Máis dun século despois das palabras da aristócrata e novelista Emilia Pardo Bazán (1851-1921), nunha monografÃa sobre o futuro da Illa da Toxa para o boletÃn ‘La ilustración artÃstica’ en 1899, lembramos a lenda arredor da orixe dunha das zonas mineromedicinais máis ricas e coñecidas de Galicia. A Illa da Toxa, no municipio pontevedrés do Grove, é hoxe en dÃa un dos destinos turÃsticos por excelencia da Comunidade galega. Pero o certo é que non sempre foi asÃ.
Inicialmente coñecida como Louxo, a illa atopábase deshabitada e non suscitaba ningún tipo de interese nos seus veciños -posiblemente por estar rodeada de auga-. Non foi ata principios do s.  XIX cando se comezou a pensar no proveito económico que a zona podÃa ofrecer. Conta a lenda que, un burro doente foi abandonado polo seu dono na illa durante meses. A sorpresa foi que ao regresar, atopouse cun animal completamente san e recuperado das úlceras que sufrÃa.
“O Colón deste novo mundo de saúde foi un borrico. Un verdadeiro borrico, cuadrúpedo, cuberto de mataduras e de tiña, ao que abandonaron, por non desconxuntalo, na illa deserta. E ao cabo dalgúns meses cal serÃa a sorpresa do dono ao atopar, no canto dun esqueleto, un burro san, saltando, co pelo tan relucente que envexarÃa a cabalgadura de  Sancho Panza. O animal rolou nas saudables lamas. As súas feridas desapareceron.†Â
(Pardo Bazán, 1899)
Asà relataba a escritora galega o poder medicinal das augas da illa que, co tempo, foron atraendo a cada vez máis veciños e visitantes para tratar diferentes enfermidades. O Gran Hotel La Toja, pola súa banda, non foi inaugurado ata o ano 1908 e, aÃnda que nos seus comezos, só era posible acceder a el en barco, hoxe en dÃa é o lugar perfecto para gozar dos beneficios das súas augas termais.
Na actualidade, ademais do propio balneario, un dos lugares que máis interese esperta entre os que pasan pola illa, é a gran parcela onde se atopan tres burros ‘fariñeiros’. Emilia, Pardo e o seu descendente Bazán forman parte dun proxecto do concello que pretende contribuÃr á preservación dunha especie que formou parte do dÃa a dÃa de moitos galegos e por suposto para manter viva a lenda que impulsou a actual actividade termal de Illa da Toxa.

Pasear entre os xardÃns que rodean a Ermida da Toxa -máis coñecida como ‘a capela das cunchas’- ou coñecer en profundidade a rÃa cun paseo en catamarán son algunhas das principais apostas da zona. Pero non podemos esquecer un dos recunchos máis divertidos, a aldea dos Grobitts no Monte da Toxa. Un pequeno poboado que lembra aos imaxinarios personaxes de sagas como ‘O señor dos aneis’ ou ‘O Hobbit’. Casas en miniatura  semienterradas, un pozo máxico e un parque para os máis pequenos pódense visitar a calquera hora e de forma gratuÃta durante todo o ano.
Tal e como vaticinaba Emilia Pardo Bazán, a Illa da Toxa converteuse finalmente en “unha illa na rÃa de Arousa cuxa galanura e beleza fixéronse proverbiais xa en España”.
