Unha das vantaxes de facer turismo rural é a variada oferta de establecementos que podemos escoller para aloxarnos. Hai para todos os gustos: desde relaxantes pazos illados ata aldeas rurais cheas de actividades.
Os aloxamentos rurais están clasificados en catro grupos (A, B, C e D) segundo o valor arquitectónico das construcións, a súa antigüidade e as súas caracterÃsticas. Na entrada teñen unha placa que sinala o grupo, o número do establecemento e a categorÃa.
Ao grupo A pertencen os aloxamentos máis señorais. Teñen que cumprir a condición de ter sido construÃdos antes do 1900 e dispoñer de entre 5 e 15 habitacións. Entre eles podemos escoller pazos, casas grandes e casas reitorais.
O pazo é un tipo de casa tradicional galega, residencia de persoeiros de gran poder económico, xeralmente fidalgos ou nobres, situada no rural. Os señores dos pazos vivÃan das terras da zona, a través da recadación de impostos e da produción agraria.
Normalmente, un pazo é un conxunto de edificacións. Ademais da casa principal, con escudo e brasón, hai dependencias auxiliares: alpendres, tullas, hórreos, faiados, pombais… e ata capela. Como se dà popularmente «casa grande, capela, hórreo, pombal e ciprés, pazo é». Os pazos son herdeiros dos castelos medievais, polo que moitos presentan torre. Ademais da súa arquitectura, sobresae a xardinaxe, con moito buxo e plantas exóticas. A época de apoxeo vai do século XVII ao XIX.
A partir do século XIX os pazos perden o seu sentido orixinario e transfórmanse en lugares de residencia. Hoxe en dÃa, moitos destÃnanse á hospedaxe. En Galicia podemos escoller entre 45* pazos dispoñibles para o turismo rural.
Outro tipo de casa señorial é a casa grande. Podemos dicir que é un pazo sen extras. Unha construción menos monumental, que non pertence a familia nobre. Temos 17 para elixir, tampouco está mal.
A este grupo tamén pertencen as casas reitorais, antigos lugares de residencia de párrocos ou eclesiásticos de máis rango. Contamos con 17.
Dentro do grupo A hai outro tipo de edificacións peculiares como poden ser as fábricas (a Fábrica de Curtidos de Allariz ou a de Salazón de Aldán) ou a Casa da Feira en Ourense. En Galicia hai 6 establecementos destas caracterÃsticas.
No grupo B atopamos edificacións tradicionais máis sinxelas. Trátase das as casas de aldea. Teñen que cumprir o requisito de ser construÃdas antes do 1940 e ofertan entre 3 e 10 habitacións. Son as máis numerosas para hospedaxe: nada menos que 388!Â
Mais pode ser que non nos abonde so con relaxarnos nun entorno natural antigo e rústico. Que pasa se buscamos un pouco máis de acción? Pois nese caso podemos optar por un aloxamento do grupo C ou D.
Ao grupo C pertencen as casas de labranza. Nelas desenvólvense actividades tradicionais nas que poden participar os hóspedes. ReferÃmonos a labores de tipo agrÃcola (vendima, sega, malla…) ou gandeiro (tarefas da granxa). É o que se coñece como agroturismo. Ofrecen entre 2 e 10 habitacións. Na actualidade hai 63 establecementos deste tipo.Â
E se buscamos algo máis de aventura aÃnda podemos elixir o grupo D, constituÃdo polas aldeas de turismo rural, que de momento son 8. Trátase de complexos compostos por un conxunto de tres casas como mÃnimo no mesmo núcleo rural, explotadas por un mesmo titular, que ha ser labrego ou gandeiro. O conxunto debe gardar entre sà a distancia mÃnima de 500 m e non ser posterior ao 1940. Estas aldeas están provistas de salón social, restaurante e bar. Ademais, poden contar con outras dependencias como tendas de artesanÃa, de produtos tÃpicos locais, etc. Tamén dispoñen de diversas instalacións de ocio e deporte. E, aproveitando as posibilidades da contorna natural na que se atopan, ofrecen actividades do máis variado, como: sendeirismo, rutas a cabalo, ciclismo, circuÃtos termais, navegación, surf, rafting, canoaxe, xogos tradicionais… O turismo axeitado para xente que busca novas experiencias.
Nas aldeas de turismo rural, asà como nas casas de labranza e nas de aldea, pódese ofrecer a hospedaxe en apartamentos.
Doutra banda, o aloxamento clasifÃcase en modalidade compartida ou non compartida, segundo estea presente ou non o propietario. Outros datos de interese no tocante ao turismo rural poden ser a pertenza a un parque natural ou reserva da biosfera, ou a cercanÃa ao percorrido do Camiño de Santiago.
Todos os tipos de casas de turismo rural ofrecen unhas garantÃas de calidade, mais se queremos ser aÃnda máis selectos, podemos fixarnos nos establecementos que teñen a Q de calidade. A Q de calidade é un distintivo que outorga o ICTE (Instituto para la Calidad TurÃstica Española). As casas avaladas por este selo pasan por estritas auditorÃas que aseguran a excelencia na calidade, seguridade e profesionalidade. Hoxe en dÃa, Galicia conta con 23 establecementos que presumen deste certificado: 10 na Coruña, 6 en Lugo e 7 en Pontevedra.
E se pensamos que ir de turismo rural é so cousa para o verán, estamos moi equivocados, pois entre setembro e decembro aÃnda temos un incentivo extra: o Outono Gastronómico, que este ano celebra a súa XV edición. Unha ocasión para combinar o relax ou a aventura, pois xa vimos que o rural da para todo, co sabor de menús de primeira elaborados con produtos da terra. Este ano, por certo, coa colaboración da Axencia Galega de Calidade Alimentaria.
* datos recollidos na AEITG (Ãrea de Estudos e Investigación Turismo de Galicia)
