O entroido é, por definición, a festa máis subversiva do ano: unha celebración na que os costumes se relaxan, os roles se inverten e se pode rir de todo.
O entroido galego —tamén chamado antroido ou introido, entre outras denominacións é, ademais, unha manifestación de longa tradición popular, especialmente arraigada na provincia de Ourense, onde se conservan rituais, personaxes e costumes propios.
Na actualidade, a importancia do entroido é tal que once carnavais galegos contan co recoñecemento oficial de Festa de Interese Turístico. Ademais, máis de 175 concellos de Galicia declaran festivo o luns ou o martes de entroido, ou mesmo o mércores de cinza, convertendo estas datas nunha celebración colectiva que se vive en todo o país.
A continuación, presentamos a programación completa dos entroidos galegos recoñecidos como de interese turístico:
XINZO DE LIMIA – Festa de Interese Turístico Internacional
Sábado, 7 (Sábado de Corredoiro)
- 20:00 h. Festival Novas Músicas. Isma B b2b Alex Vigo. Skarmenta b2b Eyra. Jay Rodric b2b Jackloops. 9noa. Pasarrúas:
- 21:15 h. Bloco Trifulka (Batukada).
- 22:00 h. Armando Jarana. 23:00 h. Sound Band.
- 00:00 h. Bloco Trifulka (Batukada).
- 00:00 h. Armando Jarana.
- 01:00 h. Sound Band.
- 02:00 h. Armando Jarana.
Domingo, 8 (Domingo de Corredoiro)
- 12:00 h. Museo Galego do Entroido: Xuntanza de Pantallas e grupos de Pantallas para posteriormente chegar todas xuntas ata a Praza Maior pola Rúa Dous de Maio e Avenida de Madrid.
- 12:00 h. Sound Band.
- 13:00 h. Armando Jarana. 14:00 h. Sound Band.
- 18:00 h. Sound Band. 19:00 h. Armando Jarana.
- 19:00 h Actuación da gran Orquestra París de Noia na Praza de San Roque.
- 20:00 h. Sound Band.
- 21:00 h. Armando Jarana.
Venres, 13 (Venres de Entroido)
- 11:30 h. Comezo Avda de Madrid (cruce San Sebastián), continúa por Avda de Madrid, Avda de Ourense e Rúa Marcelo Macías, rematando no CEIP Carlos Casares, coa animación musical das charangas: A Felga, Tatoo, CLK, Bandiños Band e Achicoria.
- 18:00 h. Festa animación infantil na Praza Maior.
- 21:00 h. II Festa Glam, coa actuación estelar de Locomía. Pasarrúas:
- 22:00 h. Charanga La Nota.
- 23:00 h. Charanga Élite.
- 23:30 h. Bloco Trifulka (Batucada).
- 00:00 h. Charanga La Nota.
- 01:00 h. Charanga Élite.
Sábado, 14 (Sábado de Entroido)
- 12:00 h. Charanga La Nota.
- 13:00 h. Charanga La Nota.
- 14:00 h. Charanga Élite.
- 17:00 h. Concerto AMDL. 18:00 h. Charanga Élite.
- 18:00 h. Festival da Canción Humorística do Entroido 2026, Praza Maior. Pasarrúas:
- 19:00 h. Charanga Los Fugitivos.
- 20:00 h. Charanga Patalea.
- 21:00 h. Charanga Élite.
- 22:00 h. Charanga Achicoria.
- 23:00 h. Charanga Los Fugitivos.
- 23:00 h. Charanga Louband.
- 00:00 h. Charanga Achicoria.
- 00:00 h. Charanga Patalea.
- 01:00 h. Charanga Los Fugitivos.
- 01:00 h. Charanga Louband.
- 02:00 h. Charanga Patalea.
Domingo, 15 (Domingo de Entroido)
- 12:00 h. Charanga Patalea.
- 13:00 h. Charanga Achicoria.
- 13:00 h. Charanga BB+ (Concerto Estático) Praza Maior.
- 14:00 h. Charanga Patalea.
- 18:00 h. Charanga Brass Dass.
- 19:00 h. Orquesta Miramar, Praza de San Roque. Pasarrúas:
- 19:00 h. Charanga Fugitivos.
- 19:00 h. Charanga Patalea.
- 20:00 h. Charanga BB+.
- 21:00 h. Charanga Brass Dass.
- 22:00 h. La Duendeneta, Praza Maior.
- 23:00 h. Charanga Achicoria.
- 00:00 h. Charanga Fugitivos.
- 01:00 h. Charanga Brass Dass.
- 02:00 h. Charanga Fugitivos.
Luns, 16 (Luns de Entroido)
- 13:00 h. Sesión vermú na Praza Maior, La Duendeneta.
- 12:00 h. Charanga BB+. 13:00 h. Grupo Brass Dass.
- 14:00 h. Charanga Achicoria. Pasarrúas:
- 18:00 h. Animación Infantil, Praza Maior.
- 19:00 h. Charanga Brass Dass.
- 20:00 h. Charanga BB+. 21:00 h. Charanga BCB.
- 22:00 h. Bloco Trifulka (Batucada).
- 22:00 h. Grupo Brass Dass.
- 23:00 h. Charanga BCB.
- 23:00 h. Charanga BB+.
- 00:00 h. Charanga Achicoria.
- 00:00 h. Charanga Stacazzo.
- 01:00 h. Charanga BCB.
- 01:00 h. Concerto Festicultores Troupe, Praza Maior.
- 02:00 h. Charanga Stacazzo.
Martes, 17 (Martes de Entroido)
- 12:00 h. Charanga Bandiños Band.
- 12:00 h. Charanga Stacazzo.
- 13:00 h. Charanga BCB.
- 14:00 h. Grupo Stacazzo.
- 17:00 h. Gran Desfile do Entroido animado polas charangas: A Felga, Bandiños Band e CLK.
- 18:00 h. Charanga Stacazzo.
- 19:00 h. Grupo M3, Praza de San Roque.
- 19:00 h. Charanga BCB.
- 20:00 h. Charanga Stacazzo.
- 21:00 h. Grupo BCB.
Mércores, 18 (Enterro da Sardiña)
- 20:00 h. Solemne Procesión coa Sardiña acompañada da AMDL. Praza Maior, Rúa San Roque, Rúa Toural, Rúa, Dous de Maio, Avda de Madrid, Avda de Ourense, Praza Maior.
- 21:45 h. Testamento da Sardiña. Praza Maior
- 22:30 h. Queima da Sardiña . Praza Carlos Casares
Sábado, 21 (Sábado de Piñata)
- 18:00 h. Festa da Cucaña. Praza Maior
- 20:00 h. Baile de Mascaritas e capuchóns, coa animación musical do Dúo Élite. Praza Maior.
Domingo, 22 (Domingo de Piñata)
- 12:00 h. Pacharanga Sound Leon.
- 13:00 h. Charanga BCB.
- 14:00h. Pacharanga Sound Leon.
- 17:00 h. Pacharanga Sound Leon.
- 17:00 h. Festa da Piñata. Praza Maior
- 19:30 h. Entrega de premios desfile Entroido 2026.
- 18:00 h. Charanga BCB
- 19:00 h. Actuación da Orquestra Compostela. Praza de San Roque
- 19:00 h. Pacharanga Sound Leon.
- 20:00 h. Charanga BCB
- 21:00 h. Descolgamento do Meco. Praza Maior
VERÍN – Festa de Interese Turístico Nacional
Sábado, 7 (Sábado de Capuchón)
- 12:30 h. Sesión vermú na Praza García Barbón a cargo da charanga Támega, percorrido ata a rúa Irmáns Moreno con animación musical.
- 14:30 h. Comida Popular do Capuchón no Pavillón de Deportes de Verín.
- 17:00 h. Animación musical na rúa Irmáns Moreno coa charanga Támega.
- 19:00 h. Baile de Capuchóns na rúa Montemaior, con música de Trebón do Mildeu e DJ Óscar Conde. O capuchón é outro traxe tradicional do Entroido de Verín. As primeiras referencias documentadas remóntanse a 1914. Consiste nunha especie de sotana ou túnica, negra ou estampada, cunha capucha que cobre a cabeza, mentres que a cara se agocha tras unha máscara. É un traxe sinxelo e accesible, e moi colorido, empregado tanto por nenos como por adultos, cuxo principal propósito é xogar co anonimato, interrogando a coñecidos sen revelar a identidade.
