Os castros aparecen no noroeste peninsular no paso da Idade de Bronce á de Ferro, e aÃnda seguirÃan despois, nunha convivencia galaico-romana. En Galicia temos máis de 2.000 castros, que saibamos, claro. Os máis antigos son os das RÃas Baixas.
Estes asentamentos fortificados localÃzanse en lugares estratéxicos, con condicións naturais axeitadas para a defensa. Hainos no interior, no alto de pequenas colinas ou nas abas de montañas máis altas, e tamén na costa, aproveitando saÃntes no mar. Os poboados teñen varias murallas e fosos, aterrazamentos e unha “croa” central, onde están as vivendas, fornos, almacéns… Moitos teñen antecastros, con zonas de cultivo e pastoreo. Coa romanización, a poboación vai descendendo destes asentamentos e ocupando os vales.
Un dos xacementos máis grandes e mellor conservados é o de Santa Trega, na Guarda. Está no Monte de Santa Trega, a 341 m de altitude, desde onde temos vertixinosas panorámicas da desembocadura do Miño. Parece ser que tivo unha ocupación continuada entre o I a. C. e o I d. C.; emporiso, a zona xa era un lugar habitado, pois hai petróglifos de 2.000 anos antes. As primeiras excavacións datan de 1914. Os restos que se recolleron (fouces, fusaiolos, ánforas, moedas…) dan testemuño da actividade téxtil, comercial e agrÃcola. Toda a colección de pezas castrexas está no Museo Arqueolóxico do Monte, inaugurado en 1953 nun edificio de Antonio Palacios.
Outro xacemento de monte con vistas ao mar é o do Facho de Donón, en Cangas, na provincia de Pontevedra tamén. Poboado entre o IV a. C. e o II d. C. Consérvanse parte das murallas, o foso, e restos das vivendas. O máis singular son as máis de 160 aras que apareceron na mesma zona. Son da epoca romana e, polas inscripcións que presentan, pénsase que se eran usadas como exvotos adicados ao deus lar romano Berobreus. Aquà habÃa estar o seu santuario, que foi centro de peregrinación até o século III. E, máis alá: o Atlántico, as CÃes e Ons.
Baixando dos montes temos un exemplo de castro costeiro na Lanzada, en Noalla, onde o famoso banco, no concello de Sanxenxo. Está situado nunha penÃnsula, preto dos restos da Torre da Lanzada, fortaleza medieval. Sobre parte do asentamento constrÃuse a capela de Nosa MarÃa da Lanzada. As excavacións arqueolóxicas revelaron a importancia deste castro como enclave comercial na época romana e sueva. Aquà chegaban as mercadorÃas mediterráneas e se distribuÃan polas RÃas Baixas. Ademais, entre os restos, hai unha necrópole e unha factorÃa de salgadura prerromana. As pezas atopadas (cerámicas, ferramentas, etc.) están no Museo de Pontevedra.
Un dos castros máis coñecidos tamén está á beira do mar. É o de Baroña, no Porto do Son, na Coruña. Ocupa unha penÃnsula rochosa chamada a Punta do Castro, na saÃda da rÃa de Muros e Noia. Estes galaicos sabÃan ben onde instalarse: boas vistas, a carón da praia… As primeiras excavacións remóntanse a 1933. Co tempo, sacaron á luz un asentamento formado por catro zonas separadas por muros, 20 vivendas circulares e alongadas, a muralla principal, escaleiras en moi bo estado e restos de muros defensivos, fosos e fornos.Â
Seguindo na provincia da Coruña podemos achegarnos ao castro de Elviña, un dos máis grandes de Galicia. Está ao sur da capital, en San Vicenzo de Elviña, sobre un outeiro ben comunicado por mar, rÃa e terra. Foi un asentamento poboado durante moito tempo e reformado constantemente. Ten tres recintos fortificados e espazos curiosos, como a Casa da Exedra, a Fonte Cuberta, o Alxibe, o Templo Fálico ou a Casa do Tesouro, na que se atopou agochado o Tesouro de Elviña, un dos conxuntos de ouriveirÃa castrexa máis importante do noroeste peninsular. As pezas recollidas no xacemento pódense ver no Museo Arqueolóxico e Histórico do Castelo de San Antón, onde tamén se atopan materiais achados no Castro de Borneiro, situado en Cabanas de Bergantiños.
E se o de Elviña é grande, o de Sao Cibrao das Las non se queda corto. Está entre os concellos de San Amaro e PunxÃn, na provincia de Ourense, no cruce do rÃo Miño e o Barbatiño. Estivo habitado entre o II a. C. e o II d. C., sendo representativo da etapa final da cultura castrexa. Ten dous recintos amurallados, fosos e restos de vivendas. En 2014 inaugurouse o Parque Arqueolóxico da Cultura castrexa Lansbrica.Â
Un pouco máis ao sur, en Celanova, atopamos o xacemento de Castromao, sobre o monte do mesmo nome. Tivo longa presenza no tempo, entre o V a. C. e o II d. C. Conta cunha muralla de 485 m. Desde o alto, na croa, temos boas vistas das Terras de Celanova e A Baixa Limia. Nas excavacións atopáronse figuras, moedas e pezas únicas, como o famoso trisquel calado de Castromao. Todo isto está no Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense. Nas proximidades do asentamento recreouse un poboado castrexo do barrio da Tábula de Castromao.
A Terra Chá, en Lugo, é unha zona chea de restos arqueolóxicos, cunha toponimia que fala por sà mesma. Un dos mellores exemplos, en Castro de Rei, é o xacemento de Viladonga. As transformacións do asentamento fálannos dunha ocupación entre o III a. C. e o V d. C., de moita importancia nos séculos II e V d. C. É un exemplo da evolución dos castros e do rural na etapa romana. As excavacións comezaron en 1971. En 1983 o MEC creou o Museo do Castro deViladonga, que desde 1990 xestiona a Xunta.
