Desde Santiago, Ãlvaro Pérez Blanco, do gastrobar ArteSana, representará a esta cidade en De Tapas por Galicia cunha aposta por recuperar os produtos e os costumes tÃpicos de Galicia concentrando os sabores do magosto no seu Taco de Outono, nome que, ao mesmo tempo, fai unha chiscadela á actualidade mencionando a famosa tortilla mexicana que está a ser tendencia.
En realidade, a base desta tapa, gañadora do primeiro premio do público no Santiago(é)Tapas, é unha filloa, “o máis tradicional do magosto xunto coas castañasâ€, que tamén están presentes, asà como o chourizo e o queixo San Simón en forma de mousse. Sabores do outono galego que se complementan cuns matices de fiúncho e de cebola aceda encurtida e un afumado de eneldo como recordo “do fume daquelas fogueiras da infancia onde asabamos as castañas na escola†e da herba “que utilizaba a miña nai cando as facÃa cocidasâ€.
Formado na Escola de HostalerÃa Lamas de Abade de Santiago, este chef compostelán empezou a súa traxectoria na súa cidade, no Hostal dos Reis Católicos e nos hoteles Araguaney e AC Palacio del Carmen, asà como en O Dezaseis, e chegou ao prestixioso El Bulli antes de marchar a Inglaterra buscando “completarme e mellorar como profesional†e pasando da cociña máis vanguardista á tradicional francesa.
Pero como a terra tira, regresou a Compostela onde, hai seis anos, abriu ArteSana, nome que “reúne as tres caracterÃsticas que para mÃn ten a gastronomÃa, que é arte, que ten que ser sá e que ten moito de artesanÃaâ€. Un gastrobar onde se seleccionan os mellores produtos e se elaboran con “mimo, cariño e respectoâ€, inspirándose “no amor co que a miña avoa me preparaba os meus pratos favoritos†ou na dedicación “coa que se facÃa o pan nas aldeasâ€.
Un namorado deste oficio no que, di, “xogas con emocións e experienciasâ€.