Domingo, 8 (Domingo Corredoiro)
- 11:30 h. Concentración popular de Cigarróns e desfile polo centro da vila (aprox. 1 h). Dende a Avenida de Castela, será un ano máis, o punto de inicio do desfile máis esperado cos Cigarróns de Verín. Con saída da Avenida de Castela, percorrerán a Avda Luis Espada, Rúa Alameda ata Praza da Alameda. Acompañamento de Charangas durante o desfile:
- 11:30 a 14:00 h. Los Támega, Noroeste, Airiños do Cereixo.
- 12:30 h. A Gramola.
- 13:00 h. Os Cigarróns agardarán a saída dos fieis das dúas igrexas da vila.
- 13:30 h. Pregón Oficial na Praza García Barbón.
- 17:00 a 20:00 h. Noroeste e Pataghullos.
- 19:00 a 22:00 h. Orquestra Salsarena.
Xoves, 12 (Xoves de Comadres)
- 11:45 h: Desfile Infantil do Entroido. Participan centros de ensino da comarca de Verín. Recorrido: Desde o entroncamento de Canella Cega coa rúa Cabreiroá, rúas Deputación, Luís Espada e Lisa, para finalizar na Praza García Barbón.
- 11:30 a 14:00 h. Los Támega, Noroeste, Vakapinta, MIL9, TDB. Pola noite, Desfile de Comadres desde San Lázaro ata a Praza García Barbón. Baixada da comitiva e de Don Carnal polo Camiño Real, saúdo da Raíña do Entroido, dona Elena, na Casa do Escudo, e percorrido ata a Praza García Barbón.
- 21:00 a 1:00 h. Charangas: Los Támega, Noroeste, Vakapinta, MIL9, TDB, Nova Trives. Praza García Barbón.
- 23:00 h Animación a cargo de Enjoy Eventos e A Gramola.
- 00:00 h. Descenso da comitiva polo camiño real, encabezada por Don Carnal. Barrio de San Lázaro (Casa do Escudo). 00:30 h. A Raíña recibirá a comitiva e dirixiranse a Praza García Barbón para dar a benvida ás longas noites de festa no Entroido de Verín.
- 01:00 a 4:00 h: Orquestra Marbella.
Venres, 13 (Venres de Compadreo)
- 11:30 a 13:30 h. Como Queiras Band.
- 19:00 h. Desde o barrio de San Lázaro sairán dous carros do compadreo cara á rúa Irmáns Moreno, onde os entroideiros/as degustarán viño e o tradicional porco o espeto. Música da carrada: Festicultores Troupe.
- 19:00 a 22:00 h. Como Queiras Band. Rúas de Verín.
- 20:00 h. Disco Móbil Space. Rúa Irmáns Moreno.
- 00:30 a 3:30 h. Orquestra Miramar. Praza García Barbón.
Sábado, 14 (Sábado de Entroido)
- 11:30 a 14:00h: As charangas Jalácticos e Airiños do Cereixo percorrerán as rúas.
- 17:00 a 22:00 h: Circuíto de charangas polas rúas de Verín: Montemaior, Lisa, da Cruz, prazas do Cigarrón e García Barbón, Os Kokakolas, Airiños do Cereixo, Jalácticos e Los Támega. Praza García Barbón -. Orquestras.
- 19:00 a 20:00 h: Pappaquino.
- 20:00 a 03:30 h: La Oca Band.
- 00:00 a 03:30 h. Alkar.
Domingo, 15 (Domingo de Entroido)
- 12:00 h. Gran desfile de Cigarróns, comparsas e carrozas (aprox. 1h e 30m). Acompañamento de charangas no desfile: Los Támega, Vakapinta, Noroeste, TDB, Como Queiras Band. Gran desfile matinal dende a Avda de Castela percorrendo as principais rúas da vila de Verín, para finalizar o percorrido na Praza Alameda. Cigarróns, comparsas e carrozas ofrecerán aos miles de asistentes que recibe Verín o domingo de Entroido, un espectáculo cheo de música, cor, orixinalidade e humor que se prolongará ate a hora de xantar.
