Agosto toma a testemuña do mes de xullo e a axenda festiva intensifica a súa oferta. A gastronomÃa e a música encabezan un saboroso e animado programa de actividades no que tamén haberá espazo para a devoción, a etnografÃa e a artesanÃa.
Festa do Albariño
Do 31 de xullo ao 4 de agosto. Cambados.
A capital do Albariño volve render homenaxe ao seu produto máis famoso con cinco dÃas de festexos. As orixes da celebración remóntanse a un concurso de adegueiros organizado a mediados do século pasado, pero desde entón a festa non deixou de medrar. Na actualidade a exaltación do viño que lle dá nome chega acompañada dun nutrido programa de concertos. Este ano, os protagonistas do apartado musical son Treixadura (mércores 31), Christina Rosenvinge e Javiera Mena (xoves 1), Luz Casal e Cora Velasco (venres 2), Mala RodrÃguez, Siniestro Total e Los Pablos (sábado 3) e a Banda de Música de Castrelo (domingo 4).
Música ao vivo
29 de xullo e 1, 2, 3 e 4 de agosto. Vigo, Bueu e Sanxenxo
A música ao vivo soará con forza estes dÃas en Vigo, Sanxenxo e Bueu. Na cidade olÃvica, o programa de concertos do auditorio de Castrelos ofrecerá tres propostas tan diferentes coma interesantes: Roger Hodgson, ex-integrante de Supertramp (luns 29); Thirty Seconds to Mars, grupo do actor Jared Leto (xoves 1), e unha velada a tres bandas con Furious Monkey House, Xoel López e Vetusta Morla (venres 2). En Sanxenxo, as primeiras actuacións do novo Maestral Music Festival correrán a cargo de Aitana (sábado 3) e Hombres G (domingo 4). E en Bueu, o festival SonrÃas fará desfilar polos seus escenarios a unha vintena de grupos e artistas: Dubioza Kolektiv Zoo, Periferia Norte e Nao (xoves 1), Iseo & Dodosound, La M.O.D.A., Toketing, Muyayo Rif, Nius de Nit, Hakuna Tanaka, Som do Galpom e Ambigüo (venres 2), e La Pegatina, Sés, Boikot, Segismundo Toxicómano, DakidarrÃa, Zea Mays e Ninhodelosrecaos Dj (sábado 3).
Atardeceres no Gaiás
1, 2 e 3 de xullo. Santiago de Compostela.
A Cidade da Cultura dá a benvida ao mes de agosto con novas veladas de música e postas de sol. O xoves 1 actuarán os granadinos Apartamentos Acapulco; o venres farano os composteláns Malraio, e o sábado 3 será a quenda do dúo Monterrosa, chegado desde Madrid.
Máis información aquÃ
Mostra da OlerÃa de Buño
Do 1 ao 4 de agosto. Buño (Malpica).
A localidade malpicá de Buño presume estes dÃas de tradición celebrando unha nova edición da súa Mostra da OlerÃa. Durante 4 dÃas, os visitantes poderán visitar os postos de venda dos oleiros locais, velos traballar en vivo, achegarse ata o Ecomuseo Forno do Forte e participar noutras actividades diversas. Un ano máis, celebrarase unha cocedura tradicional que permitirá contemplar como se cocÃan as pezas antigamente.
Máis información aquÃ
RomarÃa de San Fins do Castro
1 de agosto. Cabana de Bergantiños
Ritos tan singulares como o Berro Seco ou o Santo dá Pólvora converten esta romarÃa nunha das máis orixinais de cantas se celebran na Costa da Morte. Como cada 1 de agosto, centenares de persoas xuntaranse á sombra das árbores que bordean a capela de San Fins para gozar dunha xornada de devoción, baile e comida campestre.Â
Festival de Pardiñas
Do 2 ao 4 de agosto. Guitiriz
Corenta anos se compren xa da primeira edición do Festival de Pardiñas, unha celebración ideada pola asociación Xermolos para difundir a cultura. Os actos desta edición comezarán o venres co Certame de Cantos de Taberna e proseguirán o sábado e o domingo coas mostras de Instrumentos Tradicionais e de ArtesanÃa, e as actuacións de grupos como Habelas Hainas, Dubhlinn & Anxo Lorenzo, Zënzar e Os Carunchos. O fin de festa poñerano o domingo Antón Reixa, Kevin Weatherill, Pepe Vaamonde, Sito Carracedo, Susana Seivane, UxÃa, Xosé Manuel Pereiro e Xurxo Souto na velada Cantando ás Corenta.
Máis información aquÃ
Festas para lamberse os dedos
1, 2, 3 e 4 de agosto. Arnoia, Silleda, Padrón, Burela e OÃmbra
Non hai celebración en Galicia na que non estea presente a gastronomÃa, pero en moitas festas erÃxese na gran protagonista. É o caso dos actos cos que varias localidades exaltarán estes dÃas as súas respectivas variedades de pemento. En Arnoia (Ourense) farano con 4 dÃas de actividades (do 1 ao 4 de agosto), mentres que en Herbón (Padrón) e OÃmbra concentrarán os actos nunha soa xornada: o 3 e o 4 de agosto, respectivamente. Ademais, en Laro (Silleda), do 2 ao 4 de agosto gozarán da súa RomarÃa da Tortilla, e en Burela, o 3 e o 4 farán o propio coa Festa do Bonito.
