As rúas de Compostela foron testemuñas a través dos séculos de innumerables episodios históricos, do nacemento e consolidación dunha universidade cinco veces centenaria e de fenómenos de alcance universal como o culto ao Apóstolo Santiago e as conseguintes peregrinacións. Pero tamén foron protagonistas de acontecementos máis mundanos, de feitos que nos falan da forma de vivir e relacionarse das xentes que a habitaron. O seu testemuño chegou ata os nosos dÃas gravado en pedra. É o caso das curiosas formas que se poden ver en distintos puntos da cidade.
Â
Espazos emblemáticos, como a praza do Obradoiro, accesos a edificios relixiosos e mesmo os balcóns dalgúns céntricos inmobles son algúns dos lugares de Santiago nos que aÃnda é posible contemplar pequenos buracos tallados na pedra e unidos entre si por sucos elaborados da mesma maneira. Forman figuras que nos traen á mente rapidamente os taboleiros de xogos populares como o tres en raia. E iso é, precisamente, o que son: os espazos de xogo nos que os habitantes da cidade se reunÃan para ocupar os seus momentos de lecer hai xa varios séculos.Â
Â
Case dous centenares destes taboleiros son visibles ao longo e ancho de Compostela, segundo puideron constatar os membros da asociación cultural Colectivo A Rula. Seu é o mérito de ter estudado, contabilizado e catalogado este patrimonio histórico e etnográfico que pasa desapercibido para moitos veciños e visitantes, pero que chama a atención aos observadores máis minuciosos. Xunto ás cadeas que adornan a fachada do Hostal dos Reis Católicos e nos bancos dunha das esquinas do Obradoiro, na fachada do mosteiro de San Martiño Pinario e da igrexa de Santa Clara, no pazo de XelmÃrez e, mesmo, na balconada da Casa do Cabido pódense ver estes taboleiros cuxos orixes se sitúan nos séculos XVII e XVIII.
Â
Non se trata dun fenómeno único, posto que a existencia deste tipo de taboleiros gravados en pedra constatouse tamén noutros puntos diversos do planeta e en culturas antigas, como a Grecia e a Roma clásicas, pero Compostela destaca polo gran número de exemplos que sobreviviu ata os nosos dÃas. E a cifra, poderÃa aumentar aÃnda máis.
Â
Os nove buracos agrupados de 3 en 3 e unidos en moitos casos por sucos é o deseño máis repetido nas rúas de Santiago. Estas figuras eran usadas como taboleiro do tres en raia ou, como é coñecido popularmente en Galicia, do pai fillo nai. Trátase pois dun xogo que chegou ata os nosos dÃas e que na capital galega gozou de gran popularidade ata mediados do século pasado, época na que mesmo se celebraban campionatos empregando algúns deses taboleiros públicos.
Â
Para atopar algún deles só se require un pouco de bo ollo ou seguir os pasos do Colectivo A Rula e para facer que cobren vida basta con improvisar unhas poucas pezas. Asà que cando percorras as rúas e prazas da cidade non dubides en gozar como o facÃan os seus antigos habitantes.
Â
Â

Hermosa descripción, nos invita a un curioso recorrido por esas amadas ruas