- 17:00 a 22:00 h: Noroeste, Vakapinta, TDB e Como Queiras Band. Praza García Barbón – Orquestras.
- 19:00 a 22:00 h: Triunfo.
- 00:30 a 3:30 h: La Banda de Ayer.
Luns, 16 (Luns de Entroido)
- 11:30 a 14:00 h: Xuntaza e Os Kokakolas. Pola tarde, Pavillón Municipal de deportes. Entroido infantil.
- 17:00 -20:00 h Animación musical: Disco móbil Verbena. Obradoiros e actividades infantís. Tradicionalmente día da fariñada en Verín, de xeito espontáneo a Praza García Barbón teñirase de branco un ano máis. Centro da Terceira Idade da Alameda. Baile de Entroido coa charanga Xuntanza. Centro Solleira: Baile de Entroido coa Charanga Xuntanza.
- 17:00 a 20:00 h: Támega e Xuntanza. Praza García Barbón – Orquestras.
- 17:00 a 20:30h: Disco Móbil Mono.
- 20:30 a 22:00 h. JB Son.
- 00:30 a 02:30 h. JB Son.
Martes, 17 (Martes de Entroido)
- 11:30 a 14:00 h. Charangas Vakapinta e Xuntanza.
- 16:30 h. Dende a Avda de Castela, volverán a desfilar, cigarróns, comparsas e carrozas.
- 16:30 h. Rúas de Verín. O derradeiro desfile repleto de máscaras, disfraces e grandes doses de humor. Acompañamento de charangas durante o percorrido do desfile – Noroeste, Os Kokakolas, Los Támega, Xuntanza e Vakapinta. Praza García Barbón – Orquestras.
- 19:00 a 22:00 h: Grupo América.
- 00:30 a 3:30 h: Magos.
VIANA DO BOLO “ENTROIDOS DO ORIENTE OURENSÁN” – Festa de Interese Turístico Nacional
Sábado, 7
- 11:00 h. Comparsa na Aldea de San Mamede
- 17:00 h. Comparsa na aldea de Pradocabalos
- 20:00 h. Fariña e fulións.
Xoves, 12 (Xoves de Comadres)
- 00:00 h. Colga da Lardeira
- 11:00 h. Desfile infantil do CEIP Bibei e fulión do IES Carlos Casares
- 19:00 h. Charanga CLK. Bares de Viana e Praza Maior
- 20:00 h. Fariñada e fulións
- 21:00 h. Charanga Alegría. Restaurantes
- 00:00 h. Disco Móvil A Pimentoneta. Praza Maior.
Sábado, 14 (Sábado de Entrudio)
- 11:00 h haberá comparsa na aldea de Quintela de Edroso
- 17:00 h comparsa na aldea de Pinza
- 20:00 h fariñada e fulións.
Domingo, 15 (Domingo Gordo)
- 11:30 h sairá o desfile de fulións, boteiros e carrozas dende a rúa Toural ata a Praza María Pita.
- 15:00 h celebrarase o xantar da 54ª edición da Festa da Androlla
- 19:00 h continuarán os fulións
- 20:30 h actuará o Grupo América de Vigo na Praza Maior.
Luns, 16 (Luns de Entrudio)
- 16:30 h haberá un desfile do fulión infantil dende a rúa Toural ata a Praza Maior
- 17:30 h xogos e animación para nenos e nenas na Praza Maior e actuación de mini disco infantil
- 20:00 h terá lugar o fulión trapalleiro.
Martes, 17 (Martes de Entrudio)
- 12:00 h saíranse os fulións e boteiros dende a rúa Toural con vermú no Cabo da Vila, ás 16:00 h haberá fariña e fulións
- 23:30 h saída dos fulións desde o pavillón ata a Praza Maior
- 00:00 h terá lugar a queima dos lardeiros
- 00:15 h comezará o baile e concurso de disfraces coa actuación dunha discomóbil CDC.
Mércores, 18 (Mércores de Cinsa)
- 18:00 h celebrarase o Enterro da Sardiña
- 19:00 h haberá sardiñada e torradas no Cabo da Vila.
