Outono Plus: gastronomía e experiencias únicas no rural galego

O Outono Gastronómico en Turismo Rural de Galicia volve un ano máis cunha proposta que vai máis alá da boa mesa. Ademais das diferentes modalidades (Menú, Paquete, Fin de Semana, Fin de Samana Familiar)…. moitos establecementos participantes ofrecen a posibilidade de vivir a experiencia completa a través do Outono Plus.

Esta modalidade combina a riqueza culinaria coa natureza e o patrimonio cultural de Galicia, xa que ás estadías e menús únense actividades complementarias como:

  • Paseos a cabalo polas paisaxes rurais.

  • Descensos en canoa en ríos e encoros.

  • Rutas de sendeirismo entre bosques autóctonos e camiños históricos.

  • Visitas culturais para coñecer o patrimonio e a tradición local.

O Outono Plus está dispoñible só en determinados establecementos e a actividade deberá ser contratada cunha das modalidades ofertadas (non pode solicitarse independentemente). Estes son os establecementos onde podes vivir a experiencia completa:

A Coruña

Lugo

  • OS TRES TEIXOS: Visita ao Parque Etnográfico da Auga en Finca Galea (1 h – 1 h 30 min)
  • FINCA O BIZARRO: Ruta do ferrocarril San Tirso-A Pontenova ou Ruta da Fervenza Santo Estevo do Ermo e Monte Penador (1 h 30 min a Ruta Verde e unhas 3 h a Ruta da Fervenza de Santo Estevo do Ermo)
  • CASONA DE LABRADA: Experiencia “Fornos”, visita á mina Consuelo e tirolina (2 h 30 min)
  • CASA DO ROMUALDO: Polo paseo das ben amadas. Rota sensorial a carón do Miño (3 – 5 h)
  • CASA DAS TRIEGAS: Os segredos do souto (4 h)
  • CASA DOS MUROS: Escape room “A procura” (1 h)

Ourense

Pontevedra

Apúntaste? Descubre na guía todas as propostas e fai deste outono unha escapada especial.

Un comentario en «Outono Plus: gastronomía e experiencias únicas no rural galego»

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *