Hoxe empeza unha fin de semana longa para os galegos que vén cargado de actos culturais, festas e música, moita música.
Festa do Salmón – A Estrada – 13,14 e 15 de maio
A Estrada recupera a súa tradicional festa gastronómica cunha fin de semana cargada de actividades coa gastronomÃa como protagonista.
O prato forte celebrarase o domingo, de 12:00 a 15:00 horas, coa degustación popular na Praza do Mercado.
RomarÃa Etnográfica Raigame – Vilanova dos Infantes – 17 maio
Chega o 17 de maio e as prazas e rúas de Vilanova dos Infantes énchense de postos de artesáns que ofrecen ao visitante os seus produtos e mostran o seu oficio. Unha festa chea de tradición que este ano chega á súa 19ª edición.
Percorre esta fermosa localidade ourensá e goza da ambientación das súas rúas cos artesáns, gaiteiros e bailarÃns.
XXVII Mostra de Viños da Ribeira Sacra – Pantón – 14 e 15 de maio
Este ano o certame contará coa participación de oito adegas e un bo programa de actividades durante toda a fin de semana.Â
Para maior interese lembrámosvos que o sábado terá lugar a IV Festa da Empanada, no recinto de O Castro.Â
Contará cun servizo de buses que saen de Monforte de Lemos e Escairón (O Saviñao).
Rutas do Viño – O Ribeiro – 14 e 15 de maio
Comezan os Rutas do Viño e fano na zona do Ribeiro.
Ven gozar de actividades, catas, cultura e excursións por toda a zona.Â
Consulta o programa e non perdas nada: https://www.xn--rutasviosgalicia-dub.gal/
Festival Cocidos no Camiño – LalÃn – 14 e 15 de maio
Os próximos dÃas 13 e 14 de maio celébrarase no Campo da Feira de LalÃn o Festival Cocidos no Camiño que contará coa participación de cociñeiros de primeira liña, e estará amenizado con música de Tanxugueiras e Baiuca como cabezas de cartel.
https: // concertosdoxacobeo. gal/
Concerto White Lies e Charming Liars – Santiago de Compostela
Os londinienses tocarán o domingo 15 de maio na Sala Capitol de Santiago de Compostela, a actuación enmárcase dentro do ciclo Xacobeo Importa.