MANZANEDA “ENTROIDOS DO ORIENTE OURENSÁN” – Festa de Interese Turístico Nacional
Xoves, 12
- Xoves de Comadres
Sábado, 14
- Visita do pobo de Vilar a Raigada
- Tarde de fariña na Parroquia
- Visita do pobo de Langullo a Borruga
- Cubeiros
- Visita do pobo de Bidueira a Requeixo
- Cea da Lardeira
Domingo, 15
- Ronda de Fulión na parroquia
Luns, 16
- Ronda dos Gusanitos na vila de Manzadeda
Martes, 17
- Ronda de “Fulións” na vila de Manzaneda
- Xantar popular
VILARIÑO DE CONSO “ENTROIDOS DO ORIENTE OURENSÁN” – Festa de Interese Turístico Nacional
Venres, 13 (Cea de Comadres)
- O venres posterior ao Xoves de Comadres, onde se colga a lardeira e as protagonistas son as mulleres.
- Vilariño de Conso reúne ás comadres da localidade no albergue (para apuntarse: 653565479)
- A esta celebración súmase o desfile dos fulións das distintas parroquias, cada unha liderada polo seu boteiro e co seu ritmo único, composto pola unión da percusión de bombos e tambores co son das gadañas e outros apeiros de labranza.
- (As ceas celébranse o venres seguinte para facilitar a asistencia dos mozos e mozas que están fóra).
Sábado, 14 (Sábado de Entroido-Festa do Cabrito)
- É un dos días grandes das celebracións do Entroido en Vilariño de Conso, coa
- Festa do Cabrito.
- As persoas asistentes poderán comer un menú degustación no que o centro é este prato, elaborado de forma tradicional en forno de leña. Previamente, pola mañá, haberá un desfile de fulións, así como un concurso de carrozas. Trala comida, haberá discomóbil ata o peche da xornada.
Domingo, 15 (Domingo de Entroido)
- Os fulións de Vilariño de Conso percorren na tarde-noite do domingo as localidades da zona, onde levan os seus peculiares ritmos liderados polos boteiros que, como embaixadores, solicitan o acceso a cada localidade.
Luns, 16 (Luns de Entroido)
- 19:00 h: Nova ronda do fulión pola vila.
- 20:30 h: degustación de porco ao espeto, onde o público asistente poderá probar este outro manxar, que complementa gastronomicamente ao cabrito na celebración do Entroido.
- Pola noite concurso de disfraces e festa, co acompañamento musical de DJ Tariro.
Martes, 17 (Martes de Entroido)
- O peche do entroido de Vilariño de Conso prodúcese na tarde-noite do martes.
- Ás últimas visitas entre fulións, séguelle a queima do lardeiro e lardeira na praza do pobo, co que se pon fin ás datas.
COBRES – Festa de Interese Turístico De Galicia
Sábado,14
- 10:00 h. – 19:00 h. Percorrido do Entroido polos Barrios
- 19:00 h. (horario orientativo) Chegada do Entroido á Carpa
- 22:00 h. Gran Festa de Apertura con: Trío Tic Tac e a Orquestra Kubo
Domingo, 15
- 10:00 h. – 19:00h Percorrido do Entroido polos Barrios
- 19:00 h. (horario orientativo) Chegada do Entroido á Carpa
- 22:00 h. Festa a cargo de Son das Tabernas
Luns, 16
- 10:00 h. – 19:00h Percorrido do Entroido polos Barrios
- 19:00 h. (horario orientativo) Chegada doEntroido á Carpa
- 21:30 h. Luns de MAGHACHOS con: Orquestra Magos e Trío La Noche
Martes, 17
- 10:00 h. – 13:00 h. Percorrido do Entroido polos Barrios
- 13:00 h. Sesión vermú amenizada por: – Dúo Los Dinámicos. Haberá comida: polbo, churrasco, …
- 16:30 h. CORRIDA DO GALO contaremos con ISI da TVG. Bailará o ENTROIDO, haberá GALO no Río e na Vara, Corrida, Queima …Fanfarria Furruxa ameniza trala Queima do Galo. Dj Gabry a cargo do remate da festa.
