Mellor Cociñeiro de Tapas de Galicia: Álvaro Villasante de “Paprica”. Lugo

Natural de Palas de Rei (Lugo), Álvaro Villasante ten unha ampla traxectoria profesional desenvolta a cabalo entre Lugo e Lleida, Tenerife, Miami e Barcelona, onde tivo a oportunidade de traballar con grandes da cociña como Sergi Arola e Anxo Palacios en “A Broche” (Miami); Gonzalo Tamames no “Recuncho de Gonzalo” (Tenerife); Ramón Freixa, en “Racó d´en Freixa” (Barcelona); e Óscar Sabate, en “Eth Taro” (Val d’Arán). Finalmente, as aspiracións de Álvaro levárono a abrir o seu propio establecemento na cidade das murallas no ano 2007. A utilización de produto ecolóxico e de proximidade e o equilibrio entre unha gastronomía moderna e unha gastronomía tradicional, son os principais sinais de identidade da súa cociña.

O seu Bonito, morrón, cebola e paixón. Que ricos de sabor! ten como base un bonito do norte mariñado, servido cunhas ceboliñas asadas e un xugo de pementos asados, froita da paixón e tenreira. Despois foron enlazando produtos e a través da intuición, a súa ferramenta chave, desenvolvendo a combinación de sabores.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *