
Situación – Leste da provincia de Lugo limÃtrofe con León. Inclúe os concellos de Cervantes, Navia de Suarna e parte do municipio de Becerreá.
Superficie – Ancares lucenses: 53.664 hectáreas. Ancares leoneses: 56.786 hectáreas nos municipios de CandÃn, Peranzanes, Vega de Espinareda e Villafranca del Bierzo.
Acceso – AutovÃa A-6 e N-VI ata Becerreá. A estrada LU- 722 comunica coa Pobra en Navia de Suarna e posúe os principais desvÃos cara á serra.
Servizos –Â Aloxamento: Si. Comer: Si.
Máis información – Instituto Lucense de Desenvolvemento Económico e Social (INLUDES).
Tel.: 982 227 812.
Equipamentos – Centro de Interpretación e Xestión da Reserva Nacional de Caza dos Ancares (Campo da Braña) e Aula da Natureza en Campa da Braña- Degrada (Cervantes)
Tel.: 982 181 252.
O Courel (LIC “Ancares-Courelâ€) LIC “Cruzul-Agüeiraâ€

Feitizos de montaña
Ancares é nome orixinal de rÃo que prestou a súa sonoridade ás montañas máxicas entre Galicia e León. Exercen o seu magnetismo desde lonxe, prendidas de horizontes a dous mil metros escasos. Éntrase nelas cun especial estado de admiración e respecto, por camiños que buscan os cumes abeirados a estreitos e fondos vales.
Nas poboacións máis altas descubriremos as pallozas, ancestrais construcións de planta circular e teito de palla mallada. Semella que as súas formas curvas pero rexas se inspiran nos cumes das montañas, suaves e agrestes.
Os rÃos que descenden pola vertente galega todos buscan o Navia, que cingue completamente o espazo protexido polo oeste e conduce as augas cara ao Cantábrico. Un bo exemplo é o fermoso val labrado polo rÃo Ser ou as gargantas do rÃo Rao, no concello de Navia de Suarna. A vertente leonesa, pola contra, desauga cara ao sur, á conca do Sil.
A declaración dos Ancares como Reserva da Biosfera en Galicia e Castela e León supón a súa incorporación como unidades da próxima Gran Cantábrica, toda unha sucesión de espazos naturais de alto valor ambiental no norte da penÃnsula. O oso pardo, o seu sÃmbolo máis recoñecido, ten tamén este extremo lugués como zona de paso.
Sen Perda
A principal vÃa de acceso aos Ancares parte da vila de Becerreá ata Liber, onde se ofrecen tres posibilidades por estradas da rede secundaria e local. Cara ao norte, seguindo o curso do rÃo Navia chegamos á Proba, capital do municipio de Navia de Suarna. O concello conta cun amplo patrimonio artÃstico e cultural representados pola pintoresca estampa do castelo medieval e a ponte románica de único arco construÃda en lousa. Pero tamén destacan os vintecinco castros localizados, como os de Cantón e Cabanela unidos por un corredor de 300 metros; catro campos de mámoas; as “alzadas†que eran antigos poboados de verán en zonas elevadas como Bismor ou Tesón; “cortÃns†ou alvarizas de colmeas para protexelas do oso; pallozas…
O segundo itinerario desde Liber cara ao sur lévanos ata Degrada, ben pola capital municipal de Cervantes en San Román, ben por Doiras e o seu castelo inexpugnable pola factura da construción pétrea e a súa situación nun outeiro de difÃcil acceso sobre o rÃo. O castelo, de propiedade privada, tamén é famoso literariamente pola lenda da Muller Cerva, a filla dun pobre encantada por un mouro (personaxe recorrente na mitoloxÃa popular galega) e cazada traxicamente polo seu irmán.
En Degrada está o albergue dos Ancares e o Centro de Interpretación. Desde aquà parte a ruta a pé de dificultade media- alta que conduce á Campa de Tres Bispos (1.795 m). Porén, o itinerario máis transitado continúa pola sinuosa estrada ata a aldea de Piornedo. De obrigada visita son as pallozas, vivendas circulares de ancestral orixe habitadas ata o século XX. Algunhas abren ao público como museos deste pasado ben gardado na memoria familiar dos seus propietarios.
Desde a ermida de Piornedo parte a ruta do Mustallar (1.935 m), o punto máis alto dos Ancares lucenses, cuxa ida e volta require todo un dÃa de camiñada por sendeiros de montaña.
Ademais das galerÃas fluviais e os ecosistemas de montaña que na actualidade se inclúen como zona de paso do oso pardo, a zonas núcleo da reserva inclúe extensas superficies arboradas algunhas con nome propio. Por exemplo o valioso faial da Pintinidoira, entre os concellos das Nogais e Cervantes, inmerso nun bosque de rebolos e abeleiras. No concello de Becerreá, o curioso aciñeiral de Cruzul e o souto de Agüeira. A presenza de aciñeiras tipicamente mediterráneas illadas neste punto é un relicto asociado a un afloramento calcario do solo (Ver LIC Cruzul-Agüeira).
E sempre é recomendable a visita ao castro de Cervantes, un lugar tocado pola maxia da beleza natural dos Ancares onde se reúnen ademais os valores dun conxunto castrexo ben conservado á par da igrexa rodeada do seu pequeno cemiterio en curiosa estampa.
Natureza Senlleira  Â
Monte baixo cobre gran parte das abas orientais. Importantes colonias arbustivas pola produción de bagas como os acivros e arando. Abundan os soutos e as carballeiras.
Na fauna cómpre unha mención ás especies emblemáticas que non se achan noutras partes de Galicia como o oso pardo ou a pita do monte que tivo aquà os últimos cantadeiros da comunidade. Proliferan os xabarÃs, corzos, cervos, coellos.
Sin duda mucho que ver y visitar. ¡Aquàos esperamos!