Ademais de coñecer a oferta turÃstica de Galicia en Turismo Rural a través de reunións de traballo cos técnicos e coa directora-xerente de Turgalicia, visitaron algúns establecementos da comarca compostelana
Ademais, esta semana a Xunta promocionou en Italia o Turismo de reunións na xuntanza Full Contact Incentive Destinations e unha xornalista de revista portuguesa Evasões visitou Galicia para realizar un traballo xornalÃstico sobre as rÃas Altas e Baixas e a Costa da Morte
Un grupo de propietarios de establecementos turÃsticos no medio rural de Brasil visitaron recentemente a Comunidade galega co obxecto de coñecer a experiencia de Galicia no eido do Turismo Rural e aproveitar o know how da Administración TurÃstica galega na promoción, difusión e comercialización deste sector.
Os visitantes, que procedÃan dos estados de BaÃa, Goiâna, RÃo de Janeiro, São Paulo e Distrito Federal, tiveron a oportunidade de se entrevistar coa directora-xerente da Sociedade de Imaxe e Promoción TurÃstica de Galicia, Turgalicia, Carmen Pita, quen lles achegou as caracterÃsticas do modelo de desenvolvemento do Turismo no eido rural galego.
Ademais, aproveitaron a súa estadÃa en Galicia para coñecer de preto varios establecementos rurais de varias tipoloxÃas, ao obxecto de compartir experiencias cos seus propietarios. Neste sentido, os visitantes estiveron en varias casas rurais de Santiago e a súa comarca.
Viaxe de familiarización
No ámbito da promoción turÃstica da Comunidade galega, Turgalicia colaborou coa organización da viaxe da xornalista Ana Cristina Pereira, do semanario Evasões, que recentemente visitou Galicia para realizar distintos traballos xornalÃsticos relacionados coas RÃas Altas e Baixas e a Costa da Morte. Evasões é unha das publicacións turÃsticas e de viaxes máis importantes de Portugal.
Turismo de reunións
Doutra parte, a pasada fin de semana a Xunta de Galicia, a través de Turgalicia, da SecretarÃa Xeral para o Turismo, promocionou o Turismo de Reunións galego na xuntanza profesional Full Contact Incentive Destinations.
Esta xuntanza celebrouse en Porto Cervo, Cerdeña-Italia, e estivo dirixida fundamentalmente aos profesionais turÃsticos italianos especializados na organización de viaxes de incentivo. Os representantes de Turgalicia puideron reunirse con 22 operadores turÃsticos italianos aos que se lles presentou a oferta turÃstica galega no eido do Turismo de Reunións.