Praias e piscinas son os lugares máis socorridos para darse un mergullo cando o sol aperta, pero Galicia ofrece tamén outros espazos cheos de encanto natural nos que buscar refuxio e refresco. Un puñado de pozas naturais formadas por rÃos e mananciais salpican a comunidade converténdose nun importante reclamo para quen busca un lugar onde darse o baño máis orixinal. Aquà mostrámosche algunhas destas paraxes singulares.
RÃo Pedras. A Pobra do Caramiñal.
As piscinas naturais do rÃo Pedras convertéronse nun dos principais atractivos do municipio coruñés da Pobra do Caramiñal e congregan a un número crecente de bañistas. Para chegar hai que percorrer unha longa camiñada, pero a recompensa do baño e a beleza da paisaxe ben merecen o esforzo.
Pozas de Mougás e Loureza. Oia.
Dous son os puntos que o municipio pontevedrés de Oia ofrece para bañarse sen ter que mancharse os pés de area: as pozas de Mougás, no leito do rÃo Peito, e as de Loureza, formadas polo rÃo Tamuxe. Ambas contas con bonitas fervenzas nas súas inmediacións.
Máis información aquÃ.
AugacaÃda. Pantón
A espectacular fervenza de AugacaÃda, en Pantón, non só ofrece belos roteiros de sendeirismo nos seus arredores e vestixios do pasado como o Castro de Marce, senón que forma no súa parte inferior unha gran piscina natural.
Máis información aquÃ.
Pozas de Melón
Ao seu paso polo municipio ourensán de Melón, o rÃo Cerves vai debuxando fervenzas e varias pozas (a máis famosa é a de As Mestas) que convidan ao baño. Un roteiro de sendeirismo facilita o acceso a un lugar dotado tamén dunha espectacular vexetación.Â
Pozo de Corme. Ponteceso
As mesmas augas e as mesmas rochas nas que crecen os prezados percebes do Roncudo dan forma ao coñecido como Pozo de Corme. Trátase dunha piscina natural situada sobre o mar e de acceso limitado. Só se pode chegar a ela con marea baixa e o mar en calma.
Poza da Moura. Moaña
O rÃo da Miñouba non só ten antigos muÃños que mostrar ao visitante. Na súa parte alta atópanse a poza e a fervenza da Moura, un bo lugar onde darse un mergullo e gozar das vistas da rÃa de Vigo.
Â
Fervenza do Cachón. Maside e Amoeiro
Ademais de marcar o lÃmite entre os municipios de Maside e Amoeiro, o rÃo Barbantiño traza ao seu paso pola zona unha fervenza, coñecida como do Cachón ou do Barbantiño, que nas súas inmediacións conta con varios muÃños e un roteiro de sendeirismo.
Pozas de Nuveira. Mazaricos
Un dos afluentes do rÃo Xallas regala a quen se interne nas inmediacións do encoro de Santa UxÃa unha bela paraxe de árbores, pedra, auga e fervenzas.
Caldeiras do Castro. MuxÃa
Uns quilómetros antes da súa desembocadura na rÃa de Lires, o rÃo Castro deixa ao seu paso polo municipio de MuxÃa unha fervenza e varias piscinas naturais. Nas súas inmediacións hai ademais un merendeiro.
Máis información aquÃ.
A Barosa. Barro
Natureza e etnografÃa danse a man neste bonito espazo do rÃo Barosa, no municipio pontevedrés de Barro. O visitante poderá percorrer un carreiro circular de 4 quilómetros, contemplar a fervenza que traza o rÃo e os muÃños situados nas súas marxes e bañarse nas súas augas.
Máis información aquÃ.
CONSELLOS
Acceso. A maiorÃa destes lugares atópanse en espazos naturais aos que é complicado acceder en coche. A mellor maneira de percorrer o último tramo é camiñando e asà poderás gozar mellor da paisaxe. Non esquezas levar calzado adecuado e lÃquido para hidratarte.
Mellor en compañÃa. A combinación de auga e pedra pode provocar accidentes. Acudir acompañados axuda a previr posibles contratempos e a obter auxilio en caso de necesitalo.Â
