Ruta da Fervenza do Toxa. A fervenza do rÃo Toxa, no concello de Silleda, é a máis alta de Galicia en caÃda libre, cun salto de máis de 70 m. O inicio e final desta ruta circular, de 12,4 km en total, xa nola descubre, aÃnda que de lonxe, xa que se sitúa nun elevado miradoiro. A paisaxe, no medio de bosque atlántico, entre rochas, pódese gozar desde distintos puntos de vista, pois este non é o único miradoiro. Despois de contemplar a fervenza desde todos os ángulos, de lonxe e de preto, podemos aproveitar para seguir o sendeiro que leva ao mosteiro de Carboeiro. No camiño, a ponte de ferro, a ermida ed San Paio, a praia fluvial da Carixa, a Ponte medieval do Demo e… velaà está o mosteiro, unha xoia do románico, antigo como a paisaxe.
Ruta do rÃo Barbantiño. Discorre pola beira do rÃo nos concellos de Amoeiro, PunxÃn e Maside, na provincia de Ourense, ao longo de 18 km. Comeza e remata no parque dos sentidos en Souto-Amoeiro. O traxecto ten un pouco de todo: ponte, piscifactorÃa abandonada, muÃños vellos, presas… O mellor, a paisaxe en conxunto, con moito carballo e fento. E á fin chegamos á fervenza do Barbantiño ou do Cachón, cun salto duns 15 m. Alà tamén están os muÃños das Penas e o Pozo do Inferno. A ruta atravesa a fermosa ponte de San Fiz, que une Amoeiro con Maside polo antigo camiño real. Tamén chegamos aos pazos de Martinga e Cornoces.
Ruta de Castro Marce – Fervenza de AugacaÃda. O traxecto comeza despois de 2 km de baixada pola beira do Miño, en dirección a Marce. Camiñado un km máis ou menos, atopamos o desvÃo cara á fervenza de AugacaÃda. Esta pódese contemplar desde o alto ou achegándose até a mesma base, atraves dunhas escaleiras e pasarelas de madeira. Ten case 40 m de caÃda, e impresiona bastante. Seguindo a ruta, chegamos a Marce, nun fantástico miradoiro natural, onde fican os restos dun asentamento castrexo e dunha fortaleza que pertencera ao conde de Lemos; e mais a Torre do Reloxio, levantada por emigrantes que marcharan a América no século XX.  Â
Ruta dos rÃos Vilacoba e san Xusto. Pode que este non sexa un dos sendeiros máis coñecidos, pero é estupendo para internarse en fragas de ribeira misteriosas, en paisaxes do romanticismo. Está no concello de Lousame, na provincia da Coruña. O percorrido abrangue 25 km, nos que ademais das arquitecturas naturais, atopamos as ruÃnas de até 7 fábricas de papel, que teñen a súa propia senda de fábricas de papel, duns 4 km. A máis grande é a fábrica de Fontán, de 1863. Por se non abondase con fábricas, tamén contamos con vellas minas de wolframio, co fantástico mosteiro de Toxosoutos e, arredor deste, como guinda, as fervenzas do rÃo San Xusto.
Ruta das Fervenzas de Mazaricos. Nesta ruta non hai unha senón até cinco fervenzas. Comeza no camiño á fervenza Vioxo-ChacÃn, que trae a auga do Rego do Casteliño. Máis adiante, pasada a capela de Santa Locaia, atopamos a Fervenza do mesmo nome, onde o Pozo das Campás, producido polo rÃo Vao da Denonciña. Segundo a lenda, dous ladróns que fuxiran despois de roubar a campá da capela, esbararon e caeron alà afundindo o chan, dando orixe ao pozo e o seu nome. Séguelle a Fervenza de Gosolfre, con moita pendente e vexetación, de difÃcil acceso. Despois, a de Noveira, que cae polas rochas de granito desde o rÃo Arcos ao Ézaro, rematando en varias pozas. A fervenza de FÃrvado é a derradeira da ruta, onde se unen o rÃo Xende e o Rego do Ribeiro. Tamén está aquà O Pozo Negro. Fronte á freixa podemos subir a unha enxebre randeeira e sacar unhas boas fotos.
Ruta Fervenza do Ézaro. Unha gran fervenza é a do rÃo Ézaro, ou Xallas, en Santa UxÃa de Ézaro, no concello de DumbrÃa. O curioso, ademais do tamaño do salto, de 40 m, é que se trata dunha cachoada sobre o mar, un orixinal xeito de desembocar o rÃo, para máis inri, en plena Costa da Morte, a carón do Monte Pindo. Este é un paseo curto, de non máis dun quilómetro, mais intenso, que transcorre por pasarelas de madeira desde o Museo da Electricidade até a base da fervenza. Para estirar un pouco o percorrido, podemos sumalo á Ruta dos muÃños pola beira do rÃo Rosa que, nuns 4 km, chega até o paseo marÃtimo e a desembocadura do Xallas -Ézaro, rematando no Centro de Interpretación. O certo é que a zona da para moito, co miradoiro de Ézaro, o Monte Pindo, a praia de Louro…
