En Galicia apóstase pola cultura do viño, e dáselle cada vez máis importancia. Contamos con cinco denominacións de orixe: RÃas Baixas, Ribeiro, Valdeorras, Ribeira Sacra e Monterrei. A máis antiga foi recoñecida no 1932 (Ribeiro) e a máis recente no 1997 (Ribeira Sacra), iso que aquà se fai viño desde hai máis de dous mil anos! Tamén temos catro indicacións xeográficas protexidas: os Viños da Terra (Betanzos, Barbanza-Iria, Ribeiros do Morrazo e Val do Miño-Ourense). Podemos presumir de ter máis de 20 variedades de uvas autóctonas que, co tempo e coa súa posta en valor, producen viños diferenciados, viños con carácter, que se di, cada dÃa máis prezados aquà e no resto do mundo. Na actualidade, ademais do albariño, o godello, uo o mencÃa, xa oÃmos falar do treixadura, o brancellao, o merenzao, o torrontés ou o caÃño, por exemplo.Â
Viaxar para visitar adegas, degustar viños e mercar algunha botella alà mesmo como remate da excursión, véñese facendo hai moito. Mais o chamado enoturismo, ou turismo enolóxico, é algo máis que iso. É considerar o viño en toda a súa dimensión, como produto da terra e da historia da súa comarca e, asà mesmo, como fÃo condutor de variadas actividades de ocio e cultura. Temos que ter en conta que o enoturismo é un motor para a economÃa local, o que redunda nunha produción vinÃcola de maior calidade e tamén na conservación do patrimonio histórico e natural da zona.
De todos os plans que dispoñemos, o máis básico é a visita á adega, onde se coñece o proceso de elaboración e a historia do viño, e que normamente se completa cunha visita guiada aos viñedos. Polo xeral, remata coa degustación na adega e talvez coa adquisición dalgunha botella na vinoteca.
Se queremos aprender un pouco máis, podemos optar por unha degustación técnica, que é o que chamamos cata. Normalmente é dirixida por un enólogo ou un técnico da adega na sala de catas. Esta é unha estancia deseñada para concentrar os sentidos no viño, con decoración neutra e illada de interferencias olfactivas, visuais ou doutro tipo. Hai catas de iniciación e catas avanzadas. Poden ser verticais (diferentes anadas dun mesmo viño), horizontais (diferentes viños da mesma anada) ou mesmo á carta. Unhas veces son de viños tradicionais e outras de viños máis experimentais. E, se preferimos acompañar o grolo, podemos optar polas catas-maridaxe, nas que degustamos os viños con diferentes petiscos ou pratos, sobre todo aproveitando a gastronomÃa da zona.
Se cadra pensamos que as catas están orientadas a adultos coñecedores de viños. Pois non, o enoturismo acolle a todo o mundo, ata a abstemios e a menores e, por suposto, tamén podemos catar mostos e zumes de uva.
A posta en marcha das Rutas do Viño contribuÃu notablemente ao crecemento do turismo enolóxico. Estas rutas son zonas vitivinÃcolas que aproveitan todos os seus recursos (aloxamento, transporte, gastronomÃa, patrimonio histórico, patrimonio natural) para achegarnos propostas turÃsticas do máis completas.
En Galicia podemos gozar de cinco Rutas do Viño, correspondentes ás cinco denominacións de orixe. Ademais das visitas aos viñedos e ás adegas, estancias en casas rurais ou nas propia adegas, comidas en restaurantes, visitas culturais e actividades tÃpicas do turismo rural (andainas, rutas en bici, paseos a cabalo, deportes de natureza, etc.), cada unha ofrece diferentes alternativas segundo as súas peculiaridades.
Por exemplo, na Ruta do Viño RÃas Baixas, a máis grande en extensión e número de adegas, na zona da desembocadura do Miño e das rÃas, podemos visitar pazos, muÃños, castros ou navegar pola rÃa de Arousa; na Ruta do Viño Valdeorras, na parte máis oriental de Ourense, descubrimos as covas, adegas soterradas onde se elaboraba e conservaba o viño tradicionalmente; na Ruta do Viño da Ribeira Sacra, entre Lugo e Ourense, nas beiras do Miño e o Sil, onde atopamos a maior concentración de mosteiros románicos en Europa, o viño depende da a viticultura heroica, chamada asà pola dificultade que supón o traballo nos viñedos naquelas abas vertixinosas; na Ruta do Viño Monterrei, na parte oriental da provincia de Ourense, consérvanse lagares rupestres, arcaicas estruturas labradas no solo de pedra para prensar a uva; na Ruta do Viño do Ribeiro, no extremo noroccidental da provincia de Ourense, podemos facer andainas polo “camiño do viño”, o traxecto que percorrÃan hai séculos os arrieiros para levar o viño de Ribadavia a Compostela.
A cultura enolóxica tamén é difundida no Museo do Viño de Galicia, en Ribadavia, e os Centros de Interpretación do Viño e algún máis especÃfico, como o Centro de Interpretación do Viño e a Lamprea en Arbo, na Ruta das RÃas Baixas.
Outros destinos enolóxicos importantes son as Festas, Feiras e Túneis do Viño, presentes en Galicia ao longo de todo o ano, sobre todo no verán. E, despois do verán, chega un momento clave para as adegas: a vendima. Moitas adegas organizan actividades para aprender a colleitar a uva e participar nun tradicional pisado de uvas. Estupendo para coñecelas coas nosas propias mans, e pés! Toda unha festa, moi atractiva para acudir coa rapazada.
Tamén temos un plan perfecto para cada fin de semana de outubro: as Xornadas de Portas Abertas das Rutas do Viño de Galicia. Este ano celébrase a décima edición. Cada fin de semana poderemos gozar gratuitamente de visitas guiadas ás adegas dunha ruta, con degustación incluÃda. Isto complétase cunha programación moi variada, con descontos nas actividades, que ten de todo, mesmo catas astronómicas baixo as estrelas! Sempre, por suposto, viaxando cómodamente no Bus do Viño.
