O litoral galego é complexo, cheo de entrantes e saÃntes e de pequenas illas. Isto tamén fai que sexa rico en pesca, en diversidade ecolóxica e en paisaxe. AÃnda que non o pareza, Galicia é a comunidade autónoma con maior lonxitude de costa, asà que non é de estrañar que haxa tanto faro. Tal cantidade de cabos e rÃas precisan dunha boa iluminación. Por certo, a meirande parte dos faros foron levantados no século XIX, segundo o Plan de Alumbrado de las Costas de España, de 1847, baixo o reinado de Isabel II.
Empezando polo nordeste, aÃnda no Cantábrico, podemos facer un percorrido seguindo o mapa polos faros máis destacados.
O primeiro que atopamos no litoral lucense é o da Illa Pancha, na parte máis occidental da rÃa de Ribadeo. En realidade son dous: un de 1857, hoxe en dÃa aloxamento turÃstico, e outro de 1983.Â
O faro de Punta Atalaia está situado na costa cantábrica, en San Cibrao, concello de Cervo, desde onde se poden observar os Farallóns e os incribles cantÃs.
A 100 km máis ou menos cara ao oeste de Ribadeo, chegamos ao cabo de Estaca de Bares, xa na Coruña, no concello de Mañón, entre as rÃas do Vicedo e Ortigueira. Estamos no punto máis setentrional de toda a penÃnsula. O faro funciona desde 1850. A uns metros, está a Estación Ornitolóxica de Estaca de Bares, importante observatorio de aves migratorias, en especial de mascatos, pardelas e corvos mariños. Cara aos cantÃs podemos ver os restos de cinco muÃños na pendente.
Tradicionalmente, sempre se tomou a Bares como a fronteira entre Atlántico e Cantábrico. Mais, segundo a Organización Hidrográfica Internacional e o Instituto Xeográfico Nacional, a liña divisoria simbólica atópase na Punta dos Aguillóns, no cabo Ortegal, noutro extremo da rÃa de Ortigueira.
Despois do de Estaca de Bares, este é o segundo faro máis ao norte. Está en Cariño, entre a rÃa de Ortigueira e os cantÃs de Teixido. Desde aquà vense os acantilados do Limo ao oeste e os Aguillóns ao leste. E tamén, se non anda anubrado, Estaca de Bares. A sensación de estar nunha paisaxe infinita, acúsase ao saber que os cantÃs están constituÃdos por formacións rochosas de granito negro, as pedras máis antigas do mundo. Moi preto, na Serra da Capelada, entre o cabo e Santo André de Teixido, temos os cantÃs de VixÃa Herbeira, os máis altos da Europa Continental.Â
Xa meténdonos na Costa Ãrtabra, outro bo faro é o do Cabo Prior, ao norte de Ferrol, na parroquia de Covas. Activo desde 1853, antigamente foi punto estratéxico de defensa militar.
Se seguimos bordeando entrantes e saÃntes chegamos ao único faro romano que sigue en pé de todo o mundo. E o que funciona desde hai máis tempo (II d. C.). Cambiou un pouco coa remodelación neoclásica, claro. Desde o século XV converteuse nun sÃmbolo da súa cidade. E foi declarado Patrimonio da Humanidade pola UNESCO no 2009. SÃ, é a Torre de Hércules.
Hai moitas lendas no tocante á súa construción. Alfonso X remÃtenos a un Hércules vencedor do xigante Xerión, que erixe a torre para conmemorar o feito, cos ósos de Xerión soterrados embaixo. Outras historias falan da Torre de Breogán, desde a que se ve Irlanda, que serÃa conquistada por Mil, neto de Breogán. Outros contos relaciónanna cun espello no que aparecÃa reflectida unha illa paradisÃaca á que marchou o monxe Trezentario e alà ficou sete anos. E aÃnda hai máis…
E baixamos a Costa Ãrtabra ata a fronteira coa Costa da Morte. Aquà o traballo dos faros é moi importante polo perigo que ten o mar. O primeiro, é o das Illas Sisargas, en Malpica. O faro está na Sisarga Grande. O actual foi feito polos veciños de Malpica en 1915, á beira do vello. Este fora un dos máis antigos da Costa da Morte (1853), xunto co de Fisterra. As illas están declaradas Zona de Especial Protección para as Aves (ZEPA), un paraÃso para gaivotas e araos.
O segundo faro máis grande da Costa da Morte, despois do de Fisterra, é o de Cabo Vilán, en Camariñas. O vello é de 1854 e o novo de 1860 (o primeiro non salvaba a rocha saÃnte do cabo, co que non habÃa boa visibilidade). Foi o primeiro faro español electrificado. Alà está o Centro de Interpretación dos Naufraxios da Costa da Morte. Por certo, é o que ten máis longo alcance entre os faros de Galicia: 28 millas.
Outro faro clave na Costa da Morte é o do Cabo Touriñán, en MuxÃa, ao sur da rÃa de Camariñas. Sitúase no punto máis occidental da penÃnsula. Ten un faro vello, de 1898, e outro novo, de 1981. Neste cabo dase a particularidade de que durante certas datas do ano (entre o 22 de marzo e 25 de abril e o 18 de agosto e 19 de setembro, aproximadamente), podemos contemplar o último solpor da Europa Continental.
O derradeiro faro da Costa da Morte é o de Fisterra, que da paso ás RÃas Baixas. Os romanos considerábanna o fin do mundo coñecido. De sempre se dixo que o remate do Camiño de Santiago se facÃa aquÃ, cando os peregrinos queimaban as roupas á beira do mar e emprendÃan o regreso a casa (suponse que con outras roupas). O faro data de 1853. En 1888 instalouse unha serea por mor da néboa, á que chamaron «A vaca de Fisterra».
As RÃas Baixas son máis abertas e seguras, polo que non hai tanta profusión de faros.Â
Un dos máis importantes e que serve de transición é o faro de Corrubedo. Situado nunha contorna rochosa desde onde se poden observar as dunas do Parque Natural Dunas de Corrubedo. Foi construÃdo en 1853 e deseñado por Celedonio Uribe. Desde esta localización distÃnguense perfectamente as luces dos faros de Fisterra e das illas CÃes.
E se queremos contemplar as vistas das CÃes e de toda a rÃa de Vigo podemos subir ao faro das CÃes, que da nome ao monte e á illa que o acolle: O Faro.Â
En Baiona, o derradeiro cabo importante de Galicia é o cabo Silleiro, cun faro de 1866 e outro novo de 1924. Nos anos 40 foi enclave militar, con instalacións de artillarÃa costeira, que foron abandonadas nos 80.Â
E se continuamos a liña da costa cara abaixo atopamos o Faro Montedor, en Viana do Castelo. Como, xa chegamos a Portugal? Aquà deixamos entón o repaso pola Galicia fareira…
