Un par de dÃas libres e non sabemos onde ir?… Aquà van catro propostas moi apetecibles para catar Galicia en catro rutas, con todos os ingredientes para mergullarnos na súa natureza, historia, cultura, gastronomÃa… Imos aló!
Termas de Ourense e Ribeira Sacra. En Ourense os rÃos mandan e, por extensión, as termas, que a fan a capital termal de Galicia. Un bo xeito de comezar a fin de semana, despois dunha visita á cidade, á súa catedral, ao centro histórico, ás Burgas…, é dar unha volta polo Paseo Termal, co traxe de baño á man, por se acaso.

Este camiño peonil á beira do Miño, comeza a poucos metros da ponte do Milenio. Desde alÃ, en 4 km van sucedéndose as termas como por arte de maxia: A Chavasqueira, Fonte do Tinteiro, MuÃño da Veiga, Termas de Outariz, Outariz e Burga de Canedo e Fonte de Reza. Ademais, se andamos cansos o tren das termas sae do centro e vai parando en cada unha delas.
Para redondear a fin de semana, imos achegarnos á Ribeira Sacra, a só 20 km de Ourense. Cambiamos as augas quentes polas augas frescas do Sil, que avanza nun canón de montañas cheas de vides e mosteiros. Aquà fúndense a paisaxe, a cultura do viño e a historia. A ruta lévanos polo mosteiro de San Pedro de Rocas, o de Santo Estevo, o de Santa Cristina, as pasarelas do rÃo Mao e o castelo de Castro Caldelas. Desde alÃ, volvemos cara a Ourense, parando no mosteiro de Santa MarÃa de Montederramo e no de Xunqueira de Espadanedo. Ademais de mosteiros, podemos visitar algunha adega e mesmo dar un paseo en barco e, por suposto, contemplar as vistas desde algún dos miradoiros que nos saen ao paso, como os Balcóns de Madrid.

Por certo, o consorcio de turismo da Ribeira Sacra organiza excursións dun dÃa desde Ourense, entre marzo e novembro.
Ruta polo Courel e tapas en Lugo. O Courel en outono tiña que estar nas axendas de todo o mundo. A mestura de tons de vales e montañas é para vivila en directo. Uces, carballos, castiñeiros, devesas… Un bo punto de partida é Samos, co impoñente mosteiro de San Xulián. As seguintes paradas serÃan: Triacastela, o Alto do Poio, O Cebreiro, Seoane, a Devesa da Rogueira e Folgoso do Courel, onde é case obrigatorio facer un magosto.

Despois de tanta natureza, un pouco de vida na capital da provincia non senta nada mal, sobre todo sabendo que nos agardan unhas tapas de primeira. Si, señoras e señores, as tapas de Lugo son coñecidas no mundo enteiro pola súa exquisitez e polo prezo (de balde!). As zonas de tapeo máis tÃpicas son as rúas que dan á Praza do Campo: a do Miño, a Nova e a da Cruz.
Fragas do Eume e tortilla de Betanzos. As Fragas do Eume, ese pulmón verde entre a rÃa de Ares e Betanzos e a Serra da Loba, é outro destino magnÃfico en outono. O parque ten catro portais de acceso, de norte a sur: Caaveiro, A Capela, Cabanas e Monfero. Podemos comezar o percorrido polo norte, dividÃndoo en dúas xornadas. Estamos no mellor exemplo de fraga atlántica costeira, onde gozar da natureza e doutras xoias patrimoniais como o mosteiro de Caaveiro e o de Monfero. Ten 8 rutas de sendeirismo e varios centros de interpretación (en tempada baixa en horario de mañá) e áreas de recreo. O último dÃa, saÃmos por Monfero, a uns 20 km de Betanzos, o noso próximo destino.

Betanzos ten un centro histórico moi fermoso, testemuña do seu importante pasado como unha das capitais do Antigo Reino de Galicia. Se coincide que sexa martes, xoves ou sábado, hai mercado na praza dos Irmáns GarcÃa Naveira, asà que veremos o bulir da cidade. Fálase moito do repolo de Betanzos e, sobre todo, da tortilla de patacas, que aquà se fai cun punto perfecto de fusión lÃquida de ovos e patacas que parece un prato doutro mundo.

Parque Nacional marÃtimo-terrestre das Illas Atlánticas de Galicia. O outono tamén é boa época para gozar das illas, sen tanta aglomeración como en tempada alta. Se nos organizamos con tempo, talvez podamos visitalas todas nunha fin de semana longa. De norte a sur, atopamos os arquipélagos de Cortegada e Sálvora na rÃa de Arousa, o de Ons na rÃa de Pontevedra e o de CÃes na de Vigo.
En tempada baixa, as visitas organÃzanse a través das navieiras, en grupos de non máis de 25 persoas cun guÃa acreditado polo parque nacional, asà que hai que comprobar con tempo as datas e os portos de saÃda. Durante todo o ano está permitido o acceso a todas as illas en embarcacións privadas, en determinadas zonas e coas autorizacións pertinentes.

O arquipélago de Cortegada, en VilagarcÃa de Arousa, é o máis recollido. Na illa de Cortegada destaca o bosque de loureiros, os restos dunha aldea e da ermida da Virxe dos Milagres. No illote de Malvinas Grande, un dos poucos bosques de cerquiños da costa atlántica. As saÃdas fanse desde VilagarcÃa de Arousa e Carril.
O arquipélago de Sálvora, en Ribeira, protexe a rÃa de Arousa polo norte. Sálvora é famosa polas lendas, como a da serea. Os barcos con visitantes parten sobre todo do Grove e Aguiño; outros saen de Ribeira, A Pobra do Caramiñal, Boiro, A Illa de Arousa e VilagarcÃa de Arousa; ocasionalmente, saen de Bueu.
O arquipélago de Ons, en Bueu, está formado polas illas de Ons, aÃnda poboada, e a de Onza, máis pequena e reserva toda ela. En Ons hai unha furna que mete medo: O Buraco do Inferno. Tamén ten areais como a praia e as dunas de Melide. Ten un rico patrimonio de contos e lendas, e un polbo de primeira. O transporte marÃtimo sae de Bueu, Sanxenxo, Portonovo e MarÃn.
O arquipélago de CÃes, na bocana da rÃa de Vigo, pertence ao concello de Vigo. Está formado por tres illas (Monteagudo, Faro, San Martiño) e varios illotes. Aquà temos a famosa praia de Rodas, que une Monteagudo e Faro. Nos puntos máis altos hai miradoiros con vistas impresionantes, como O Alto do PrÃncipe. As liñas regulares para visitar as CÃes saen de Vigo, Baiona e Cangas.
