención de presentarse alà cun indulto que obtivera da mesma Isabel A Católica para salvar ao seu marido da morte. Mais os cóengos da catedral, que estaban no allo, entretivérona na ponte para que o indulto non chegase a tempo.
E non chegou. O mariscal foi decapitado. Conta a lenda que, no seu rolar cadafalso abaixo, escoitóuselle dicir: “credo, credo, credoâ€.
Pico Sacro. Cos seus case 600 m, este monte do concello de Boqueixón sempre foi unha referencia para os viaxeiros e para toda a comarca do Ulla. A lenda ten moito que ver coa traslatio. Cando chegaron aquà Teodoro e Atanasio cos restos do Apóstolo, acudiron á raÃña Lupa en busca de axuda. Esta mandounos ao monte, onde agardaba que o dragón que vivÃa alà os matase. Ao encontrárense co dragón, os discÃpulos de Santiago defendéronse facendo o sinal da cruz, co que a besta se achantou. O mesmo pasou con dous bois bravos, que os acompañaron tirando do carro até Compostela. Ao comprobar o poder da cruz, a raÃña converteuse á fe cristiá e axudoulles.
Preto do cumio, na cara norte do monte, hai unha cova taponada. A lenda di que alà vive unha serpe e que, en realidade, esa non é unha cova, senón un túnel que chega ao Ulla. Preto dela, atópase a “rúa da Lupaâ€, unha fenda que se identificou coa entrada do palacio da raÃña, onde estarÃa enterrado o seu tesouro.
Sen dúbida, esta montaña significa e significou moito a través dos séculos. Ademais de encontrar lugares de lenda, hai vestixios de gravados rupestres, de mámoas e dunha fortaleza medieval. Case no cume, está a ermida de San Sebastián, do século X.
Monte Pindo. Esta montaña elévase 627 m na Costa da Morte, no concello de Carnota. Xunto coa praia de Carnota, ao seupé, constitúe o espazo natural protexido Carnota-Monte Pindo. A súa morfoloxÃa, con abundantes grupos de rochas antropomórficas, sempre deu para moito conto. Para empezar, hai quen fala do Olimpo Celta de Galicia, desde onde se renderÃa culto ao sol, e de rochas que noutro tempo foron guerreiros e personaxes celtas. Rochas con nome, como a DruÃda, que case funciona como un oráculo, pois se nos poñemos diante e facemos unha pregunta de súpeto aparécenos no pensamento a solución.

Tamén se di que outras rochas que semellan xigantes son os guerreiros da RaÃña Lupa, e que hai pedras que favorecen a fertilidade, e que por aquà pasea a Santa Compaña, e que é centro de reunión de meigas e mouras…
No monte atopamos os restos da fortaleza de San Xurxo, que tamén poderÃa ser o castelo da Lupa, con tesouro enterrado incluÃdo. No punto máis alto, na Moa, hai varias pÃas onde se acumula auga que disque é sagrada. Tamén hai un miradoiro estupendo desde o que se ve Fisterra, Corcubión, Carnota, Cee e Caldebarcos.
