Máis de cen golfistas sénior de toda España participarán neste evento.
O obxectivo desta iniciativa é posicionar Galicia como un destino ideal para o xogador desta categorÃa, ofrencéndolle unha alternativa turÃstica diferenciada, na que salienta a gastronomÃa e o termalismo.
A Xunta de Galicia, a través de Turgalicia, da SecretarÃa Xeral para o Turismo, colaborará por terceiro ano consecutivo coa celebración do III Torneo Peregrinación AESGOLF, gastronomÃa, termalismo e golf, no que participarán máis de cen golfistas da categorÃa sénior –maiores de 50 anos- no campo do Balneario de Mondariz.
Con participación na organización deste evento, a SecretarÃa Xeral para o Turismo pretende posicionar Galicia como un destino ideal para o xogador sénior de golf, atraendo aos xogadores nacionais para que visiten a comunidade e ofrecerlles unha alternativa turÃstica diferenciada e altamente valorada por estes.
Nesta edición do torneo de golf Peregrinación un 25% dos participantes son da Comunidade de Madrid, o 15 % de Cataluña, o 10 % de AndalucÃa, o 7 % de Portugal, o 10 % da Comunidade Valenciana, o 20 % do resto das comunidades autónomas españolas, o 9 % de Galicia e o 4 % son estranxeiros de distinta procedencia.
Ademais, con esta iniciativa, Turgalicia facilita a presentación da oferta de campos e servizos turÃsticos mediante un produto estratexicamente diferenciado.
Termalismo e gastronomÃa
Este torneo, que se celebrará dende mañá dÃa 26 ata o 29 de marzo está incluÃdo dentro do Plan de Acción de Turismo de Golf de Galicia 2010-2013, no que se define a creación dun produto destinado ao xogador sénior, concibido mediante a combinación de tres atributos especÃficos integrados nas fortalezas da oferta turÃstica galega: termalismo, gastronomÃa e campos de golf.
Dado que non existe ningún destino en España, debidamente posicionado e cun liderado neste segmento do cliente, considérase unha oportunidade única para a Comunidade galega orientar parte da súa oferta de golf a este grupo de golfistas.
Neste sentido, Turgalicia organizou o ano pasado o I CircuÃto Sénior de Golf Turgalicia e unha viaxe de familiarización para operadores turÃsticos relacionados co golf.
Neste ámbito, a Asociación Española de Sénior de Golf conta cun total de 7.300 xogadores masculinos e 2.850 femininas, que constitúen un público obxectivo de primeira orde para Galicia como destino de golf.