Galicia conta con seis Parques Naturais e un Nacional. Estas zonas protexidas, ademais de ser vitais para o medio ambiente, son os mellores destinos para desconectar da vida urbana e gozar da nosa natureza. Vexamos que nos ofrecen.
As Fragas do Eume exténdense en 9.125 ha na comarca do Eume, polos concellos de Cabanas, A Capela, As Pontes de GarcÃa RodrÃguez, Monfero e Pontedeume.Â
AquÃ, o Eume discorre no seu tramo final, ao longo dun canón rodeado de bosque. Este é o bosque atlántico costeiro mellor conservado de Europa, no que predominan os carballos, castiñeiros, salgueiros, érbedos, umieiros e bidueiros. Entre a flora miúda, moito musgo e felgo, do que persisten até 28 especies que se remontan á época dos dinosaurios. Destes non quedan, mais podemos ver xabarÃns, martas, teixos, bufos…
Entre as fragas atopamos o mosteiro de Caaveiro, o de Monfero e a ponte medieval de Santa Cristina. O Parque ten oito rutas de sendeirismo, centros de interpretación, museo etnográfico, embarcacións, miradoiros, pontes colgantes, áreas recreativas e, por se nos faltan os folgos, servizo de autobuses.
Complexo dunar de Corrubedo e lagoas de Carregal e Vixián localÃzase entre as rÃas de Arousa, Muros e Noia, no concello de Ribeira. Abrangue 996 ha.
Nel atopamos a duna móvil máis grande do noroeste peninsular. Non se pode pisar a area, por mor da conservación, mais sà andar polos camiños feitos polo parque adiante. As areas que podemos pisar son as das praias de Ladeira e a de Vilar, que van seguidas, cabo da duna.Â
No parque tamén están a lagoa de Vixián, de auga doce, e a de Carregal, de auga salgada. Nos humedais habitan máis de 250 especies vexetais e gran variedade de fauna, sobre todo aves acuáticas, que teñen observatorio propio. Ademais hai dous miradoiros: o da Pedra da Rá e o do Castro da Cidá. Na zona hai restos de castros, muÃños e fornos de tella do século XIX.
E non esquezamos que aquà se sitúa a lendaria cidade de Valverde, afondida baixo a area e o mar, e motivo de historias fantásticas de reis, princesas, mouros… e até do Apóstolo.Â
O Invernadeiro está no concello de Vilariño de Conso, na provincia de Ourense. Exténdese pola zona montañosa ao sur do Macizo Central, sulcada polos rÃos Ribeira Grande e Ribeira Pequena, ocupando 5.722 ha.
A paisaxe é rica en bosques de carballos, acivros, ameneiros, freixos…, bosques de ribeira nos vales e vexetación baixa, como matogueira ou fieitos. Especies que fan que as estacións pinten todo de cores distintas. Moitos animais teñen aquà o seu fogar: corzos, cervos, aguias reais, bufos reais, troitas…
O parque ten Aula da Natureza, Centro ictioxénico eseis rutas de sendeirismo. Entre o patrimonio humano do pasado: muÃños, barrios de carboeiros, restos da Papeleira Española…
Baixa Limia-Serra do Xurés é o Parque Natural máis grande, con 29.345 ha. Xunto co Parque Nacional Peneda-Gerês, conforma o núcleo da reserva da Biosfera Transfronteiriza Gerês-Xurés. Exténdese na “raia seca” con Portugal, nos concellos de Bande, A Vila, MuÃños, Lobios e Calvos de RandÃn.
Ao ser tan grande, hai un pouco de todo: moita montaña, rÃos, encoros, augas termais, uceiras, turbeiras, rochedos e bosques. O clima da zona, entre oceánico e mediterráneo, propicia unha estraña variedade de especies vexetais, como o azareiro. Avanzada a primavera florece o lirio do Xurés, en perigo de extinción.
Hai numerosos monumentos megalÃticos, castros, e vestixios romanos, como os miliarios da VÃa Nova ou o Campamento Aquis Querquennis, en Bande.
CaracterÃsticos da zona son os bolouros granÃticos, de orixe glaciar, tamén presentes no medio das aldeas, como en Salgueiro, a primeira aldea medioambiental de Galicia.
Para aproveitar mellor a visita dispoñemos de once miradoiros e once rutas sinalizadas.
A Serra da Enciña de Lastra está na comarca de Valdeorras, e ocupa 3.152 ha. O nome fai referencia á unha gran árbore que servÃa de guÃa aos viaxeiros. Aquà están os picos máis altos de Galicia, como Pena Trevinca ou Cabeza Grande de Manzaneda.
Con tanta montaña resulta ideal para a espeleoloxÃa, o alpinismo e o esquÃ. Hai máis de cen covas, aquà chamadas “palas”, como a da Zorra, a máis grande, ou a da Campá, famosa polo seu eco. E moitÃsimos morcegos nelas. Outra curiosidade da zona é a presenza de rochas calcáreas.
Abeira a maior comunidade de nidificantes de Galicia. En canto á flora: salgueiros nas ribeiras do Sil, soutos de castiñeiros na contorna das aldeas, e matogueiras de montaña, con especies mediterráneas como ourego ou tomiño.
Ten nove miradoiros e dez sendas acondicionadas e sinalizadas.
Monte Aloia, que hai quen dà que se trata do mesmo Monte Medulio, foi o primeiro en recibir o tÃtulo de Parque Natural de Galicia, en 1978. É o cumio máis ao sur da Serra do Galiñeiro, e pertence ao concello de Tui. Conta con 746 ha.
Ademais de moito arbusto, carballeiras, sobreiras… en 1910 houbo unha reforestación con distintas especies exóticas. E ollo, que podemos atoparnos con cabalos bravos. Entre o patrimonio arqueolóxico destacan a muralla ciclópea, o castro do Alto dos Cubos, varias mámoas e petróglifos.Â
Conta cun Centro de Interpretación e cinco miradoiros sobre o val do Miño e a RÃa de Vigo.
As Illas Atlánticas son Parque Nacional marÃtimo-terrestre desde 2002. Son os catro arquipélagos das RÃas Baixas: Cortegada e Sálvora na RÃa de Arousa, Ons fronte á de Pontevedra e as CÃes, pechando a RÃa de Vigo. Entre todos abranguen 8.480 ha, 1.200 terrestres e o resto mariñas.
Na parte orientada cara ás rÃas, presentan a cara máis doce, con praias paradisÃacas e, na parte que mira ao Atlántico puro e duro, o lado máis granÃtico.
Todas estas illas son zonas de reserva para a crÃa das aves mariñas. As máis abundantes son a gaivota patiamarela e o corvo mariño cristado. A illa de Sálvora, rica en lendas, é reserva total; a de Cortegada é famosa polo seu bosque de enormes loureiros; a de Ons, a única habitada, ten moitas furnas e moito polbo; e nas CÃes, as máis visitadas, está “a praia máis bonita do mundo”, segundo The Guardian.
