Do 19 de setembro ao 21 de decembro de 2025, volve o Outono Gastronómico en Turismo Rural de Galicia, ¡e xa van 19 edicións! Unha experiencia pensada para quen goza saboreando a vida entre pratos de tempada, escapadas con encanto e a maxia do outono.
MODALIDADES A ESCOLLER
Tes varias formas de vivir esta experiencia única:
- Menú Outono Gastronómico: entrante, primeiro, segundo, sobremesa e viño con Denominación de Orixe galega. Prezo: 37,50 €/persoa.
- Paquete Outono Gastronómico: inclúe o menú + noite en casa rural (venres ou sábado) con almorzo. 165 €/2 persoas en habitación dobre.
- Fin de Semana Outono Gastronómico: dous menús + dous almorzos por persoa e dúas noites de aloxamento (venres e sábado). 260 €/2 persoas en habitación dobre.
- Fin de Semana Familiar Outono Gastronómico: menús para maiores e pequenos, aloxamento e almorzos para toda a familia.
310 € (2 adultos + 1 neno/a, ata 14 anos)
360 € (2 adultos + 2 nenos/as, ata 14 anos). - Outono Plus: para quen queren máis que comer ben: paseos a cabalo, sendeirismo, canoa, visitas culturais e moito máis.
Este ano participan máis de 80 casas rurais en toda Galicia. Descúbrea na GuÃa.
PARTICIPA NOS SORTEOS
Entre o 22 de setembro e o 6 de novembro, Turismo de Galicia sorteará 7 fins de semana gastronómicos para dúas persoas a través de Facebook e Instagram.
Só tes que seguir as contas oficiais, responder á pregunta semanal e… ¡cruzar os dedos!
Consulta todos os detalles nas bases legais do sorteo.
POR QUE NON PODES PERDELO?
Porque o Outono Gastronómico non é só gastronomÃa (que tamén). É saborear Galicia cos cinco sentidos:
- Pratos tradicionais con produtos de tempada.
- Contornas rurais que invitan á calma.
- Experiencias para compartir con quen máis queres (ou contigo mesmo, que tamén sabe ben).
Este outono, ven a descubrir, brindar e saborear. ¡Vive con nós o Outono Gastronómico en Galicia!