LAZA – Festa de Interese Turístico De Galicia
Xoves, 12 (Xoves de Comadres)
- 14:30 h: Folión dos nenos do CEIP O Castiñeiro polas rúas de Laza.
- Pola noite: Cea das Comadres e verbena.
Venres, 13 (Venres de Folión)
- Pola tarde, pasacalles polas rúas de Laza.
- Cea do Cocido a partir das 21:30 h na carpa instalada na entrada de Laza.
- (Previa inscrición. Máis información no correo acenlazados@gmail.com ou no 617940728)
- 00:00 h: Gran Folión, con saída desde o fondo da Cerdeiriña, con chocos, fachóns e bombos percorrendo as rúas da Cerdeiriña, A Picota, A Rúa, Souteliño e Cimadevila, ata altas horas da madrugada.
Sábado, 14 (Sábado das Cabritadas)
- Pola tarde, pasacalles polas rúas de Laza, Fariñada na Praza da Picota e ao rematemúsica.
- Pola noite, cea dos mozos do pobo e ao remate Verbena.
Domingo, 15 (Domingo da Estrea)
- Pola mañá, Estrea dos Peliqueiros e pasacalles con charangas. Saída da Misa, Saúdo dos Peliqueiros e Reparto da Bica dos Peliqueiros na Praza da Picota.
- A media tarde, Desfile das Carrozas Típicas. Baile e verbena
Luns, 16 (Luns Borralleiro)
- Pasacalles.
- Pola mañá, FARRAPADA na Praza da Picota, Maragatos e Xitanada de Burros e, ao remate, música con charanga.
- Pola tarde, na Picota, música con charanga. Ao remate BAIXADA DA MORENA, acompañada das formigas, toxos e cobelleiros. Reparto das Cachuchas na Picota.
- Animación musical e verbena.
Martes, 17 (Martes de Entroido)
- Pasacalles con charanga
- Pola mañá, Saída dos Peliqueiros Veteráns.
- Pola tarde, baile e Testamento do Burro, co reparto aos veciños.
- Enterro do Entroido e Loito dos Peliqueiros.
- Á noitiña, animación musical.
Domingo, 22 (Domingo de Piñata)
- Pulpeira na Praza da Picota para todos osinteresados e animación musical con charanga.
XENERAIS DA ULLA – Festa de Interese Turístico De Galicia
Sábado, 7 (Sábado Corredoiro)
- 16:30h. Lamela (Silleda) Campo da Festa
- 19:00 h. Vilanova (Vedra) Campo da Festa de Picón
- 19:00 h. Marrozos (Santiago de Compostela) Campo da Festa
- 19:30 h. Reis (Teo) Campo da Festa
Domingo, 8 (Domingo Corredoiro)
- 16:30 h. Bama (Touro) Campo da Festa
- 17:00 h. Merza (Vila de Cruces) Campo da Festa
- 19:00 h. Angrois (Santiago de Compostela) Campo da Festa de Soutiño
- 19:30 h. Reis (Teo) Aparcadoiro Municipal de Pontevea
Sábado, 14 (Sábado de Entroido)
- 17:00 h. A Bandeira (Silleda) Praza do Entroido
- 17:30 h. Fonte Díaz (Touro) Fonte Díaz
- 19:00 h. Aríns (Santiago de Compostela) Campo da Festa
- 19:30 h. Santa María de Teo (Teo) Campo da Festa
- 19:30 h. Cacheiras (Teo) Explanada do Cemiterio de Cacheiras
Domingo, 15 (Domingo de Entroido)
- 16:00 h. Couso (A Estrada) Campo da Festa
- 17:00 h. Piloño (Vila de Cruces) Campo da Festa
- 19:00 h. O Eixo (Santiago de Compostela) Carballeira do Souto, Santa Lucía
- 19:00 Santa Cristina de Vea (A Estrada) Campo da Festa
- 19:30 h. Cacheiras (Teo) Explanada do Cemiterio de Cacheiras
- 19:30 h. Couso (A Estrada) Campo da Festa
- 20:00 h. Sergude (Boqueixón) Campo da Festa
