Esta semana de Xullo temos unha chea de propostas de lecer en Galicia, desde o mesmo luns e con plans moi variados. Será difÃcil elixir entre todas estas alternativas, cal che gusta máis?
FaguÃa do Carnés
Do 9 ao 11 de Xullo – Praza do  concello 6, Vimianzo

Comezamos a axenda con esta Festa consagrada aos callos que se preparan en Carnés cada ano coa imaxe de San Cristóbal presidindo a comida, e a xente achegándose a ela para rezarlle ou pedirlle favores.
Como xa sabedes en Galicia somos moi verbeneiros e nesta festa non Ãa ser menos. Gaiteiros e verbenas acompañarán esta festa durante os tres dÃas que dura. Se che gustan os callos á galega, esta é a túa festa!
Festas de San Benitiño de Lérez
Mércores 11 de Xullo – Mosteiro San Salvador de Lérez, Pontevedra

No mosteiro de San Salvador de Lérez sitúase unha capela dedicada a San Benito, o santo milagreiro que cura enfermidades da pel, sobre todo verrugas e pústulas. Neste dÃa celébranse continuas misas desde a mañá para todo aquel que queira asistir. Pero non só de devoción se nutre esta festa, que contará con postos de polbo, empanada, churros…na chaira que hai fronte ao mosteiro. O programa complétase con actuacións musicais que mesturarán tradición e verbena nas proximidades do mosteiro.
Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira
Do 12 ao 15 de Xullo – Ortigueira, A Coruña.

Por fin chega o Festival Internacional do Mundo Celta, que este 2018 celebra a súa 40 edición contando coa participación de artistas da talla de Milladoiro, Ãmar ou Yves  Lambert.
Un plan perfecto é acampar durante 4 dÃas baixo os piñeiros de Ortigueira para asistir a este referente musical de verán.
Co festival conviven máis propostas como exposicións, representacións teatrais, unha feira na que poder mercar produtos artesáns e o xa tradicional desfile de bandas de gaitas de todos os territorios celtas, que se celebra o domingo pola mañá.
Hai transporte urbano gratuÃto desde os  parkings ata os campamentos.
Podes ver o  programa completo en http://festivaldeortigueira.com/
Feira do Viño do Rosal
14 e 15 de Xullo – Parroquia do Rosal (Santa Mariña), Ou Calvario, Pontevedra.

Este fin de semana poderás degustar diferentes viños das adegas da zona do Rosal que participan nesta feira, acompañado, por suposto, de produtos gastronómicos exquisitos.
O programa inclúe, ademais da degustación, interesantes exposicións culturais e actividades para os máis pequenos. O domingo pola mañá celebrarase unha carreira popular entre os viñedos das adegas participantes na feira.
Festa do Polbo
Sábado 14 de Xullo –  Concello de Mugardos, A Coruña.

Chega o dÃa grande do polbo ao estilo mugardés que se caracteriza pola súa salsa feita con cebola, pemento verde e pemento vermello. 10 euros a ración de polbo á mugardesa e 2 euros a de empanada de polbo, cunha  cunca de viño e pan. E poderás levar de recordo o prato e a cunca!
Ademais, como en case en todas as festas galegas poderás gozar deste rico manxar coa música das charangas.
Festa  do Percebe  do Roncudo
Sábado 14 de Xullo – Parroquia de Corme Porto (Nosa Señora dos Remedios), O Porto de Corme, Ponteceso, A Coruña.

Todos os anos a Festa do Percebe do Roncudo dá comezo cunha charanga e un grupo de gaitas. Ãs 12 ten lugar a misa cantada na honra a todos os mariñeiros e mariscadores falecidos na captura deste crustáceo. Acabada a misa, ábrese a degustación do percebe co pregón das Festas. Un plan gastronómico obrigatorio se nunca probaches este manxar galego.
Gran Premio de Carrilanas de Esteiro
Do 13 ao 15 de Xullo – Esteiro, Muros, A Coruña.

Sabes o que é unha Carrilana? un vehÃculo de 3 ou 4 rodas para competicións de descenso sen ningún tipo de propulsión. O máis divertido é a imaxinación e o empeño que poñen os seus creadores cada ano en desenvolvelas.
Esta semana celébrase o Gran Premio, asà que se queres participar, xa sabes: se orixinal, divertido e mesmo incorpora un disfrace ao teu equipamento. Pero sobre todo ten coidado coas curvas!
Máis información en http://carrilanasesteiro.com/es/
Festividade do Apóstolo Santiago
Do 15 ao 31 de Xullo – Santiago de Compostela,  A Coruña.

Xa está aquà unha das maiores celebracións do ano en Galicia, dentro das cales se atopa o dÃa grande, o 25 de Xullo, DÃa de Galicia.
Unha quincena repleta de concertos con música clásica e folclore, orquestras, teatro de rúa, teatro de sala, programación infantil, charangas, humor, danza, cabezudos…
Os dÃas 24 e 25 de Xullo concentran os actos centrais: O 24 a medianoite destaca polo impresionante espectáculo pirotécnico na Praza do Obradoiro (recomendamos que collas sitio temperánpara contemplar o espectáculo de luz e fogos artificiais). E o 25, é cita ineludible a asistencia a misa na Catedral e ver o inmenso botafumeiro que enche a estancia dese cheiro inigualable. Â
Festa do SantÃsimo Cristo dos Aflixidos de Bouzas
Do 13 ao 17 de Xullo – Vigo, Pontevedra.

Chegan as festas máis importantes do ano para este barrio vigués. No programa destaca a lectura do pregón, a regata internacional de faluchos (unhas tradicionais embarcacións de vela latina), e o Festival Poético Piro-Musical “Cidade de Vigo-Vila de Bouzasâ€. A axenda complétase con verbenas e concursos.
O domingo pola noite, celébrase unha procesión en honra ao Santo Patrón e séguelle unha  impresionante sesión de fogos artificiais. Recomendamos que collas sitio nos peiraos ou praia de Bouzas ou, se podes vaias a algún dos miradoiros de Vigo como Paseo Alfonso, montes do Castro e da GuÃa para gozar do espectáculo en todo o seu esplendor.
