As mulleres ocuparon, tradicionalmente, as marxes dos libros de historia e as súas vidas e logros foron moitas veces esquecidos ou silenciados. Pero o recordo dalgunhas delas logrou atravesar as brumas do paso do tempo para permitirnos entrever relatos e traxectorias capaces de espertar o noso asombro. Que mellor que celebrar o 8 de marzo achegándonos a oito galegas que foron protagonistas da historia séculos atrás.
Â
ExeriaÂ
Século IV
As certezas sobre a súa identidade e as súas orixes son escasas, pero a tese que máis acordo suscita apunta a que esta peregrina e escritora que viviu no século IV naceu na provincia romana de Gallaecia, que abarcaba os actuais territorios de Galicia, Asturias, Zamora, León e o norte de Portugal. A súa importancia radica no feito de realizar entre os anos 381 e 384 unha viaxe desde Europa ata Xerusalén e, sobre todo, en deixar testemuño por escrito do seu periplo. O seu “Itinerarium ad Lola Sanctaâ€, o volume no que dá conta de distintos aspectos relacionados cos lugares que foi visitando e coas xentes que se foi topando, está considerado como o primeiro libro de viaxes escrito na PenÃnsula.
Â
MarÃa A Balteira
Século XIII
O seu oficio de soldadeira (muller que cantaba e bailaba cos soldados durante as campañas de guerra) e os testemuños satÃricos que dela deixaron os autores de varias cantigas deformaron os ecos que chegaron ata os nosos dÃas desta muller nada no municipio coruñés de Coirós no século XIII. Pero polo menos permitÃronnos saber que MarÃa Pérez, A Balteira, frecuentou as cortes dos monarcas Fernando III O Santo e Alfonso X O Sabio, estivo nas Cruzadas e mesmo formou parte dalgunha misión negociadora secreta diante dos caudillos árabes do sur da PenÃnsula. As cantigas poñen o acento no aspecto máis frÃvolo da súa existencia, pero describen tamén a unha muller de carácter que rompÃa coas regras establecidas.
Â
MarÃa Castaña
Século XIV
Convertido nunha expresión popular para referirse a tempos moi afastados, o nome de MarÃa Castaña remÃtenos a unha muller á que os libros de historia tampouco fixeron xustiza. Sábese que encabezou unha revolta popular no ano 1386 contra os abusos que sufrÃan os labregos por parte do Bispado de Lugo, segundo a teorÃa máis aceptada, ou contra os señores feudais que querÃan desposuÃlos das súas terras. Hai quen sostén tamén que puido tomar parte nas disputas territoriais propias da época coa monarquÃa portuguesa, aÃnda que o documento máis antigo no que se menciona só fai referencia aos delitos que cometerÃa contra a Igrexa lucense e á multa que lle foi imposta.Â
Â
MarÃa Soliña
1551-comezos do século XVII
Esta veciña de Cangas traxicamente xulgada e condenada pola Inquisición é o sÃmbolo da inxustiza que, do mesmo xeito que ela, sufriron outras mulleres da época. A súa desdita ten relación directa co ataque que a localidade sufriu en 1617 por parte duns piratas turcos e coa situación de pobreza que se xerou a continuación. Baixo unha falsa acusación de bruxerÃa foi detida e, tras conseguir a súa confesión mediante tortura, foi desposuÃda de todos os seus bens e dos dereitos que tiña sobre os beneficios económicos das igrexas de Aldán e Moaña.Â
Â
MarÃa Pita
1565-1643
Elevada á categorÃa de heroÃna e gran protagonista da historia coruñesa, MarÃa Pita (o seu nome real era Maior Fernández da Cámara e Pita) debe a súa celebridade ao papel que desempeñou para defender a cidade do ataque que as tropas inglesas comandadas por Francis Drake realizaron no ano 1589. Contan as crónicas que tras varios dÃas de asedio os invasores lograron abrir unha brecha nos muros da Cidade Vella para enfrontarse a un continxente defensivo formado por soldados e veciños, entre eles numerosas mulleres. MarÃa Pita plantou cara a un alférez inglés que portaba unha bandeira, e tras arrebatarlle a insignia encabezarÃa a exitosa contraofensiva coruñesa ao berro de “Quen teña honra, que me sigaâ€.
Â
Isabel Barreto de Castro
1567-1612
Isabel Barreto de Castro, nacida en Pontevedra e emigrada a Perú sendo aÃnda nena, forma parte da historia da navegación mundial por ser a primeira muller en ostentar o cargo de almirante. Casada co navegante Ãlvaro de Mendaña, Barreto acompañouno na expedición que este iniciou no ano 1595 con destino ás Illas Salomón, arquipélago que o propio Mendaña descubrira case tres décadas antes. No transcurso desa segunda viaxe descubriron as Illas Marquesas antes de chegar ao seu destino. Xa nas Salomón, Mendaña enfermou gravemente de malaria e antes de morrer decidiu nomear á súa esposa gobernadora e ao irmán desta, Lorenzo Barreto, almirante da expedición. Pero a morte de Lorenzo poucos dÃas despois tras ser alcanzado por unha frecha envelenada obrigou a Isabel a asumir tamén o almirantazgo. à fronte xa da expedición, poñerÃa rumbo a Filipinas, onde volverÃa contraer matrimonio e desde onde organizarÃa unha nova viaxe cara a América.
Â
Pepa A Loba
Século XIX
En poucos casos resulta tan difÃcil discernir entre lenda e realidade como no de Pepa A Loba. A súa existencia está amplamente arraigada na cultura popular, aÃnda que a súa presenza en distintos puntos de toda Galicia e os distintos comportamentos que as historias gardadas no imaxinario colectivo lle atribúen (cruel e vengativa, nuns casos, e compasiva cal Robin Hood noutros) fan que mesmo se dubide se existiu unha soa Pepa A Loba ou se o mito que hoxe coñecemos é a suma de varias bandoleiras diferentes. Concepción Arenal menciónaa nunha carta ao falar das súas visitas á prisión da Coruña, pero pouco máis se sabe de certo dela. O relato máis difundido conta que debe o seu nome ao feito de plantar cara a un lobo cando sendo aÃnda nena pastoreaba ovellas.
Â
RosalÃa de Castro
1837-1885
A súa proximidade no tempo, a súa importancia capital no Rexurdimento da cultura galega e o seu legado literario propician que a figura de RosalÃa de Castro sexa a máis coñecida, estudada e difundida de cantas integran esta pequena lista. Boa proba da súa importancia é o feito de que os responsables da Real Academia Galega decidisen adoptar o 17 de maio como dÃa as Letras Galegas en conmemoración da data (17 de maio de 1863) na que foi publicada unha das obras cume de RosalÃa, “Cantares galegosâ€. As paisaxes e as súas xentes, o orgullo polo propio e a denuncia das inxustizas e da pobreza son algúns dos temas que percorren os versos da poetisa e que propicia que o seu legado siga florecendo case un século e medio despois da súa morte.
