Seguro que estamos acostumados a ver hórreos dun nun, preto das casas ou das igrexas, mais ás veces atopamos grupos de hórreos en zonas aireadas, en pendentes, preto de camiños, ou case á beira do mar. Nalgunhas aldeas, as casas están moi xuntas, e esta é unha fórmula para que os produtos que se conservan teñan ventilación abonda. Moitas veces, estes campos de hórreos, os eirados, funcionaban cun sistema de quendas, como pasaba cos muÃños. Noutras ocasións, xa co desuso dos hórreos e debido a cambios no urbanismo das vilas, son doados polos veciños, para aforrar espazo e evitar a súa deterioración. En todos os casos, son unha valiosa testemuña da nosa tradición.
Mais, onde se atoparán os maiores grupos de hórreos? Nas catro provincias hai bos exemplos, aquà temos 10 conxuntos de categorÃa:
- A Merca (Celanova, Ourense). Estamos ante a concentración de canastros, que é como lle din nesta zona, máis grande de Galicia. Até que non se teñen diante, custa imaxinalos, pois son nada menos que 34, todo un bosque de canastros. Están nunha pendente no Camiño da Feira. Neste caso, a disposición en conxunto débese á doazón dos veciños nos anos 70 do século pasado. Están rehabilitados e, desde hai anos, podemos gozar da área de lecer e o parque infantil que instalaron a carón deles.
- Combarro (Poio, Pontevedra). En Combarro hai moito hórreo, que na zona chaman palleira. Case todos están esparexidos pola vila, mais xusto na liña da costa, bañados pola rÃa de Pontevedra, atopamos unha ringleira deles, tan ao bordo que, cando hai preamar, a auga lles molla os pés. Uns 30 están dispostos deste xeito. Se os sumamos ao resto da vila, tan ben conservada, temos unha estampa memorable.
- Piornedo (Cervantes, Lugo). Estes horros (os hórreos alÃ) están en plena montaña, nos Ancares, a máis de 1.000 metros, na parroquia de San Fiz de DonÃs. AquÃ, tradicionalmente, as casas vellas (as pallozas) teñen un horro. Nesta zona son de planta cadrada, elevados sobre catro piares, con cámara de madeira e cuberta de palla. Son semellantes aos asturianos, agás que estes últimos teñen galerÃa. Ademais de para almacenar gran, usábanse para gardar carne de porco, pan, roupa…
- Quins (Melón, Ourense). Estes están situados nun outeiro no centro da aldea. Hai 24 canastros, o nome da zona, dispostos nun grupo de 10 e outro de 14, xunta un viacrucis e á igrexa. Entre os dous grupos, tres cruceiros, lembrando as cruces do Calvario. Os canastros son mixtos, de madeira e pedra, algúns de catro pés e outros de seis. A cuberta é de tella, e non se conservan cruces nin adornos.
- Amoeiro (Ourense). Na praza do Campo da Igrexa, fronte á igrexa e á reitoral, na outra beira da estrada, a carón do cruceiro, agrúpanse 12 canastros. Non son todos iguais, algúns deles teñen estrutura mixta, con pedra e madeira, e outros teñen a cámara toda de madeira, e hainos con cepas en pedra e outros con pés. Doutra banda, uns están restaurados e outros moi deteriorados.
- Zorelle (Maceda, Ourense). Aquà falamos de cabaceiros. Xúntanse 7 a carón da igrexa de Santiago de Zorelle. Todos teñen pés de pedra e cámara de madeira, menos un, que conta con pedra na cámara tamén. A cuberta, de tella do paÃs. A maiorÃa foron rehabilitados.
- Barroso (Avión, Ourense). Nunha zona ben aireada na parroquia de Santa Baia, no lugar de Barroso, xúntanse até 29 hórreos. Son todos de pedra e madeira. A diferenza da maiorÃa, o tellado, a dúas augas, tamén é de granito. Despensa máis fresca non hai!
- Eira Grande (Cercedo-Cotobade, Pontevedra). Na parroquia de Santo Estevo de Pedre, de tradición de canteiros, xa o vemos polo nome, atopamos este conxunto de 8 canastros, a carón da igrexa barroca e dos cruceiros. Todos son de madeira e pedra, con cuberta de tella ou pedra. Trátase de hórreos de tipo amaián, con cámara mixta e apoiados en cepas. Preto desta eira está a Eira do Pallal, con 5 canastros máis, onde se mallaba o centeo.
- Eira da Ermida (Cercedo-Cotobade). Sen saÃr do concello de Cercedo-Cotobade, no val do rÃo Queireza, preto da igrexa dos Remedios, da fonte, do cruceiro e dos restos dun pombal, achamos este conxunto de 12 canastros.
- Bornalle (Muros, A Coruña). Na parroquia de Abelleira, hai 22 hórreos en pequenos grupos. Están nun campo a pouca distancia da praia de Bornelle, ao fresco do vento mareiro. Case todos son de tipo Noia, con perpiaños de granito e fendas horizontais. A maiorÃa carece de adornos no cume das sobrepenas.
