Es dos que está a esperar que chegue o bo tempo para organizar unha viaxe de escalada?Â
Pois le con atención, aquà descubrÃmosche un novo paraÃso para os amantes deste deporte. E é que en Galicia existen numerosos puntos ao longo de toda a xeografÃa onde gozar dos teus pés de gato, ademais de coñecer espazos naturais incribles e contemplar espectaculares vistas.Â
Co paso do tempo a comunidade galega foi gañando adeptos que se desprazan ata aquà para practicar a escalada deportiva.Â
Esta semana amosámosche as da provincia de Pontevedra, que é a que conta con máis escolas. Aquà tes uns bos exemplos:Â
As mellores épocas para escalar aquà son a primavera e o outono, pero durante o inverno pódese acudir tamén porque a rocha seca rapidamente tan cedo como asoma o sol. A escalada é de adherencia, e é necesario moito equilibrio. Este lugar caracterÃzase polas enormes rochas que emerxen do subsolo, posiblemente formadas por magma que ao subir á superficie arrefriou creando esta impresionante paraxe. O feito de que se lle chame Faro a un monte é común en Galicia porque pola súa orografÃa servÃan de referencia para camiñantes.
Este espazo, formado por pequenos cantÃs de granito próximos ao Faro de Nigrán, agrupa 46 vÃas ben equipadas e cunha altura que rolda entre os 10 e os 14 metros. Ademais da escalada tamén poderemos gozar de fantásticas vistas da entrada da RÃa de Baiona, Illas Estelas e Illas CÃes.
Monte Galiñeiro – GondomarÂ
Esta escola está formada por bloques de pouca altura nos que a dificultade se centra nuns poucos metros. Con máis de 120 vÃas repartidas entre 20 sectores con diferentes graos de dificultade poderás, ademais de darlle uso aos teus pés de gato, gozar deste miradoiro natural, que permite avistar Vigo, o Val Miñor, o Val do Louro e mesmo o Oceáno Atlántico.
O Facho de Donón é un lugar singular da costa galega por concentrar diversos valores patrimoniais e paisaxÃsticos. Se a iso lle engadimos que é un dos espazos destinados á escalada cos que contamos en Galicia, damos coa combinación perfecta. En HÃo atopámonos cunha escalada vertical ou lixeiramente tombada sobre placas e algunha fisura duns 20 metros. O feito de escalar nun cantil con vistas ao mar fai que sexa un lugar especial para visitar.Â
Esta zona deportiva conta con case 120 vÃas, repartidas en esborralles (desplomes) e placas verticais de granito que alcanzan os 20 metros. Ademais gozarás das vistas da coñecida como Costa da Luz.
Aos pés do Miño atópase o monte Trega, case fronteira con Portugal, e desde o que poderás observar unha panorámica 360º con vistas ao rÃo Miño e ao Atlántico máis embravecido. Ademais nas súas ladeiras atoparaste cun dos poboados castrexos máis emblemáticos de Galicia, o Castro de Santa Trega. Neste sector predominan as vÃas fáciles con pasos técnicos, cun bo equipamento e alturas que poden chegar aos 20 metros.
No Concello de Caldas de Reis atopámonos con granito de boa calidade para a práctica deste deporte. A escola consta de 22 vÃas de equipamento e 10 vÃas novas, colocadas recentemente.Â
Debido á súa orientación é recomendable evitar as horas centrais do dÃa no verán. Pero se a calor aperta pódese gozar dun baño nas pozas contiguas á zona de escalada. Trátase dun espazo tranquilo, arborizado e no que deleitarse coa natureza mentres practicas o teu deporte favorito.


Hola, estoy visitando Galicia por unos dÃas y me gustarÃa escalar. Pero me resulta imposible conseguir croquis de la zona, las dos guÃas están agotadas en las librerÃas y descatalogadas en las editoriales, no hay casi nada de información en la web. Tendré que desplazarme la biblioteca de a Coruña para poder consultar información. De momento tendremos que ir a la aventura .
AgradecerÃamos que existiera algún medio para poder disponer de información y colaborar con los equipadores.
Muchas gracias.
Hola, gracias por la sugerencia. Saludos