Mellor Cociñeiro de Tapas de Galicia: Rubén González de “El Cafetín de la Alameda”. Pontevedra

A Rubén González a cociña vénlle no sangue. Naceu nunha familia de oficio hostaleiro e curtiuse en fogóns coma os do Parador de Baiona ou o Cenador de Salvador Gallego, en Madrid. Decidiu volver á cidade do Lérez e, xunto coa familia, converteu El Cafetín nun dos lugares de referencia para os foodies da cidade.

Gañador do concurso Pontetapas nos últimos 6 anos, para Rubén “gañar é vivir no recordo do cliente, dános presenza de forma máis constante e a xente sempre se acorda de nós”.  Na edición de 2023 do Mellor Cociñeiro de Tapas por Galicia, o pontevedrés enfrontarase aos outros seis cociñeiros con Vacalao Do crú ao cociñao, da que durante o concurso local serviu máis de 2.000 tapas. O prato é unha homenaxe á vaca e ao bacallau e ten dúas alturas: a superior con vaca madurada e bacallau marinado  e unha inferior que é un mosaico cos mesmos produtos cociñados e un caldo de tenreira con cogomelos. O mosaico é inspiración da cociña escandinava, e foi unha apetencia persoal de Rubén.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *