As orixes do Castelo de San Antón, na Coruña, remóntanse ao s. XVI e desde entón as súas funcións non deixaron de evolucionar. Pasou de ser refuxio de mariñeiros enfermos, fortaleza medieval e prisión a converterse no que é hoxe en dÃa, Museo Arqueolóxico e Histórico da cidade coruñesa. Un lugar emblemático desde o que podemos gozar dunhas vistas espectaculares da baÃa ou de paseos a pé de costa.
Inicialmente, antes de converterse en fortaleza, esta pequena illa servÃa como acubillo dos mariñeiros en corentena que chegaban enfermos das súas longas viaxes en barco. Na ‘Illa de Pena Grande’ -como era coñecida- atopábase unha capela dedicada a Santo Antón que, posteriormente e baixo a recomendación de Carlos I de España e V de Alemaña verÃase rodeada dunha fortaleza. O monarca, que detectara a mala estrutura defensiva da cidade, recomendou a construción de tres fortes na baÃa (Santa Cruz, San Diego e Santo  Antón) que impedisen -ou polo menos resistisen- os ataques dos invasores.
A pesar de todo, a obra non se puxo en marcha ata 1588 aproximadamente. AÃnda en construción, o forte tivo que soportar o ataque da ‘Invencible Inglesa’ ao mando de Drake e Norris. O sistema defensivo da Coruña foi incapaz de poñer freo aos asaltantes británicos, que finalmente foron derrotados por un levantamento popular encabezado pola ilustre MarÃa Pita.
Este episodio acelerou as obras que se terminaron definitivamente dez anos máis tarde, en 1598. Con todo, no s. XVII volvéronse producir máis ataques que convenceron ao capitán xeral de Galicia de reformar as instalacións, engadindo -entre outras cousas- un bonete con capacidade para tres pezas de artillerÃa, dous corpos contiguos á capela e casamatas. Entre os  s. XVII e s. XX continuáronse incorporando melloras. As instalacións iniciais fóronse modificando a medida que evolucionou o uso das mesmas. Destacan nesta etapa, a construción da pasarela que une a illa con terra firme, o levantamento da Casa do Gobernador e a retirada da inicial capela.
Ao longo deste perÃodo, o castelo servÃa tamén como cárcere para delincuentes comúns e presos polÃticos. Entre eles podemos lembrar algúns personaxes mÃticos como Alessandro  Malaspina, acusado de alta traizón por Godoy e que cumpriu 6 anos entre reixas; Juan DÃaz Porlier ‘El Marquesito’, férreo defensor do liberalismo foi condenado a 4 anos de cadea; Rafael Melchor de Macanaz, un dos ministros de Felipe V perseguido pola Inquisición por defender a proposta de reducir o seu poder e; por suposto, os represaliados na ditadura franquista.
Finalmente en 1964, créase o Museo Arqueolóxico e Histórico da Coruña, que non se inaugura ata catro anos despois, tras someterse a un reacondicionamento que incluÃu a demolición dos edificios e os peches que se atopaban fronte á entrada principal. Por outra banda, construÃronse novas ramplas de acceso ao embarcadoiro e cara ao corredor que conecta coa cidade; substituÃuse o cadeirado de diferentes puntos das instalacións e recubrÃronse os pavimentos orixinais con canterÃa máis uniforme.
Como vimos, a historia que existe detrás deste Monumento Histórico-ArtÃstico é ampla e actualmente poderÃa dicirse que é un dos puntos de interese turÃstico que non poden faltar nas visitas á cidade herculina. Atópase nunha excepcional localización e conta cunha ampla colección de arte medieval, cultura castrexa, pezas de ourivarÃa protohistóricas -e moito máis- que non te podes perder. Ademais, a visita ao castelo permite contemplar de forma simultánea o contido (exposicións, coleccións, etc) e a propia arquitectura do castelo.
Despois deste percorrido histórico, a parada nos XardÃns de San Carlos, próxima ao Castelo de San Antón, é obrigatoria. Coñecidos como a Fortaleza Vella, están protexidos por unha gran muralla que serviu como defensa para a cidade. Trátase dun xardÃn romántico que, ademais de chamar a atención polas súas árbores centenarias e polo monumento fúnebre dedicado a John Moore (soldado británico morto na Batalla de Elviña contra os franceses), ofrece unha panorámica do porto inigualable. Está claro que A Coruña esconde lugares incribles tralos seus muros.
