“Unha pirámide colosal sobre o horizonte dun val, un obelisco xigantesco que sae ao encontro das paisaxes da veiga, unha montaña cónica, coroada […]. É o sÃmbolo do misterio e da soidade […] é a mensaxeira dunha resignada melancolÃa […] é o pai tutelar da comarca”. Desta poética forma referÃase a mediados do século XIX Antonio Neira de Mosquera ao Pico Sacro, en Boqueixón. A montaña, duns 600 metros de altura, é facilmente recoñecible desde practicamente calquera lugar da comarca do Ulla, ao sur de Santiago de Compostela, e serviu de guÃa para orientarse a viaxeiros desde o inicio dos tempos. A súa silueta caracterÃstica garantiulle un lugar central na imaxinación de quen viviu nestas terras e é, en consecuencia, a localización de numerosas lendas e mitos.
De feito, o Pico Sacro é probablemente o monte máis fabulado dos que hai en Galicia. A historia máis repetida é a que lle dá un papel protagonista na traslatio ou chegada dos restos do Apóstolo Santiago a Compostela. Mandaba entón no baixo Ulla a RaÃña Lupa, un personaxe mÃtico que aparece en varias historias populares galegas. Segundo conta a lenda, Atanasio e Teodoro, os dous discÃpulos de Santiago que traÃan a Galicia o seu corpo desde Palestina, foron vela para pedirlle un carro co que axudarse no seu traballo. Lupa, ladina, enviounos a buscalo ao Pico Sacro, onde habitaba un dragón, esperando que este os devorase e a librase da competencia que suporÃa o Apóstolo para o seu poder. Pero os dous discÃpulos subiron ao monte e, cando o dragón os atacou, vencérono simplemente facendo o sinal da cruz. Tomaron alà dous bois bravos que, amansados polo poder do Apóstolo, acabaron por conducir o carro ata Compostela.
Sobre esta lenda existen infinidade de variantes. Outra moi coñecida é a da existencia dunha enorme serpe que habita no corazón do Pico Sacro. Pódese mesmo visitar a entrada do lugar no que vive: preto do cumio, na cara norte do monte, un enorme túnel fura as rochas; é posible entrar nel uns poucos metros, pero despois as pedras ascenden e taponan a luz, facéndoo impracticable, por fortuna para os máis medosos.
O burato é probablemente de orixe natural, pero a imaxinación das xentes foi agrandando a súa lenda de forma exponencial. Outro conto popular afirma que, seguÃndoo ata o final, chégase ata a mesma beira do rÃo Ulla en San Xoán da Cova, varios quilómetros monte abaixo, e que era o camiño para darlles de beber aos cabalos que usaban os habitantes orixinais do Pico Sacro, os “mouros”. Estes personaxes son habituais das fábulas tradicionais galegas e, se un os atopa, convén tratalos ben: do seu caprichoso carácter depende que un regrese a casa cun tesouro ou cunha maldición terrible.
Camiño do burato, a chamada “rúa da RaÃña Lupa” é unha curiosa fenda na rocha que se pode atravesar andando. O mito di que se trata do corredor de entrada ao pazo da raÃña bruxa; outros contan que un xigante a abriu dun golpe de machado.
O Pico Sacro domina unha vista de polo menos trinta quilómetros á redonda, desde o impoñente cumio do monte Xesteiras en terras de Cuntis ata a mesma Santiago. Por iso, a súa cima foi probablemente desde sempre atalaia defensiva e, á vez, centro de peregrinación relixiosa. Existe case arriba de todo unha ermida dedicada a San Sebastián que se edificou en orixe no século X, e xunto ao vértice xeodésico que o coroa quedan aÃnda restos dunha fortaleza do século XV. Non son moitos nin doados de ver, aÃnda que se poden apreciar rebaixes na pedra para asentar estruturas de madeira ou chanzos tallados na masa de granito e cuarzo.
