Son pontes galegas que atesouran gran beleza e unha historia que sentirás ao pousar os pés sobre as súas pedras. Esta é unha pequena selección de cinco pontes galegas que, se non coñeces aÃnda, deberÃas visitar.


Ponte de Brandomil
Vaia por diante que esta ponte conta coa vantaxe dun nome realmente evocador, que remite  ao pasado galaicorromano e que serviu de inspiración ao poeta Eduardo Pondal: asà se chamaba un dos heroes que, nas súas creacións, loitaban contra o invasor. A ponte cruza o Xallas xusto antes da cola do encoro da Fervenza, un dos moitos que aproveitan o leito deste rÃo coruñés. Por el pasaba orixinalmente o Camiño de Santiago cara a Fisterra. É unha obra de moi probable orixe romana; segundo os traballos arqueolóxicos, durante o Imperio na zona existÃa un cruce de camiños e, polo tanto, polo menos unha vila que lle dese servizo a quen por aquà transitaba. Con todo, a ponte actual é da Idade Moderna, contra o século XVI, e consiste en catro arcos de pedra, o máis alto deles de máis de oito metros.
Ponte Maceira
É un dos lugares máis coñecidos e retratados do Camiño de Santiago a Fisterra e MuxÃa, e con razón: a Ponte Maceira, que sobrevoa o Tambre entre os concellos de Ames e Negreira, foi construÃda no século XIII e os seus sete arcos (todos de medio punto salvo o central, apuntado) foron testemuña de batallas medievais. Sorprende ademais pola beleza da contorna, formada por unha aldea construÃda arredor da pequena ermida de San Brais e, sobre todo, a presa e os muÃños que aproveitaban a forza da auga neste punto do rÃo.


Ponte do Bibei
Singular pola altura do seu arco principal, duns vinte metros sobre o rÃo Bibei, esta ponte é un auténtico prodixio de lonxevidade. Foi construÃda no século II polos enxeñeiros do Imperio Romano e, con mÃnimas reformas, aÃnda sostén hoxe o tráfico da estrada autonómica OU-636, no tramo que une Larouco coa Pobra de Trives. É, de feito, unha das poucas pontes galegas que conservan a maior parte da fábrica romana; orgullosa dese pasado, nun dos seus estremos situáronse varios miliarios testemuña da importancia que tivo como vÃa de comunicación hai dous milenios e que segue conservando na actualidade.
Ponte de Pontevea
Cos seus seis amplos arcos apuntados, de inspiración gótica, a ponte de Pontevea atravesa o ancho rÃo Ulla entre os concellos de Teo e A Estrada, a cabalo entre as provincias da Coruña e Pontevedra. Foi levantada no século XV e ten unha inconfundible silueta triangular. Xusto no medio, un indicador de pedra mostra o punto no que se separan as provincias da Coruña e Pontevedra. Desde a ponte e augas abaixo, á distancia dun pequeno paseo a pé, pódese chegar á Burga de Xermeade, unha fonte de augas medicinais que no seu dÃa contou cun pequeno balneario.
Ponte do Pedrido
Non está mal rematar unha lista de pontes romanas e medievais cunha construción moi posterior, case contemporánea. A Ponte do Pedrido foi levantada entre os anos 1939 e 1942, en plena posguerra, para superar a rÃa de Betanzos entre os concellos de Paderne e Bergondo. Trátase dunha obra en formigón dos enxeñeiros Eduardo Torroja Miret e César Villaba Granda, inconfundible polo seu perfil lixeiro, o seu arco elevado central e o ton branco da súa cobertura. ConstruÃuse nun punto no que o único medio de atravesar a rÃa era unha barca, co que a viaxe entre as cidades de Ferrol e A Coruña se acurtou considerablemente. De feito, ata a apertura hai dous decenios da ampliación da autopista AP-9 entre estas dúas urbes, foi parte esencial da principal vÃa de comunicación da costa ártabra.

Tedes que pór máis fotos das pontes
Tedes que por as fotos das pontes.
Grazas polas túa suxestión, UxÃo. Tentaremos ampliar o número de fotos das pontes. Saúdos.