Martes, 17
- 16:00 h. Fao (Touro) Campo da Festa
- 18:30 h. A Estrad. Praza da Feira
Sábado, 21 (Sábado de Piñata)
- 19:00 h. Arnois (A Estrada) Campo de Paterna
- 19:00 h. San Xián de Sales (Vedra)Campo da Festa
Domingo, 22 (Domingo de Piñata)
- 12:00 h. Festa da Filloa de Lestedo (Boqueixón) Campo da Feira
- 19:00 h. Trobe (Vedra) Contorno do Local Multiusos de Trobe
Localización exacta dos lugares dos “atranques” dispoñible en: www.xeneraisdaulla.gal
MACEDA – Festa de Interese Turístico De Galicia
Sábado, 7
- Fiadeiro en Carguizoi (Maceda)
Venres, 13 (Venres de Comadres)
- 20:00 h: Subida dos Carros coa Felga
- 21:00 h: Cea de Comadres A Dilixencia
- 21.00h- 23.00h II Ruta Tapa do Cocido de Entroido
- 00:00 h: Pasabares coa Felga
Sábado, 14
- 09:30 h Saída autobús Felos
- 12:00 h Pasabares Charanga A Felga
- 16:30 h Charanga Noroeste
- 18.00 h Charanga Louband carballeira Castelo
- 21:00 h Baixada da Marela. Zés Pereira André Freixo de Cima Amarante e Os Compeletos São Cimao Amarante e A Felga
- 0.00h Charanga Mekánika Rolling Band e Apocalipsis On Tour
Domingo, 15
- 9:30h Saída autobús Felos Fiadeiro de Calvelo
- 12:00h Inicio Fiadeiro de Calvelo. Pandereteiros de Traspés
- 15:00h Cocido de Entroido
- 18:00h Foliada aberta
Luns, 16
- 18.00H Baixada da Mareliña
- Saída: Castelo de Maceda
- Ao remate, Dorman DJ (actuación familiar)
Martes, 17
- 17:30h Desfile de Entroido Actuación grupo
- 20:00h Entrega Premios
Venres, 21
- 20:00h Enterro do Meco. Pancetada Taberneiros do Pobo
- Desfile fúnebre a cargo da Charanga A Felga
FOZ – Festa de Interese Turístico De Galicia
Xoves, 12 (Xoves de Comadres)
- 20:00 h. Inauguración da EXPOSICIÓN DO ENTROIDO DE FOZ adicada á Comparsa Farangullas.
- 21:30 h. Cea-Baile de Comadres na Sala Bahía de Foz. Organizada por Afammer e Asociación de Amas de Casa de Foz. Baile con Primera Línea.
Venres, 13
- 20:00h. Pregón do Entroido 2026 a cargo da Comparsa Farangullas.
- 20:30h. Concurso de Coplas na carpa situada na rúa Atalaia.
Sábado, 14
- 10:00 h. Chupinazo
- 12:00 h. Actuación da Charanga Santa Compaña polas rúas da vila.
- 15:00 h. Apertura do graderío
- 17:00 h. XLIV DESFILE DO ENTROIDO. Máis de 8.000 € en premios (ver bases).
- Saída desde a zona portuaria e remate no Campo da Cabana. Gran Baile na carpa da Rúa Atalaia
- 23:30 h. Apertura de portas
- 23:45 h. Actuación do Grupo D’Cano e Grupo La Bamba
- 01:30 h. Entrega de premios do desfile. Entrada 7€
Domingo, 15 (Día infantil)
- 17:00 h. Baile Infantil na carpa situada na rúa Atalaia coa actuación musical infantil de La Guagua. Inchables, talleres e obradoiros infantís. Entrada 4€.
- 19:30 h. Entrega dos premios infantís.
- 20:30 h. TOUPORROUTOU. Organizado pola Asociación “Pomba do Arco” no Salón de actos do Colexio Martínez Otero.
Luns, 16 (Día do Farolillo)
- 17:30 h. Baile do Farolillo Infantil na Sala Bahía. Entrada infantil 3€ con farolillo incluído. Adultos gratis. Organiza Asociación Cultural O Feitizo.
