Mellor Cociñeiro de Tapas de Galicia: Álvaro Pérez de “ArteSana Gastrobar”. Santiago de Compostela

Nado en Dodro (A Coruña), Álvaro Pérez pasou por algunhas das cociñas máis prestixiosas e recoñecidas da península e do continente, como a de El Bulli de Albert e Ferrán Adrià ou a do Hostal dos Reis Católicos. Álvaro di que a súa cociña non é conceptual, senón máis ben sensible e que naturaliza para que as persoas se sintan cómodas. Non só para os comensais, tamén detrás dos fogóns. Chegou a Compostela seguindo os pasos do seu irmán, quen tamén cursou un ciclo na Escola de Hostalería.

Hai dez anos, cando tiña 25 e logo do seu paso profesional por outras cociñas de moita sona, decidiu abrir ArteSana Gastrobar. «Non é un local ao que se vai adorar á estrela de rock», asegura. A orixe da súa proposta garda relación coa procura dalgo memorable e ofrece, baixo o seu punto de vista, unha experiencia completa ao ser saborosa, impactante visualmente e con narrativa. «A comida é unha maneira de comunicarte cos teus clientes», afirma. A idea xurdiu no marco dun ano Xacobeo prolongado. O petisco, Queixo, leva dous dos elementos gastronómicos que máis gustan aos peregrinos que veñen visitar Galicia: torta de améndoa tradicional, nata e, por suposto, queixo fresco.

“Cando estás metido no sector, sempre es máis esixente, pero creo que agora mesmo somos un oasis dentro de España. Somos un sitio para descubrir, porque aínda temos ese romanticismo endémico de Galicia: non somos unha meseta plana, temos ríos, vales e bosques, e produtos e pequenos produtores marabillosos”, conclúe Álvaro.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *