Hai cousas que anuncian que o outono xa está aquÃ: os dÃas comezan a ser máis curtos, os bosques cambian pouco a pouco de cor e volven as ganas de gozar da cociña de tempada. E hai unha tradición que leva xa 20 anos poñendo sabor a esta época do ano en Galicia: o Outono Gastronómico.
Do 18 de setembro ao 20 de decembro de 2026, Turismo de Galicia celebra a 20.ª edición desta proposta, que combina gastronomÃa, turismo rural e uns dÃas para desconectar. En total, participan 71 casas de turismo rural repartidas polas catro provincias.
AÃnda non sabes como funciona? Contámoscho.
Unha mesa con sabor a Galicia
A proposta máis sinxela é o Menú Outono Gastronómico, que por 40 € por persoa inclúe entrante, primeiro prato, segundo prato, sobremesa e viño con Denominación de Orixe galega.
Cada establecemento ofrece a súa propia proposta gastronómica, asà que podemos aproveitar para descubrir diferentes sabores e produtos de Galicia mentres coñecemos novos recunchos do noso territorio.
E se despois de comer non nos apetece coller o coche de volta, temos outras opcións.
Unha escapada gastronómica
O Paquete Outono Gastronómico combina o menú con unha noite de aloxamento —venres ou sábado— e almorzo.
O prezo é de 115 € para unha persoa en habitación individual ou 175 € para dúas persoas en habitación dobre.
Para quen prefira gozar de toda a fin de semana está a opción de Fin de Semana Outono Gastronómico, que inclúe dous menús, dous almorzos por persoa e dúas noites de aloxamento, as do venres e o sábado.
O prezo é de 175 € para unha persoa en habitación individual e 275 € para dúas persoas en habitación dobre.
Tamén en familia
O Outono Gastronómico tamén ten propostas para familias con menores de ata 14 anos. A opción de Fin de Semana Familiar inclúe menús para adultos e nenos, dúas noites de aloxamento e almorzos.
Hai dúas modalidades:
- 2 adultos + 1 menor: 325 €.
- 2 adultos + 2 menores: 375 €.
Unha boa oportunidade para descubrir en familia as paisaxes, vilas e actividades do rural galego.
Outono Plus: aÃnda máis experiencias
E para quen queira aproveitar aÃnda máis a escapada, algúns establecementos ofrecen Outono Plus, unha modalidade que permite complementar a estadÃa con actividades relacionadas coa natureza, a cultura, o deporte ou o enoturismo.
A oferta depende de cada establecemento, asà que convén consultar as propostas dispoñibles á hora de facer a reserva.
20 anos, moitos outonos por gozar
Pasaron xa dúas décadas desde a primeira edición e o Outono Gastronómico segue propoñendo unha combinación que nunca pasa de moda: comer ben, descansar e descubrir Galicia.
Ata o 20 de decembro temos tempo para escoller a nosa casa rural, reservar o noso menú e preparar unha escapada.
Porque o outono pode gozarse de moitas maneiras. E unha das mellores é facelo arredor dunha mesa, en boa compañÃa e nalgún dos recunchos rurais de Galicia.
Apúntaste a celebrar os 20 anos do Outono Gastronómico?
Consulta aquà os establecementos participantes e todas as propostas do 20.º Outono Gastronómico.