- 23:00 h. Tradicional Baile do Farolillo na rúa Atalaia coa actuación da Orquestra Miramar e Cosme Deejay. Entrada: 4€
Martes, 17
- 17:00 h. GRAN BAILE INFANTIL na rúa Atalaia con inchables
Venres, 20 (Queima do Entroido)
- 20:30 h. Saída da comitiva fúnebre desde o Campo da Cabana ata a Praza Conde de Fontao e Queima do Entroido. Ágape para os asistentes (Rogamos aos asistentes que acudan de loito rigoroso).
MARÍN – Festa de Interese Turístico De Galicia
Venres, 13
- 20:00 h. Cantos de Taberna polos bares de Marín. Organiza Concello de Marín e Saljariteiros.
Sábado, 14
- 16:00h. Inscrición Desfile infantil. Alameda
- 16:30 h. Desfile infantil pola Alameda, Real, Praza do Reloxo, Sol e Concepción Arenal, Ezequiel Masonni, rematando no Parque Eguren (no caso de choiva, o desfile será
- cancelado).
- 17:00 – 19:00 h. Gran Festa Infantil no Parque Eguren, con música, animación e obradoiros, e filloas de balde. Organiza Concello de Marín. (No caso de choiva, trasladarase ao Pavillón do IES Illa de Tambo)
Domingo, 15
- 12:30 h. Pasarrúas das Comparsas de Marín con diferentes saídas para xuntarse na Alameda: Paparrulos – saída dende a Barriada da Cañota, Os da Caña – saída dende a rúa Landín Pazas, Amigos dos Rapaces – saída dende Lameira.
- 16:00 h. Concentración para o Desfile de Adultos na Praza do Regueiro.
- 17:00 h. Gran Desfile: Praza do Regueiro, Avda. de Ourense, Praza de España, Almuíña, Jaime Janer, Concepción Arenal, rematando no Parque Eguren coa entrega de premios. (No caso de choiva, aplazarase)
Luns, 16
- Velorio do Enterro da Sardiña no Concello. Organiza Ateneo Santa Cecilia e Concello de Marín.
- 12:00h. Festa do Merengue na Lameiriña, acompañados por Pousos da Area. Organiza Amigos dos Rapaces e Concello de Marín
- 17:00h. Festa infantil coa animación de DOLCEVITA na Lameiriña. Organiza Amigos dos Rapaces e Concello de Marín (Ás
- 19:00h. sorteo)
- 17:00-21:00h. Tarde de LUDOXORNADAS. Museo
Martes, 17
- 16:00h. 2º Torneo de Chave Enterro da Sardiña, organiza A.C.D Gharaboto. Campos de Petanca municipais da Bda. Virxe do Carme
- 17:00-21:00h. Tarde deLUDOXORNADAS. Museo
- 17:30-19:30h. Talleres e xogos infantís de Entroido. Alameda. Ás 18:30h chocolatada de balde. Organiza Concello de Marín
- 20:00h. Entrega de Premios do Concurso de Orellas e Filloas. Ateneo (recepción ás 18:00h). Organiza Ateneo Santa Cecilia.
Mércores, 18
- 18.00h. Velorio do Enterro da Sardiña con reparto de viño e pan de millo. Alameda
- 20.00h. Enterro da Sardiña. Saída da Alameda, Jaime Janer, Busto de Abaixo, Dr. Touriño, Sol ata á Praza do reloxo, onde terá lugar o pregón. Ao rematar saída por Real, Almuíña, praza de España e despedida ao mar
Sábado, 21
- 16.30h. Animación da Charanga NOROESTE. Seixo
- 17.00h. Desfile de Entroido de Seixo, dende San Blas ata a Alameda de Seixo coa homenaxe á Burra Chirica, lambonadas para a rapazada, rematando con sesión de música-baile. Organiza Grupo Cultural Ronsel e Concello de Marín
Venres, 27
- 17:00-20:00h. Entroido Solidario (Día Mundial das Enfermidades Raras). Multiusos. Organiza Asoc. NES
Agora só queda marcar datas no calendario, escoller destino e deixarse levar polo espírito do entroido. Porque en Galicia, estes días son sinónimo de cultura, tradición e diversión.

