Gonzalo Pérez, de Ferrol, Mellor Cociñeiro De Tapas por Galicia

_MG_0575

Gonzalo Pérez, do Restaurante Frank (Ferrol), foi o elixido polo xurado como Mellor Cociñeiro De Tapas por Galicia na gala celebrada na Cidade da Cultura. O galardón convérteo en referente para toda unha xeración de chefs que mostraron a puxanza e a creatividade da gastronomía galega nun evento de cociña en directo.

O xurado que galardoou a Pérez polo seu Roliño vietnamita de porco celta e cigala destacou o enorme nivel da cita e a calidade das propostas do resto dos chefs contendentes, Moncho Bargo (Spoom, A Coruña),; Lucía Freitas e Nacho Tierno (A Tafona Casa de Xantar, Santiago); Rubén González e Sergio Orge (El Cafetín, Pontevedra) ; Carles Lapuente, (La Contenta, Vigo); José Luis Fernández (Tapa Negra, Ourense); e Álvaro Villasante (Paprica, Lugo).

Na gala tamén se entregaron outros dous galardóns. O Premio Especial do Público, decidido por cinco convidades elixidos de xeito aleatorio, recaeu en Álvaro Villasante (Paprica, Ferrol). Mentres, o galardón Estrella Galicia,  concedido á creación que mellor combinara coas cervexas da firma copatrocinadora do acto, foi para Lucía Freitas e Nacho Tierno (A Tafona, Santiago).

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *