BASES SORTEO GALICIA ILUSIONA

1.- EMPRESA ORGANIZADORA DA PROMOCIÓN

A empresa GALICIA ILUSIONA S.L. con domicilio en R/ALCALDE JAVIER RODRIGUEZ PAPMPIN 35 BAIXO  e  C.I.F. B09779398 (en diante, “A Empresa Organizadora”) contratada pola Axencia Turismo de Galicia  con domicilio en Estrada Santiago-Noia, km.3 15897 de Santiago de Compostela e C.I.F Q-1500394- J, organiza con fins promocionais o sorteo (en diante, “a promoción”) de ámbito nacional, a desenvolver a través de Internet, exclusivo para usuarios maiores de idade de acordo con o disposto no apartado de condicións para participar.

2.-DATA DE INICIO E DATA DE FINALIZACIÓN

 A promoción iniciarase ás 12:00 horas do día 3  de outubro  e finalizará o día 5 de outubro ás 12:00 horas.

Convocaranse 3 premios en 1 concurso, que  se anunciarán o día 5 de outubro.

Cada convocatoria de concurso estará activa 48 horas desde o momento da súa publicación.

3.- REQUISITOS DE PARTICIPACIÓN E MECÁNICA DA PROMOCIÓN

 Os requisitos de participación serán os seguintes:

  • Poderán participar, de forma gratuíta e voluntaria, aquelas persoas que residan en España e sexan maiores de 18 anos, previamente rexistradas na rede social de lnstagram cun único usuario real e que sigan á Axencia Turismo de Galicia e a Galicia Ilusiona.
  • A mecánica da Promoción en lnstagram consiste en mencionar dúas contas de Instagram.
  • Non poderán participar nesta promoción os traballadores da Axencia Turismo de Galicia nin os seus familiares de primeiro grao, así como os provedores relacionados con esta entidade pública.
  • Repartiranse un total de 3 premios non acumulativos. Cada gañador só poderá ser premiado unha vez.

4.- CONDICIÓNS DA PROMOCIÓN E PREMIOS

 Elixiranse aleatoriamente 3 gañadores de 1 entrada dobre para unha das galas de Galicia Ilusiona.

Do mesmo xeito elixiranse 3 suplentes para o caso de que o gañador non responda no prazo de 24 horas a contar desde a data e hora da publicación do resultado do concurso e do envío da mensaxe no que se lle comunica que resultou gañador/a.

Poderase elixir calquera das galas.

5.- MECÁNICA DA PROMOCIÓN

 A elección dos gañadores efectuaras ao día seguinte do lanzamento  do sorteo e de xeito aleatorio, a través de una plataforma aleatoria de sorteos, entre os participantes que:

  • Mencionen dúas contas
  • Sexan seguidores da conta de lnstagram da Axencia Turismo de Galicia e Galicia Ilusiona.
  • Dean “like” á publicación do

O concurso realizarase no lnstagram da Axencia Turismo de Galicia en colaboración coa conta de Galicia Ilusiona.

Do mesmo xeito elixiranse 3 suplentes para o caso no que algún dos gañadores non responda no prazo de 24 horas -a contar dende a data e hora da publicación do resultado do concurso na conta de Axencia Turismo de Galicia e do envío da mensaxe no que se lle comunica que resultou gañador/a-. A Axencia Turismo de Galicia poderá publicar na súa conta de lnstagram os gañadores de cada concurso e enviará unha mensaxe directa informándolles do premio e solicitando a súa identificación.  Os gañadores terán que comunicar a aceptación do premio nas 24 horas inmediatamente posteriores á publicación dos gañadores e envío da mensaxe por parte de Galicia Ilusiona mediante un correo electrónico a través da conta comunicacion@galiciailusiona.es coa súa identidade (DNI, nome e dous apelidos) e un número de teléfono e correo electrónico de contacto.

O gañador autoriza a que o  seu  nome  de  lnstagram  sexa publicado nas redes sociais da Axencia Turismo de Galicia e Galicia Ilusiona.

Do mesmo modo, poderase informar aos demais elixidos da súa condición de suplentes, solicitando faciliten un número telefónico de contacto directo ao mesmo enderezo electrónico para a súa posterior  localización  e requirimento de documentación, se é o caso.

Se o gañador non reclama o premio antes de 24 horas a contar desde a data e hora da publicación do resultado  do sorteo, entenderase que o rexeita, pasando o premio ao primeiro suplente  elixido, o cal  será  contactado  telefonicamente. Se este tampouco remite a documentación solicitada, o premio pasará ao segundo suplente, e despois ao terceiro, quedando deserto se ningún deles responde.

Estes datos serán usados exclusivamente para a comunicación do premio ou para aclarar calquera continxencia unha vez aceptado.

6.-ACEPTACIÓN E MODIFICACIÓN DAS BASES

 A mera participación nesta campaña comercial supón a aceptación íntegra destas bases legais. A organización resérvase o dereito de efectuar, en calquera momento, calquera modificación, supresión e/ou adición ás presentes Bases legais, na medida que non prexudique ou menoscabe os dereitos dos usuarios.

Galicia Ilusiona resérvase o dereito de suspender o concurso, por causa xustificada e nos supostos previstos nas presentes bases.

Galicia Ilusiona resérvase o dereito de efectuar cambias que redunden no bo fin do concurso cando concorra causa xusta ou motivos de forza maior  que impidan levalo a termo na forma en que recollen as presentes bases.

Galicia Ilusiona resérvase o dereito de aprazar ou ampliar o período do concurso, así como a facultade de interpretar as presentes bases legais. Así mesmo, a empresa organizadora quedará exenta de toda responsabilidade se concorre algún dos casos sinalados, así como de calquera responsabilidade polos danos e perdas que puidesen ocasionarse durante o gozo do premio.

Galicia Ilusiona queda eximida de calquera responsabilidade no suposto de existir algún erro nos datos facilitados polos propios  agraciados  que impedise a súa identificación.

Galicia Ilusiona resérvase o dereito de emprender acc1ons xudiciais contra aquelas persoas que realicen calquera tipo de acto susceptible de ser considerado manipulación ou falsificación do concurso.

7.- DESCUALIFICACIÓNS E PENALIZACIÓNS

 Se se evidenciase que calquera dos participantes non cumpre cos requisitos esixidos nas bases, ou os datos proporcionados para participar non fosen válidos, a súa participación considerarase nula e quedarán automaticamente excluídos da Promoción perdendo todo dereito sobre os premias outorgados en virtude desta Promoción.

Galicia Ilusiona resérvase o dereito de excluír automática e inmediatamente da mesma a calquera  participante  que transgrida  as normas da boa fe, observe unha conduta inadecuada,  empregue medias fraudulentos  ou incumpra estas bases.

8.- PUBLICACIÓN DE COMENTARIOS OU OPINIÓNS

 Non se permitirán comentarios ou opinións cuxo contido se considere desapropiado, que sexan ofensivos, inxuriosos ou discriminatorios ou  que puidesen vulnerar dereitos de terceiros. Tampouco se permitirán comentarios contra un particular que vulneren os principios de dereito á honra, á intimidade persoal e familiar e á propia imaxe.

Non nos responsabilizaremos dos danos ocasionados polos comentarios que fagan os participantes na promoción, e que en calquera  momento  puidesen  ferir a sensibilidade doutros participantes.

9.- EXONERACIÓN DE RESPONSABILIDADE

 A título enunciativo, pero non limitativo, Galicia Ilusiona non se responsabiliza das posibles perdas, roubos, atrasos ou calquera outra circunstancia imputable a terceiros que poidan afectar ao desenvolvemento da presente promoción, así como tampouco do uso que faga  o  participante respecto do premio que obteña desta promoción.

Galicia Ilusiona non asume a responsabilidade en casos de forza maior ou caso fortuíto que puidesen impedir a realización da promoción ou o goce total ou parcial do premio.

10.- FACEBOOK

A promoción non está patrocinada, avalada, administrada nin asociada  de ningún xeito a Facebook, polo que os participantes liberan a esta de toda responsabilidade polos eventuais danos que se deriven da mesma.

11.- INSTAGRAM

lnstagram non patrocina, avala nin administra de modo algún esta promoción, nin está asociado a ela. O usuario desvincúlase totalmente de lnstagram, e é consciente de que está a proporcionar a súa información a Galicia Ilusiona e non a lnstagram.

12.- PROTECCIÓN DE DATOS PERSOAIS

De conformidade co establecido no Reglamento Xeral de Protección de Datos (UE 2015/679) e da Lei Orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de Protección de Datos Persoais e Garantía dos Dereitos Dixitais, informamos que a entidade responsable do tratamento é a empresa GALICIA ILUSIONA S.L. con domicilio en R/ALCALDE JAVIER RODRIGUEZ PAPMPIN 35 BAIXO  e  C.I.F. B09779398.

Cada participante, coa aceptación destas bases legais e participación no sorteo, consente que os seus datos persoais podan ser utilizados para a xestión do sorteo e para remitirlle newsletters e comunicacións  comerciais  e  de  promoción relacionadas cos nosos servizos por carta, teléfono, correo electrónico, SMS/MMS, ou por outros medios de comunicación electrónica.

Informámoslle que pode exercer os seus dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición mediante o envío dun correo electrónico a comunicacion@galiciailusiona.com ou ben mediante carta dirixida ao seguinte enderezon: R/ALCALDE JAVIER RODRIGUEZ PAPMPIN 35 BAIXO, A Coruña, achegando en ambos os casos copia do DNI.

13.-FISCALIDADE

A celebración do previsto sorteo, así como a concesión do premio quedan suxeitos á normativa fiscal vixente.

14.- LEXISLACIÓN APLICABLE E XURISDICIÓN

Estas bases legais rexeranse de conformidade coa lei española. Serán competentes para resolver calquera reclamación ou controversia que puidese exporse en relación coa validez, interpretación ou  cumprimento  destas  bases os Xulgados e Tribunais da cidade de Santiago de Compostela.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *