A provincia de Ourense conta cunha ampla oferta de espazos naturais. Aquà temos cinco exemplos: tres parques naturais, dúas paisaxes protexidas e a Ribeira Sacra, que traballa na súa candidatura para converterse en Patrimonio da Humanidade Todo na mesma provincia! Onde? Aquà mesmo:
Ribeira Sacra. 26 concellos do sur da provincia de Lugo e do norte da de Ourense xuntáronse para ofrecernos este paraÃso debuxado por grandes rÃos, o Miño, o Sil e o Cabe, e cargado de patrimonio histórico artÃstico e natural. Aquà practÃcase a chamada viticultura heroica, levada a cabo en vertixinosos socalcos con vistas ao Miño e ao Sil, que dá como resultado uns viños de primeira. Encontramos unha paisaxe con vistas inigualables desde miradoiros como As Penas de Matacás, en Castro Caldelas, ou os Balcóns de Madrid, en Parada de Sil; embarcadoiros desde os que facer excursións en catamarán ou practicar deportes náuticos; xoias arquitectónicas como o mosteiro de San Pedro de Rocas, en Esgos, ou o de Santa Cristina de Ribas de Sil, en Parada de Sil; rutas de sendeirismo como as que nos levan polo bidueiral de Montederramo ou a pé de rÃo, polas pasarelas do Mao… E todo preto de centros urbanos de interese como Castro Caldelas, co seu castelo, Manzaneda, ou Pereiro de Aguiar, que até conta con parque acuático.

Serra da Enciña da Lastra. Disque unha grande aciñeira valÃalle de guÃa aos viaxeiros que atravesaban os montes pola zona de Rubiá, ao nordeste de provincia. E de aà veulle o nome á serra. É parque natural desde 2002, e abrangue a serra e un val calcario cheo de cantÃs, como o do Val do Inferno. O solo, de grande interese xeolóxico, presenta multitude de palas (covas), onde viven moitos morcegos. Outra curiosidade é a presenza de especies vexetais de tipo mediterráneo, a mesma aciñeira, por exemplo, e outras, como o ourego ou o tomiño. Doutra banda, hai até 25 tipos diferentes de orquÃdea. Para descubrir a serra con calma, temos 10 sendas acondicionadas, e mesmo servizo de guÃas. Conta con 9 miradoiros, entre eles, o de Tanque de Covas, en Vilardesilva, ou Alta da Escrita, en Biobra.

Val do rÃo Navea. Dentro dos confÃns da Ribeira Sacra agóchase esta paisaxe, protexida desde 2008, que ocupa 691 ha na comarca de Trives, dentro da ZEC do Macizo central ourensán. É un val montañoso deseñado polo rÃo Navea, afluente do Bibei pola súa esquerda, e marcado por unha dunha xeoloxÃa particular, e pola abundancia arabórea, como vemos na gran fraga de San Xoán de RÃo ou nos soutos tÃpicos da comarca de Trives. A protagonista do val é Ponte Navea, que une os concellos de San Xoán de RÃo e A Pobra de Trives. Conta cun só arco apuntado, de 20 m de luz, e foi construÃda na Idade Media sobre os restos dunha ponte romana, no camiño da famosa VÃa Nova. Preto de alà hai un miliario romano, dedicado aos emperadores Tito e Domiciano, e os restos da mansio romana de Nemotóbrica. Na zona, espesa vexetación, árbores autóctonas e construcións tradicionais moi antigas.
Serra do Invernadeiro. Este parque natural, desde 1997, si que é un destino para desconectar, pois non ten ningún tipo de poboación humana. Atópase ao sur do Macizo Central, no concello de Vilariño de Conso, ao sueste da provincia, entre os rÃos da Ribeira Grande e Ribeira Pequena e as serras de San Mamede, Queixa e O Fial das Corzas. Destaca pola rica biodiversidade, con presenza de mamÃferos como corzo, cervo ou cabra brava; tamén hai troitas, e ruta a propósito delas, e unha xeomorfoloxÃa moi interesante, con solos ricos en cuarcita e circos glaciares, fervenzas… Ten unha extensión de 5.722 ha e conta con 6 rutas de sendeirismo.

Baixa Limia-Serra do Xurés. Este é o parque natural máis grande de Galicia, con 30.000 ha. Foi declarado parque natural en 1993. Está na raia seca e, xunto co Parque nacional Peneda-Gerês conforma o núcleo da Reserva da Biosfera Tranfronteiriza Gerês-Xurés. Aquà a paisaxe está chea de bolos granÃticos ou pedras cabaleiras, de orixe glaciar. É un sitio ideal para avistamento de aguia real, aguia perdigueira, corzos, cervos, cabra brava, e cabalos e vacas. Para non perder nada, temos até 11 rutas de sendeirismo, que nos levan pola paisaxe entre rÃos, montañas, mámoas, alvarizas (grupo de colmeas amurallado)… En Lobios áchase o centro de interpretación do parque. Alà tamén está Portela de Home, con vestixios de miliarios romanos. Máis pegada romana atopamos en Baños, no complexo arquitectónico mansio e campamento de Aquis Querquennis, visible segundo o caudal do encoro.


estuve un tiempo en el extranjero y volvà conocer sitios nuevos en Galicia como el castillo de Monterei que aún no habÃa ido en persona a este sitio maravilloso lo ay que ver precioso y cerca para tomar un café en un bar un sitio para visitar.